-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 51
Horas de Titorías: 1
Clase Expositiva: 16
Clase Interactiva: 7
Total: 75Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Psicoloxía Clínica e PsicobioloxíaÁreas:
Personalidade, Avaliación e Tratamentos PsicolóxicosCentro
Facultade de PsicoloxíaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Explorar a utilidade do estudo científico da personalidade de cara ó avance no coñecemento da etioloxía e desenvolvemento dos trastornos da personalidade.
Presentar os fundamentos histórico-conceptuais e de diagnóstico dos trastornos da personalidade.
Presentar as principais características dos distintos trastornos da personalidade e identificar aqueles trazos máis definitorios das técnicas de avaliación e das distintas modalidades de intervención
Fomentar a valoración crítica dos recursos psicoterapéuticos existentes na actualidade para a abordaxe dos distintos tipos de trastornos da personalidade.Tema 1. A modo de introdución. Personalidade e trastornos da personalidade.
Tema 2. Unha aproximación histórico-conceptual ós trastornos da personalidade e á súa abordaxe nos sistemas de clasificación
contemporáneos.
Tema 3. Trastornos da personalidade: tipos e características.
Tema 4. Avaliación e intervención psicolóxica nos trastornos da personalidade.
Tema 5. Unha síntese necesaria: situación actual e perspectivas de futuro.BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Belloch, A. e Fernández-Álvarez, H. (Coords.) (2010). Tratado de trastornos de la personalidad. Madrid: Síntesis.
Caballo, V. (Coord.) (2009). Manual de Trastornos de la personalidad: descripción, evaluación y tratamiento. Madrid: Síntesis.
Millon, T., Grossman, S., Millon, C., Meagher, S. e Ramnath, R. (2006). Trastornos de la personalidad en la vida moderna. Elsevier/Masson.
Semerari, A. e Dimaggio, G. (Eds.) (2008). Los trastornos de la personalidad. Modelos y tratamiento. Bilbao: Desclée de Brouwer.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Beck, A.T. e Freeman A. (1995). Terapia cognitiva de los trastornos de personalidad. Barcelona: Paidós.
Belloch, A. e Fernández-Alvarez, H. (2002). Trastornos de la personalidad. Madrid: Síntesis.
First, M.B., Gibbon, M., Spitzer, R.L., Williams, J.B. e Benjamin, L.S. (1999). Entrevista Clínica Estructurada para los Trastornos de la Personalidad del Eje II del DSM-IV-TR. Barcelona: Masson.
Gunderson, J.G. e Gabbard, G.O. (2002). Psicoterapia en los trastornos de la personalidad. Barcelona: Ars Médica.
O’Donohue, W., Fowler, K.A. e Lilienfeld, S.O. (2007). Personality Disorders toward the DSM-V. Thousand Oaks: SAGE Publications.
Roca, M. (Coord.) (2004). Trastornos de personalidad. Barcelona: Ars Médica.
Rubio, V. e Pérez, A. (Eds.) (2003). Trastornos de la personalidad. Madrid: Elsevier.BÁSICAS E XENERAIS
• Coñecer en profundidade a natureza psicolóxica dos trastornos do comportamento humano.
• Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación e intervención no campo da Psicoloxía Xeral Sanitaria , así
como as técnicas e procedementos que deles derívanse para a abordaxe dos trastornos do comportamento e os factores
psicolóxicos asociados cos problemas de saúde.
• Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores
psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación dos mesmos.
• Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da
avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso.
• Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de
ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
• Saber analizar críticamente e utilizar as fontes de información clínica.
ESPECÍFICAS
• Coñecer os principais trazos histórico-conceptuais e taxonómicos dos trastornos da personalidade.
• Saber identificar os distintos tipos de trastornos da personalidade e recoñecer as características asociadas.
• Coñecer os distintos modelos de avaliación e intervención psicolóxica nos trastornos da personalidade.
• Ser capaz de identificar as características dos distintos trastornos da personalidade a partires da lectura de casos clínicos.
• Saber aplicar as principais teorías sobre a etioloxía dos trastornos do comportamento humano na conceptualización de
cada caso.
• Ser capaz de planificar e desenvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipótese das que deducir
enunciados contrastables.
• Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso #de acordo con
as súas características e contexto.
• Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
• Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función
das características do problema e o contexto.As clases teóricas abordarán o contido do temario e consistirán na exposición de temas e comentarios de textos específicos. Combinarase a “clase maxistral” con “grupos de discusión”, fomentando a participación activa dos alumnos. Ademais, os alumnos realizarán lecturas de artigos científicos, estudos de caso e traballos individuais e colectivos.
A avaliación realizarase tendo en conta todas as actividades realizadas ao longo do curso (xogo de roles, exposicións, traballos individuais e cooperativos, sesións de debate, casos clínicos e outras tarefas prácticas) cun peso do 70% na cualificación final, e a realización dun exame final, que versará sobre contidos teóricos e aspectos prácticos traballados na aula, cun peso do 30%. A práctica totalidade das actividades levarase a cabo en sesións presenciais na aula (con asistencia obrigatoria) e unha mínima parte (10%) poderase realizar a través da aula virtual da materia.
Estímase nunhas 58 horas.
.
-
2º semestre - Do 20 ao 26 de xaneiro Venres 12:00-13:00 Grupo /CLE_01 - Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I 13:00-14:00 Grupo /CLIS_01 - Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I Exames 28.04.2025 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aula 9 10.07.2025 18:00-20:00 Grupo /CLE_01 Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos