Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 16 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar ao alumnado coñecementos suficientes que lle permitan identificar as alteracións neuropsicolóxicas asociadas ao dano cerebral adquirido, ás demencias e outros trastornos neurodexenerativos, así como a outras patoloxías do SNC con implicacións neuropsicolóxicas
Proporcionar coñecementos que permitan ao alumnado ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso, de acordo coas súas características e contexto.
Coñecer o procedemento a seguir para planificar, realizar, analizar e interpretar unha avaliación neuropsicolóxica.
Proporcionar coñecementos que permitan ao alumnado ser capaz de realizar un informe neuropsicolóxico con diferentes propósitos.
Programa teórico
1.- Neuropsicoloxía dos trastornos cerebrovasculares: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico e avaliación neuropsicolóxica.
2.- Neuropsicoloxía dos traumatismos cranioencefálicos: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico e avaliación neuropsicolóxica.
3.- Neuropsicoloxía dos tumores cerebrais: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico e avaliación neuropsicolóxica.
4.- Neuropsicoloxía da epilepsia: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico e avaliación neuropsicolóxica.
5.- Neuropsicoloxía dos procesos infecciosos cerebrais: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico e avaliación neuropsicolóxica.
6.- Neuropsicoloxía das demencias e outros trastornos neurodexenerativos: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico e avaliación neuropsicolóxica.
7.- Neuropsicoloxía doutras patoloxías con implicacións neuropsicolóxicas: etioloxía, diagnóstico, clasificación, perfil neuropsicolóxico e avaliación neuropsicolóxica.
Programa práctico
1.- Avaliación neuropsicolóxica dos trastornos cerebrovasculares
2.- Avaliación neuropsicolóxica dos traumatismos cranioencefálicos
3.- Avaliación neuropsicolóxica dos tumores cerebrais
4.- Avaliación neuropsicolóxica da epilepsia
5.- Avaliación neuropsicolóxica dos procesos infecciosos
6.- Avaliación neuropsicolóxica das demencias e outros trastornos dexenerativos
7.- Avaliación neuropsicolóxica doutras patoloxías do SNC con implicacións neuropsicolóxicas
8.- Intervención neuropsicolóxica no dano cerebral adquirido
Bibliografía básica
Triviño, M., Arnedo, M., e Bembibre, J. (2021). Neuropsicología: a través de casos clínicos (2º ed.). Madrid: Médica Panamericana. Disponible vía Prelo
Bibliografía complementaria
Barrio Alba del, A. (2018). El informe neuropsicológico. Madrid: Síntesis.
Blumenfeld, H. (2021). Neuroanatomy through clinical cases. (3ª Ed). OUP.
Corral Varela, M. (2018). Evaluación neuropsicológica de la memoria. Madrid. Síntesis.
Donders, J. (Ed.). (2016). Neuropsychological Report Writing. New York: Guilford Publications.
Forn Frias, C. (2020). Manual de Neuropsicología. Madrid: Pirámide.
Gil, R. (2019). Neuropsicología (7ªEd). Barcelona: Elsevier.
Giménez Navarro, M., Contreras-Rodríguez, O., e Soriano-Mas, C. (2020) Neuroimagen para neuropsicólogos. Madrid: Síntesis
Goddglass, H. e Kaplan, E. (2005). Evaluación de la afasia y de trastornos relacionados (3ª Ed). Buenos Aires: Médica Panamericana.
Grant, I. (2009). Neuropsychological assessment of neuropsychiatric and neuromedical disorders (3º Ed.). New York: Oxford University Press.
Holdnack, J.A., Drozdick, L., Weiss, L.G., e Iverson, G.L. (Eds.). (2013). WAIS-IV, WMS-IV, and ACS: Advanced Clinical Interpretation. Amsterdam: Academic Press.
Ibáñez-Alfonso, J. A., del Barco, A., Romaguera, E., e del Olmo, A.F. (2020) Neuropsicología del daño cerebral sobrevenido por ictus y TCE. Madrid: Síntesis.
Junqué, C. e Barroso, J. (Coords.) (2009). Manual de Neuropsicología. Madrid: Síntesis.Disponible vía Prelo
Jurado, M.A., Mataró, M. e Pueyo, R. (2013). Neuropsicología de las enfermedades neurodegenerativas. Madrid: Síntesis.Disponible vía Prelo
Kolb, B. e Whishaw, I.Q. (2017). Neuropsicología Humana (7ªEd). Madrid: Médica Panamericana.
