Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias da Saúde
Ámbito de coñecemento
Ciencias del comportamiento y psicología.
Centro(s)
Facultade de Psicoloxía
Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida, 15782
Santiago de Compostela
881813925 (Conserxaría)
881813719 (Decanato)
decanato.psicoloxia@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Ana López Durán
Contacto
master.psicoloxiaxeralsanitaria@usc.gal

Este máster capacita profesionalmente aos psicólogos/as para o desempeño profesional no ámbito sanitario habilitándoos para a realización de avaliacións, intervencións e investigacións psicolóxicas sobre aqueles aspectos do comportamento e a actividade das persoas que inflúen na promoción e mellora do seu estado xeral de saúde.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4314481
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 33

    Decano/a ou director/a do centro:
    María José Sampedro Vizcaya
    mariajose.sampedro@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Ana López Durán
    master.psicoloxiaxeralsanitaria@usc.gal

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 18/03/2014 (DOG 28/03/2014)

    Data de publicación no BOE:
    28/07/2014

    Data da última acreditación:
    06/06/2018

    A normativa actual que regula a psicoloxía no ámbito sanitario establece como requisito ter a titulación de Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria para poder exercer como psicólogo neste campo, por conta propia ou allea. Este título permite inscribir as unidades asistenciais ou consultas de psicoloxía no Rexistro Xeral de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios.

    Asemade, dá acceso ao Programa de Doutoramento Interuniversitario en Neurociencia e Psicoloxía Clínica pola Universidade de A Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 36
    Optativas: 12
    Prácticas externas: 30
    Traballo fin de máster: 12
    Total: 90

    Non se contemplan

  • Este máster capacita profesionalmente aos psicólogos/as para o desempeño profesional no ámbito sanitario habilitándoos para a realización de avaliacións, intervencións e investigacións psicolóxicas sobre aqueles aspectos do comportamento e a actividade das persoas que inflúen na promoción e mellora do seu estado xeral de saúde.

  • 1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
    2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
    3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
    4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
    5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    As prácticas externas obrigatorias supoñen 30 créditos organizados en dúas materias: O Practicum I, de 12 créditos, realizarase no 2ºcuadrimestre do primeiro curso, tras finalizar a docencia das materias optativas, e ten como obxectivo o contacto con dispositivos profesionais de saúde mental de carácter básico. O Practicum II, de 18 créditos realizarase no segundo curso (1ºcuadrimestre) e consistirá na práctica supervisada en dispositivos de carácter básico ou específico, de acordo cos intereses formativos de cada estudante. Para a realización destas materias deberá haberse superado o 80% dos créditos do primeiro cuadrimestre.
    As prácticas externas teñen como obxectivo fundamental que os estudantes poñan en práctica os coñecementos adquiridos sobre avaliación, diagnóstico e intervención e desenvolvan as habilidades e destrezas propias do exercicio profesional, baixo a supervisión dun psicólogo cualificado.
    A titulación de Psicoloxía conta cun número importante de convenios de colaboración asinados, non só coa administración pública (Servizo Galego de Saúde e varias Consellerías) senón tamén cun amplo número de dispositivos que teñen acreditación como establecementos sanitarios o que avala a súa competencia para exercer a titoría e unha supervisión acorde cunhas prácticas de calidade.

  • O Traballo de Fin de Máster (TFM) ten unha extensión de 12 créditos. Realízase no 1º semestre do segundo curso.

    Está orientado a avaliar as competencias asociadas ao título. Realizarase no ámbito da psicoloxía xeral sanitaria e estará relacionado con calquera das temáticas tratadas nas materias do título. Nel os estudantes deberán demostrar os coñecementos e competencias adquiridos no conxunto do Máster para realizar investigacións, avaliacións e intervencións psicolóxicas sobre aqueles aspectos do comportamento e a actividade das persoas que inflúen na promoción e mellora do seu estado xeral de saúde. No caso de se realizar no marco das investigacións de ámbito sanitario do profesorado do Máster deberá igualmente permitir a adquisición de destrezas, técnicas, coñecementos, capacidade de análise e crítica necesarios para o adecuado desempeño profesional.

    O traballo poderá incluír unha parte empírica ou experimental, o deseño dun protocolo ou proposta de intervención, ou a análise de casos (avaliacións, informes psicolóxicos). O estudante deberá realizar e presentar un traballo orixinal en que demostre as competencias adquiridas ao longo dos estudos. Incluirá, tarefas de procura e revisión bibliográfica, análise crítica, sistematización e integración de información, redacción e presentación oral e escrita.

    O TFM se avaliará mediante a defensa pública do traballo realizado perante unha Comisión Avaliadora composta por tres profesores nomeados pola Comisión Académica de entre o profesorado do Máster, de acordo co estabelecido na normativa correspondente. Esta Comisión deberá ter en conta tamén o informe valorativo do traballo que emitirá o titor/a. Na avaliación do TFM valorarase: a relevancia e oportunidade que dentro do ámbito sanitario teña a formulación do estudo, a pertinencia e actualización da revisión bibliográfica, a expresión e coherencia do documento, o manexo apropiado da linguaxe, a profundidade no tratamento do tema, a capacidade de analizar as limitacións do estudo así como de realizar proposta de directrices futuras, a competencia na presentación escrita e oral do traballo seguindo as normas de estilo da APA, a capacidade para comunicar as conclusións atinxidas e as razóns que as sustentan, a capacidade de argumentar con solvencia e responder as cuestións formuladas na defensa pública do TFM.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2025.