Que podo estudar?
Consuta a oferta completa formativa da USC
Se estás pensando en facer estudos universitarios na USC, podes elixir entre 61 titulacións de grao. Se desexas realizar estudos de posgrao, a USC ofréceche 68 másteres para completar a túa especialización académica ou profesional ou para iniciarte en traballos de investigación; e se o que queres é acceder a unha formación doutoral de calidade en conexión con liñas de investigación innovadoras, a Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago pon ao teu dispor 55 programas de doutoramento.