O Campus Virtual é a ferramenta que da soporte aos procesos de ensinanza-aprendizaxe desenvolvidos na Universidade de Santiago de Compostela. A plataforma institucional, baseada en Moodle, proporciona un entorno educativo virtual coas ferramentas necesarias para lograr unha boa integración na docencia e favorecer o proceso de aprendizaxe.
Axuda para o Alumnado
O Campus Virtual da Universidade de Santiago de Compostela nace como unha aposta para enriquecer a experiencia educativa e favorecer a innovación na educación universitaria.
Con este propósito, o Campus Virtual pretende poñer en liña os recursos educativos da USC, complementando así o seu modelo de ensinanza presencial con actividades virtuais.
Para construír este espazo, a USC seleccionou como plataforma a Moodle. Esta ferramenta é unha iniciativa de código aberto e conta cunha ampla acollida na comunidade educativa. Entre as posibilidades que ofrece esta ferramenta cabe destacar:
- A docencia virtual con materiais de estudio, actividades e tarefas que permiten un contacto permanente entre o profesorado e o alumnado.
- A posibilidade de establecer unha comunicación rápida e efectiva entre docente e alumno.
- Ferramentas para o estudo.
- O seguimento do alumnado a distancia e a súa avaliación de xeito continuado.
No seguinte enlace podes consultar a guía completa:
P. Non podo acceder, non teño as miñas credenciais de usuario
R. Podes solicitar as credenciais no seguinte enlace: Novos usuarios.P. Non recordo a miña chave de paso.
R. Consulta como recuperala no seguinte enlace: Cambiar chave de paso.P. Non teño acceso a todas as materias nas que me matriculei.
R. Non todos os docentes empregan o Campus Virtual, polo que é posible que non vaian estar dispoñibles. Consulta co responsable da materia antes de contactar co CAU informando dun problema na plataforma.P. Xa fixen a matrícula. Os meus compañeiros teñen acceso a unha determinada aula e eu non.
R. O sistema darache acceso automaticamente nun breve prazo. Se transcorridas 48h segues sen poder acceder, contacta co CAU.P. Non sei como funciona a ferramenta “x” da plataforma.
R. Se tes calquera dúbida referente á plataforma, fala en primeiro lugar co docente responsable da materia. Tamén podes consultarnos directamente: Contactar co Centro de Formación de Persoal (técnicos/as e-learning).P. Teño un problema técnico que non aparece neste listado.
R. Contacta co Centro de Atención a Usuarios (CAU) a través do seguinte enlace: Acceso ao CAU
Axuda para o Profesorado
Durante os últimos anos o Campus Virtual estase a converter nun soporte fundamental de apoio á docencia. O PDI da USC fai uso do Campus para comunicarse cos estudantes e para compartir materiais didácticos e tarefas. Este uso masivo fai necesario que dende a Universidade se estableza un Protocolo de actuación para todo o persoal docente e investigador que fai uso do Campus.
Co fin de informar do uso do Campus Virtual da USC no desenvolvemento da actividade docente dende o Centro de Formación de Persoal expedirase os informes correspondentes.
A solicitude dos Informes de Uso do Campus Virtual poderá realizarse a través da Secretaría Virtual en calquera momento do ano académico. Poderán solicitarse informes de cursos anteriores ou do presente, unha vez rematada a docencia das materias en cuestión. Para informar do emprego da aula virtual terase en conta como criterio técnico o número de accesos do/a docente, que será dun mínimo de cinco.
No caso de non ser persoal da USC, no momento actual, pode realizar a súa solicitude a través do seguinte enderezo: centro.formacion@usc.gal
P. Non consigo acceder ao Campus Virtual, teño un problema coa chave de paso, a sinatura electrónico ou co meu equipo.
R. Contacta co Centro de Atención a Usuarios (CAU) a través do seguinte enlace: Acceso ao CAUP. Que debo facer para solicitar as aulas virtuais para as miñas materias?
R. As aulas están dispoñibles e actualizadas de xeito automático, non é necesario realizar ningún trámite. Recorda que se atopan ocultas para os alumnos, polo que debe facelas visibles.P. Quero solicitar unha aula para unha materia ou actividade que non está recollida no Campus Virtual. Que debo facer?
R. Debes poñerte en contacto co Centro de Formación de Persoal (técnicos/as e-learning), enviando por correo electrónico unha solicitude motivada e os datos básicos da aula. Recibirás indicacións adicionais para continuar coa solicitude.P. Como engado aos meus alumnos ás miñas aulas?
R. As aulas actualizan o listado de alumnos de xeito automático e inmediato unha vez estes formalizan a matrícula, e non antes. Non é necesario realizar ningún trámite.P. Necesito máis información sobre o uso do Campus Virtual.
R. Na sección "Guías do Campus Virtual" están dispoñibles titoriais, vídeos e outro material de apoio no uso do Campus Virtual así como outras ferramentas relacionadas.P. Teño un problema ou unha dúbida que non aparece neste listado.
R. Se se trata dun problema técnico debes contactar co CAU, do contrario podes consultarnos directamente a nós a través do seguinte enlace: Contactar co Centro de Formación de Persoal (técnicos/as e-learning).