Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 8 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer os fundamentos, problemática e necesidades da Rehabilitación Psicosocial.
2. Ser capaz de identificar os factores de protección e de risco, de discapacidade e de marxinación.
3. Ser capaz de elixir as técnicas de avaliación axeitadas a cada caso e saber interpretar os resultados.
4. Ser capaza de levar a cabo a intervención psicolóxica axeitada, en función da avaliación psicolóxica e as características concurrentes no caso.
5. Ser capaz de realizar o seguimento da intervención realizada para introducir, se fora preciso, os cambios necesarios.
6. Ser capaz de obter información especializada sobre o tema, interpretala de maneira crítica e saber formular propostas relevantes de investigación.
TEMA 1. Perfiles de expresión da cronicidade.
TEMA 2. Situación actual da atención ao doente mental crónico.
TEMA 3. Instrumentos e métodos de avaliación.
TEMA 4. Planificación das intervencións.
TEMA 5. Ámbitos de intervención en rehabilitación psicosocial.
TEMA 6. Intervencións en situación específicas: intervención temprana e comorbilidades.
TEMA 7. Avaliación e seguimento dos programas de rehabilitación psicosocial.
TEMA 8. Aspectos éticos e legales.
Bibliografía Básica
Pastor, A., Blanco, A. y Navarro, D. (Coords.) (2010). Manual de rehabilitación del trastorno mental grave. Síntesis.
Dsipoñible en versión electrónica
Bibliografía Complementaria
Gisbert, C. (2002). Rehabilitación psicosocial del trastorno mental severo. Situación actual y recomendaciones. Asociación Española de Neuropsiquiatría.
Bernardo, M. (2004). Qué sabemos de la esquizofrenia. Guía para pacientes y familiares. Ars Médica.
Birchwood, M. (2005). Intervención temprana en psicosis: investigación, práctica clínica y reforma de los servicios del Reino Unido. En J. L. Vázquez Barquero, V. Crespo y A. Herrán (Eds.), Las fases tempranas de la psicosis (pp.145-159). Masson.
Corrigan, P., Mueser, K., Bond, G., Drake, R. e Solomon, P. (2008). Principles and practices of psychiatric rehabilitation: An empirical approach. Guilford Press.
Fernández, J., Touriño, R., Benítez, N. y Abelleira, C. (Eds.) (2010). Evaluación en Rehabilitación Psicosocial. FEARP.
Ferrer, M.C. (2017). Recuperación: Recovery: nuevos paradigmas de salud mental. Psimática.
González, J. y Sanz, M. (2018). Rehabilitación psicosocial de personas con trastorno mental grave. Casos clínicos. Psimatica.
King, R., Lloyd, C., Meehan. T., Deane, F. y Kavanagh, D. (2012). Manual of Psychosocial Rehabilitation. Wiley-Blackwell.
Kopelowicz, A., Liberman, R. P. e Zarate, R. (2007). Psychosocial treatments for schizophrenia (3rd ed.). En P. Nathan, e J. Gorman: A guide to treatments that work (3rd ed.). (pp. 243-269). Oxford University Press.
Kuipers, E., Leff, J. e Lam, D. (2004). Esquizofrenia. Guía práctica de trabajo con las familias. Ed. Paidós.
Liberman, R. P. (2008). Recovery from disability: Manual of psychiatric rehabilitation. American Psychiatric Publishing, Inc.
Múñoz, E. (Coord.) (2009). Estimulación cognitiva y rehabilitación neuropsicológica. Editorial UOC.
Penadés, R., Villalta, V., Farriols, N., Palma, C. e Salavera, C. (2011). Esquizofrenia. En O. Bruna et al. (Coords.), Rehabilitación Neuropsicológica. Intervención y práctica clínica. Elsevier Masson.
Pratt,C.W., Gill, K.J., Barrett, N.M. e Roberts, M.M. (2006). Psychiatric Rehabilitation. Elsevier.
Rodríguez, A. (Coord.).(1997). Rehabilitación psicosocial de personas con trastornos mentales crónicos. Pirámide.
Sobrino, T. e Rodríguez, A. (2007). Intervención social en personas con enfermedades mentales graves y crónicas. Síntesis.
Básicas e xerais
CB10 - Que os estudantes posúan as destrezas de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido e autónomo.
CG7 - Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación dos mesmos.
CG8 - Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar planes e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso.
CG9 - Amosar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións axeitadas para unha interación efectiva cos doentes, familiares e coidadores nos procesos de identificación do problema, avaliación, comunicación do diagnóstico e intervención e seguimentos psicolóxicos.
CG10 - Aplicar os fundamentos da bioética e o método de deliberación na práctica profesional, axustándose seu exercicio como profesional sanitario ao disposto na Lei 44/2003, de 21 de novembro, de ordenación sas profesións sanitarias.
CG11 - Axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, mostrando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades, de respeto á diversidade e de resolución pacífica dos conflitos.
Transversais
CT1 - Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación no desempeño profesional.
CT2 - Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional.
CT7 - Saber analizar dende un punto de vista ético os problemas e as súas posibles solucións.
Específicas
CE3 -Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis axeitados para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
CE4 - Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
CE5 - Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis axeitadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramento…)
CE6 - Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos axeitados e realistas en función das características do problema e contexto.
CE7 - Saber realizar o seguimento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fines fixados, para introducir, se fora o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento.
CE8 - Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma axeitada e precisa coa finalidade de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxica.
As clases expositivas serven para introducir e guiar o desenvolvemento dos diferentes temas do programa. Preséntanse co apoio dos medios audiovisuais dispoñibles nas aulas.
As presentacións dos temas realízanse sobre material dispoñible para os estudantes a partir de libros de texto, artigos, esquemas, resumos e apuntes.
Recoméndase un manual básico para a preparación dos temas, así como outros materiais que poranse a disposición dos alumnos.
As clases interactivas complementan os contidos teóricos e consisten na realización de diversas actividades centradas no deseño, desenvolvemento e aplicación de distintos programas de rehabilitación. Estas actividades realizaranse en cada unha das clases da materia.
Ase mesmo, utilizarase o campus virtual para facilitar a comunicación entre o profesor e o alumnado a través do uso dos foros e para facilitar o acceso a determinados contidos.
Os estudantes realizarán ao longo do curso unha serie de actividades sobre distintos aspectos prácticos da materia, que entregarán por escrito nas datas que se indiquen e que serán consideradas na cualificación final.
As metodoloxías a utilizar son as seguintes: clase maxistral, estudio de casos, aprendizaxe baseado en problemas e aprendizaxe cooperativo.
A avaliación levarase a cabo tendo en conta todas as actividades realizadas ao longo do curso, cun peso do 70% da cualificación final, no que se valorarán aspectos como a capacidade expositiva e o dominio da terminoloxía propia da disciplina, e a realización dunha exame final que versará sobre todos os contidos traballados na aula cun peso do 30%.
Para que a puntuación obtida nas actividades compute na calificación final, o estudante ten que aprobar a exame teórica.
Únicamente utilizarase a cualificación de NON PRESENTADO cando o alumnado non realice ningunha das actividades consideradas como traballos e proxectos e non se presente a exame.
A materia consta de 3 créditos, o que corresponde a un total estimado de 75 horas de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
Asistencia a actividades presenciais (clases maxistrais, clases interactivas e actividades de avaliación formativa): 24 horas.
Traballo non presencial: 51 horas. Este deberá distribuírse en actividades de estudio (aprox. 22 h.), preparación de seminarios (aprox. 11 h.), elaboración de traballos (aprox. 11 h.) e elaboración de informes (aprox. 7 h.).
Para seguir con aproveitamento a materia é convinte:
* asistir regularmente ás clases expositivas e interactivas
* participar activamente en clase
Horario titorías: martes de 10 a 13h. e mércores de 11 a 14h.
Maria Barroso Hurtado
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Correo electrónico
- maria.barroso.hurtado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 9 |
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 9 |
28.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |
10.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |