Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 15 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudante, ao finalizar esta materia, deberá:
. Saber aplicar os coñecementos adquiridos e ser capaz de resolver problemas asociados á aplicación destes tanto no contexto da intervención mediante Biofeedback (BF) e Neurofeedback (NF) coma en ámbitos multidisciplinares relacionados.
. Ser capaz de ampliar os coñecementos e habilidades adquiridos mediante o estudo autodirixido e autónomo das aplicacións e os avances mediate BF e NF.
. Poder poñer en práctica as súas aprendizaxes sobre BF e NF tendo en conta os compoñentes biopsicosociales intrínsecos ao concepto de saúde integral, de acordo coas directrices establecidas pola OMS.
. Ser capaz de planificar, desenvolver, supervisar e avaliar plans de avaliación e intervención no ámbito do BF e NF tendo en conta as variables fisiolóxicas, cognitivas e emocionais (psicofisiolóxicas, polo tanto) e as súas covariacións en cada caso particular, co fin de realizar un adestramento en autorregulación psicofisiolóxica exitoso.
. Ter habilidades comunicativas e de manexo das emocións na relación terapeuta/paciente ao longo de cada paso do programa de intervención, dende a identificación do problema ata o seguimento dos logros alcanzados durante o adestramento en BF ou NF.
. Saber seleccionar a/s modalidade/é de BF/NF máis adecuada/s a cada caso, tendo en conta a patofisiología da alteración psicofisiolóxica e demais características do caso derivadas do proceso de avaliación e identificación do problema, e ser capaz de adaptar os obxectivos e metas da intervención de forma flexible en función do proceso de avaliación continua das sesións de intervención.
. Saber consultar e manexar todas as fontes de documentación existentes no contexto da investigación sobre a eficacia da intervención mediante BF e NF.
Contidos teóricos:
Tema 1. Introdución ao Biofeedback (BF) e Neurofeedback (NF) en Psicoloxía da Saúde.
Tema 2: Estrés, perfil de reactividade psicofisiolóxica e alteracións psicofisiolóxicas.
Tema 3: Metodoloxía da intervención en alteracións psicofisiolóxicas do sistema nervioso periférico e central.
Tema 4: Autorregulación psicofisiolóxica da actividade do sistema nervioso periférico. Principais ámbitos de aplicación do BF.
Tema 5: Autorregulación psicofisiolóxica da actividade eléctrica cerebral (EEG). Principais ámbitos de aplicación do NF.
Prácticas:
Adestramento en técnicas de biofeedback en sesións de laboratorio.
Sesión 1. O proceso de BF. Introdución ao procedemento de avaliación e intervención con BF. Manexo dos equipos.
Sesión 2. Avaliación da actividade psicofisiolóxica. Perfil de reactividade psicofisiolóxica.
Sesión 3. Demostración ao cliente do procedemento de BF.
Sesión 4. Adestramento en BF.
Sesión 5. Xeneralización do aprendido e avaliación final.
Sesión 6. Posta en común e análise dos resultados das sesións 2 a 5.
Básica:
Simón, M.A., Amenedo, E. (Coords.) (2001). Manual de Psicofisiología Aplicada. Madrid: Pirámide
Complementaria en castelan:
Carretié Arangüena, L. (2021). Anatomía de la mente, Tercera Edición. Madrid: Pirámide
Carretié Arangüena, L. (2001). Psicofisiología. Madrid: Pirámide
Carrobles, J.A., Godoy, J. (1987). Biofeedback. Autocontrol de funciones biológicas y trastornos psicosomáticos. Barcelona: Martínez Roca
Labrador, F.J. (2014). Técnicas de modificación de conducta. Madrid: Pirámide.
Simón, M.A. (1989). Biofeedback y rehabilitación. Valencia: Promolibro
Vila, J., Guerra J.P. (2009). Introducción a la psicofisiología clínica (Segunda Edición). Madrid: Pirámide
Complementaria en inglés:
Everly, G.S., Lating, J.M. (Eds) (2019). A clinical guide to the treatment of the human stress response. Fourth Edition. New York: Springer.
Gatchel, R.J., Blanchard, E.B. (Eds.) (1993). Psychophysiological disorders. Washington: APA
Schwartz, M.S., Andrasik, F. (Eds.) (2017). Biofeedback: A practitioner´s guide, 4th edition. New York: Guilford Press.
Enlaces de interés:
AAPB, Association for Applied Psychophysiology and Biofeedback: https://aapb.org/
BCIA, Biofeedback Certification International Alliance: www.bcia.org/
BFE, Biofeedback Federation of Europe: https://bfe.org/
IDN, Asociación para la Investigación y Desarrollo en Neuroterapias: www.neuroterapias.org/
ISNR, International Society for Neurofeedback and Research: www.isnr.org/
Competencias básicas
1. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
2. Que os estudantes posúan habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Xerais
3. Adquirir, desenvolver e poñer en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociales desta, de acordo coas directrices establecidas pola OMS.
4. Coñecer en profundidade os factores biolóxicos e psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade, especialmente os relacionados coa saúde mental.
5. Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso.
6. Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións axeitadas para unha interacción efectiva cos pacientes, familiares e coidadores nos procesos de identificación do problema, avaliación, comunicación do diagnóstico e intervención e seguimento psicolóxicos.
Competencias Transversais
7. Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional.
8. Saber analizar criticamente e utilizar as fontes de información clínica.
9. Saber desenvolver o seu traballo dende a perspectiva da calidade e a mellora continua, coa capacidade autocrítica necesaria para un desempeño profesional responsable.
Competencias Específicas
10. Ser capaz de planificar e desnvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipóteses das que deducir enunciados contrastables.
11. Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
12. Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
13. Saber realizar un seguimento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fins fixados, para introducir, se fose o caso, cambios na mesma durante oseu desenvolvemento.
14. Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma axeitada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación, intervención e tratamento.
A metodoloxía docente descansará sobre varias actividades presenciais e non presenciais.
Como actividades presenciais, combinarase o método expositivo (clases maxistrais) sobre os contidos teóricos da materia, con sesións de prácticas guiadas de laboratorio nas que se adestrará aos/ás estudantes no procedemento de intervención en BF. A docencia das clases prácticas, con maior carga de horas, está encamiñada ao fomento da resolución de problemas, a aprendizaxe baseada en problemas, a aprendizaxe cooperativa, e a aprendizaxe instrumental.
As actividades non presenciais completan o proceso de aprendizaxe mediante a realización de informes sobre as sesións prácticas.
A avaliación, que será contínua, descansará nun exame escrito de resposta de desenvolvemento de lonxitude media/curta sobre os contidos teóricos. Este exame terá un peso do 40% da cualificación total obtida na materia. Ademais, valorarase a asistencia e participación activa a todas as sesións de prácticas, que puntuará até un 40% da nota total. Os informes de prácticas entregados no prazo indicado pola profesora puntuarán até un 20% da nota total. Haberá que obter un mínimo do 50% en cada unha das partes das que consta a avaliación (20% no exame e na asistencia e participación activa as prácticas, respectivamente, e un 10% no informe de prácticas).
Situacións especiais:
Para as persoas que teñan obtido autorización para dispensa de asistencia a clase contémplase unha avaliación final única, baseada no exame final, e poderán acadar unha cualificación máxima de 7. Poderase valorar individualmente, en función das condicións que motivan a dispensa, a posiblidade de realizar, de modo autónomo, un traballo sobre contidos da materia para poder chegar a unha cualificación máxima de 10
Clases Expositivas/Maxistrais: 9 horas
Clases interactivas de prácticas de laboratorio: 15 horas
Elaboración do informe de prácticas: 10 horas aproximadamente
Actividades de Estudo: 20 horas aproximadamente
Preparación de prácticas: 11 horas aprox
Recoméndase:
Asistir ás clases teóricas, pois nelas se amplía a información contida no material de cada tema, e tratan/discuten en maior profundidade os aspectos de máis importancia e/ou actualidade.
Asistir á totalidade das sesións de prácticas, xa que facilitan coñecementos procedimentais e destrezas básicas para a aprendizaxe da materia, asociados ás técnicas de BF en cada unha das súas modalidades máis empregadas.
Os contidos desta materia enmárcanse dentro da Psicofisioloxía Clínica, unha disciplina psicolóxica que nace da intervención da Psicofisioloxía no ámbito da saúde, mediante a aplicación das súas técnicas máis desenvolvidas: o biofeedback e o máis recente neurofeedback. Defínese clasicamente como "a aplicación das técnicas psicofisiolóxicas, conceptos e teorías, á explicación dos factores psicolóxicos que inflúen na saúde e na enfermidade" (Turpin, 1989). A Psicofisioloxía Clínica beneficiouse tamén do desenvolvemento doutras disciplinas psicolóxicas relacionadas coa saúde, como son as Técnicas de Modificación de Conduta, a Medicina Conductual, a Psicoloxía da Saúde e a Psicopatoloxía.
A forma de aproximación aos problemas relacionados coa saúde/enfermidade nesta disciplina caracterízase polo adestramento na autorregulación de funcións fisiolóxicas relacionadas co sistema nervioso periférico (biofeedback electromiográfico, cardiovascular, respiratorio, de temperatura periférica, electrodérmico) e co sistema nervioso central (neurofeedback) na intervención en problemas relacionados coa saúde.
HORARIO DE TITURÍAS DA PROFESORA ELENA AMENEDO LOSADA: No segundo semestre, o horario de titorías (recoméndase solicitar cita previa vía e-mail) é:
Luns, martes e xoves, de 12:00 a 14:00, no despacho Nº64, segundo andar do Módulo A da Facultade de Psicoloxía.
E-Mail da profesora: elena.amenedo [at] usc.es (elena[dot]amenedo[at]usc[dot]es)
Maria Elena Amenedo Losada
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813799
- Correo electrónico
- elena.amenedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Laboratorio docente de Psicofisioloxía |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Laboratorio docente de Psicofisioloxía |
29.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Laboratorio docente de Psicofisioloxía |
08.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Psicobioloxía |