Kolb, B. e Whishaw, I.Q. (2021). Fundamentals of Human Neuropsychology (8ª ed.). New York: Macmillan Learning.
4
Lezak, M.D., Howieson, D.B, Bigler, E.D. e Tranel, D. (2012). Neuropsychological Assessment. New York: Oxford University Press.
Mitrushina, M.N., Boone, K.B., Razani, J. e D’Elia, L.F. (2005) Handbook of normative data for neuropsychological assessment (2ª Ed). New York: Oxford University Press.
Peña-Casanova, J., Gramunt Fombuena, N., e Gich Fullá, J. (2005). Test Neuropsicológicos: Fundamentos para una neuropsicología clínica basada en evidencias. Barcelona: Masson.
Parsons, M.W. e Braun, M.M. (2024). Clinical neuropsychology. A pocket handbook for assessment (4ª Ed.) Washington: American Psychological Association.
Peña-Casanova, J. (2007). Neurología de la Conducta y Neuropsicología. Madrid: Médica Panamericana.
Pérez García, M. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología Clínica. Madrid: Pirámide.
Purves,D., Agustine, G.J., Fitzpatrick, D., Hall, W.C., LaMantia, A. e White, L.E. (2021). Neurociencia (5ªEd). Madrid: Médica Panamericana.
Ropper, A.H. e Samuels, M. (2019) Adams y Victor. Principios de Neurología (11ª ed). México: McGraw-Hill.
Sanz Blasco, R. y Ruiz-Sánchez de León, J.M. (2021) Evaluación neuropsicológica de la emoción y la motivación. Madrid: Síntesis.
Sherman, E.M.J., Tan, J., e Hrabok, M. (2021). A compendium of neuropsychological tests. Fundamentals of Neuropsychological Assessment and Test Reviews for Clinical Practice (4ª Ed.) New York: Oxord University Press.
Tulsky, D. S., Saklofske, D. H., Chelune, G. J., Heaton, R. K., Ivnik, R. J., Bornstein, R., Prifitera, A., & Ledbetter, M. F. (Eds.). (2003). Clinical interpretation of the WAIS-III and WMS-III. Academic Press.
Webs de interese
Sociedad Internacional de Neuropsicología: https://www.the-ins.org/
División de Neuropsicología Clínica de la APA: http://www.div40.org/
División de Neuropsicología Clínica (Consejo General de la Psicología de España): https://www.cop.es/index.php?page=NPsiC-Informacion
Comisión Nacional de Acreditación Profesional (CNAP): http://www.acreditacións.cop.es/
Das competencias establecidas para o Título de Máster, nesta materia abórdanse as seguintes:
Básicas
CB8: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Xerais
CG2: Coñecer en profundidade a natureza psicolóxica do comportamento humano, así como os factores sociais e biolóxicos que poden afectalo.
CG5: Coñecer en profundidade os factores biolóxicos e psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade, especialmente os relacionados coa saúde mental.
CG6: Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación e intervención no campo da Psicoloxía Xeral Sanitaria, así como as técnicas e procedementos que deles se derivan para a abordaxe dos trastornos do comportamento e os factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde.
CG7: Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación dos mesmos.
CG11: Axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, mostrando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades, de respecto á diversidade e de resolución pacífica dos conflitos.
Transversais
CT3: Saber analizar críticamente e utilizar as fontes de información clínica.
CT5: Saber desenvolver o seu traballo desde a perspectiva da calidade e a mellora continua, coa capacidade autocrítica necesaria para un desempeño profesional responsable.
CT6: Saber comunicar e comunicarse con outros profesionais, e dominar as habilidades necesarias para o traballo en equipo e en grupos multidisciplinares.
CT7: Saber analizar desde un punto de vista ético os problemas e as súas posibles solucións.
Específicas
CE2: Ser capaz de planificar e desenvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipótese das que deducir enunciados contrastables.
CE3: Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
CE4: Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
CE8: Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma adecuada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas.
CE10: Saber redactar informes psicolóxicos de forma adecuada aos destinatarios.
CE11: Coñecer o marco de actuación propio do psicólogo xeral sanitario e saber derivar ao profesional especialista correspondente.
CE12: Coñecer as obrigacións e responsabilidades do persoal sanitario relativas á confidencialidade da información e da protección de datos persoais dos pacientes.
- As sesiones expositivas, programadas na aula 9 (planta -2, módulo A) en sesións de 2 horas de duración, permitirán introducir e explicar os principais tópicos do programa teórico. Contarán con apoio audiovisual que estará dispoñible no Campus Virtual e/ou no servizo de reprografía. Solicitarase a realización de actividades con entrega programada e retroalimentación ou autoavaliación, a través do Campus Virtual para a avaliación continua formativa.
- As sesións interactivas impartiranse en dous grupos no Laboratorio de Neuropsicoloxía, (planta -2, módulo A), en sesións de 2 horas. Para lograr o máximo aproveitamento do tempo no laboratorio, entregarase con antelación o material necesario para a realización das actividades previstas, que o estudante deberá ler antes de acudir á sesión interactiva. Solicitarase a realización de actividades con entrega programada e retroalimentación ou autoavaliación, ben presencialmente, ben a través do Campus Virtual para realizar a avaliación continua formativa.
-Tutorías individuais: O estudante dispón de tutorías semanais para a consulta das dúbidas relacionadas co seguimento da materia os luns, mércores e venres de 12:00 a 14:00 h. As tutorías poden ser presenciais ou a través de Teams.
- Tutorías en grupos reducidos: Programarase unha sesión de tutoría en dous grupos ao longo do semestre para valorar a evolución da materia e resolver dúbidas sobre a avaliación da mesma. Comunicaranse as datas coa debida antelación no Campus Virtual.
- Por último, o proceso de aprendizaxe require do traballo autónomo do estudante, que deberá dedicar un tempo á lectura e estudo da bibliografía básica, á consulta do material didáctico adicional dispoñible no Campus Virtual e á realización das actividades solicitadas. Ademais, ao longo do curso recomendaranse lecturas complementarias.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación dos coñecementos e das competencias adquiridas realizarase atendendo aos seguintes criterios de avaliación nas duas oportunidades da convocatoria:
1) Avaliación continua formativa mediante a realización de diferentes actividades presenciais e/ou programadas a través do Campus Virtual, con retroalimentación ou autoavaliación, sobre os contidos de cada tema/interactiva (40% da cualificación final).
2) Proba final complementaria presencial sobre o programa teórico e práctico, nas datas previstas oficialmente para cada oportunidade da convocatoria (60% da cualificación final). A proba consistirá na resolución dun caso e a resposta a preguntas curtas relacionadas co mesmo.
3) Para que calquera dos dous elementos nos que descansa a avaliación (avaliación continua e proba final complementaria) somen na cualificación final, débese alcanzar un nivel mínimo en cada unha delas que represente un 50% da puntuación máxima.
Os estudantes que non realicen a proba final recibirán a cualificación de "non presentado".
Con base en criterios académicos se considera que esta materia non pode ser cursada con dispensa de asistencia a clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións:
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e ás fontes.
A materia consta de 4,5 créditos, que se corresponden cun total estimado de 112,5 horas de traballo do estudante. A distribución estimada é:
Asistencia a actividades presenciais/virtuais síncronas: 37 horas (Expositivas: 20 h; Interactivas: 16 h; Titorías dirixidas a grupos reducidos: 1 h)
Traballo non presencial: 75,5 horas (Actividades de lectura e estudo de materiais: aprox. 60 h; realización de actividades avaliables: aprox. 15,5h.)
Para o correcto seguimento da materia recoméndase:
- Ter formación a nivel de grao nas materias directamente relacionadas con esta: Fundamentos Biolóxicos da Conduta; Neurociencia Condutual; Neurociencia Cognitiva; Neuropsicoloxía; Avaliación Psicolóxica I e II e Psicometría.
- Seguimento continuado das actividades: Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas; implicación activa na dinámica de clase; lectura previa do material didáctico de apoio ás actividades interactivas para o máximo aproveitamento do tempo presencial no laboratorio; estudo dous contidos a medida que se vai desenvolvendo o programa e aproveitamento das titorías para a resolución de dúbidas ou orientación no proceso de aprendizaxe (horario da Prof.ª Montse Corral: luns, mércores e venres de 12 a 14h, Facultade de Psicoloxía, Módulo A, 2º andar, despacho nº 61; prof.ª Sonia Doallo: martes, mércores e venres de 10-12h, Facultade de Psicoloxía, Módulo A, 2º andar, despacho nº 59).
Maria Montserrat Corral Varela
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813885
- Correo electrónico
- montse.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sonia Doallo Pesado
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813916
- Correo electrónico
- sonia.doallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 9 |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Neuropsicoloxía |
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
04.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |