Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer e saber poñer en práctica un concepto de saúde integral, recoñecendo a influencia dos aspectos psicolóxicos na prevención, o tratamento e a rehabilitación na enfermidade física crónica e na atención ao paciente terminal.
Saber planificar unha sesión de avaliación e saber seleccionar e aplicar as técnicas de avaliación e diagnóstico psicolóxico, así como saber analizar e interpretar os resultados da avaliación en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención e do problema de saúde de que se trate.
Saber planificar unha intervención psicolóxica e saber seleccionar e aplicar as técnicas en función das características dos destinatarios, dos obxectivos da intervención (prevención, tratamento ou rehabilitación) e do problema de saúde de que se trate, atendendo aos niveis de eficacia, efectividade e eficiencia que presentan.
Ser capaz de realizar o seguimento da intervención psicolóxica no ámbito da intervención na enfermidade física crónica e saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e tratamento.
Coñecer a interrelación que existe entre o traballo do psicólogo da saúde e outros profesionais que traballan na atención ao paciente crónico, definindo dende a interdisciplinariedade as achegas e limitacións do psicólogo e poñendo a énfase na necesidade de integrar os diversos perfís profesionais capaces de complementarse na tripla dimensión biopsicosocial da saúde.
Dispoñer das competencias necesarias para a aprendizaxe autónoma, a posta ao día e a formación continuada no ámbito da intervención psicolóxica na enfermidade física crónica, que lle permita abordar situacións complexas ou pouco coñecidas, así como mellorar e potenciar a práctica clínica
Bloque I. Acerca da dor e a enfermidade física crónica
Tema 1. Influencias psicolóxicas na dor crónica
Tema 2. Abordaxe do paciente con dor crónica: A importancia da intervención psicolóxica
Tema 3. Programas de tratamento específicos para distintos tipos de dor crónica
Bloque II. A intervención psicolóxica no ámbito dos coidados paliativos
Tema 4. Sobre o proceso de morrer e os moribundos: aspectos introdutorios
Tema 5. Sufrimento e final da vida: distintas propostas de intervención psicolóxica
Bibliografia básica
Arranz, P., Barbero, J.J., Barreto, P. y Bayés, R. (2003). Intervención emocional en cuidados paliativos. Modelos y protocolos. Madrid: Ariel Ciencias Médicas.
Barberó, J, Gómez-Batiste, X., Maté, J. y Mateo, D. (2016). Manual para la atención psicosocial y espiritual a personas con enfermedades avanzadas. Obra Social “la Caixa”.
Neimeyer, R.A. (2002). Aprender de la pérdida. Una guía para afrontar el duelo Barcelona: Paidós.
Otero-López, J.M., Castro, C. y Saldaña, C. (1996). Directrices psicológicas en el abordaje del paciente con dolor crónico I. Evaluación. En A. López-Guerrero (Ed.), El dolor. Un enfoque multidisciplinar (pp. 275-358). Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela
Otero-López, J.M., Castro, C. y Saldaña, C. (1996). Directrices psicológicas en el abordaje del paciente con dolor crónico II Tratamiento. En A. López-Guerrero (Ed.), El dolor. Un enfoque multidisciplinar (pp. 359-398). Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela
Vallejo, M.A. y Comeche, M.I. (1994). Evaluación y tratamiento psicológico del dolor crónico. Madrid: Fundación Universidad-Empresa.
Bibliografía complementaria
Astudillo, W., Mendinueta, C. y Astudillo, E. (2008). Cuidados del enfermo en el final de la vida y atención a su familia. Aula Magna.
Barreto, P y Cancio, H. (2003). Una herramienta básica de los profesionales de la salud: el counselling. En, E. Remor, S. Ulla y P. Arranz (coords.), El Psicólogo en el ámbito hospitalario (pp. 93-119). Bilbao: DDB
Barreto, M. P. y Soler, C. (2007). Muerte y duelo. Madrid: Síntesis.
Bayés, R. (2001). Psicología del sufrimiento y de la muerte. Barcelona: Martínez-Roca.
Blanchard, E.B. y Andrasik, F. (1989). Tratamiento del dolor de cabeza crónico. Barcelona: Martinez Roca
Cruzado, J. A. (2010). Tratamiento psicológico en pacientes con cáncer. Madrid: Síntesis.
Die Trill, M. y López Imedio, E. (2000). Aspectos psicológicos en cuidados paliativos. La comunicación con el enfermo y la familia. Madrid: ADES
Esteve,R. y Ramirez, C. (2003). El desafío del dolor crónico. Málaga: Ediciones Ajilbe.
Gil, F.L. (2014) Counselling y psicoterapia en cancer. Madrid: Elsevier.
Kübler-Ross, E. 1993). Sobre la muerte y los moribundos (5ª ed.). Barcelona: Grijalbo, Barcelona.
Miró, J. (2003). Dolor crónico: Procedimientos de evaluación e intervención psicológica. Bilbao: DDB
Neimeyer R.A. (1997). Métodos de Evaluación de la Ansiedad ante la muerte. Barcelona: Paidos
Philips, H.C. (1991). El tratamiento psicológico del dolor crónico. Madrid: Pirámide
Viel, S. y cols. (2016). Guía de detección del malestar emocional en la atención paliativa integral. Barcelona: Sociedad Catalanobalear de Cuidados Paliativos y Obra Social “la Caixa”.
Watson, M. y cols. (2007). Manual Oxford de Cuidados Paliativos. Madrid. Aula Médica
Worden, J. W. (2004). El tratamiento del duelo: asesoramiento psicológico y terapia. Barcelona: Paidós.
Competencias básicas e xerais:
-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo
-Adquirir, desenvolver e poñer en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociales desta, de acuerdo coas directrices establecidas pola OMS
- Coñecer en profundidade os factores psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade
- Planificar, realizar e, no seu caso, supervisar o proceso de avaliación psicolóxica do comportamento humano e dos factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde para establecer a avaliación destes
- Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorren en cada caso
Competencias transversais:
- Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional.
- Saber analizar críticamente e utilizar as fontes de información clínica.
Competencias específicas:
- Ser capaz de planificar e desenvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipótese das que deducir enunciados contrastables.
- Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
- Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
- Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis adecuadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramento etc.).
- Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
- Saber realizar o seguimento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fins fixados, para introducir, se fose o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento.
- Coñecer ol marco de actuación propio do psicólogo xeral sanitario e saber derivar ao profesional especialista correspondente.
- Realizar actividades de promoción e de educación para a saúde psicolóxica individual e comunitaria.
Competencias da titulación asignadas a esta materia:
- Potenciar unha visión crítica acerca do proceso de avaliación e tratamento psicolóxico da enfermidade física crónica
- Coñecer en profundidade cales son os factores psicosociais asociados a distintas problemáticas de enfermidade física crónica
- Aprender a planificar axeitadamente procesos evaluativos en pacientes con distintas doenzas crónicas e en situación terminal
- Adquirir as destrezas necesarias para chegar a deseñar programas de intervención psicolóxica axustados ás características de pacientes que presentan tanto dor crónica coma enfermidades terminais
Exposición en clase dos contidos teóricos do temario, así como a posta en práctica, guiada polo profesor, de distintos aspectos sobre os que é conveniente que o alumno afonde dende a experiencia. Con este tipo de procedemento combinado trátase de que o alumno chegue a adquirir unha maior comprensión dos distintos procedementos evaluativos e interventivos aplicados ao ámbito da dor crónica e da enfermidade terminal.
Utilización dunha metodoloxía orientada á acción -role-playing- co obxectivo de incitar ao alumno a implicarse no proceso terapéutico e comprobar por si mesmo que e como levar a cabo o traballo terapéutico. Ademais, dende esta óptica preténdese potenciar unha visión aberta e crítica do quefacer terapéutico, destacando posibles vantaxes e limitacións de distintas propostas.
A análise de estudos de caso e a realización de traballos individuais e grupales que é necesario expoñer en clase, constitúen tamén aspectos importantes para esta materia.
Realizarase un único exame escrito (tipo test e pregunta curta) dos contidos teóricos e prácticos da materia. A puntuación obtida na proba tipo test representará o 60% da nota final.
O 40% da nota distribuirase en relación ás seguintes actividades: Informe de sesións prácticas: 20%, realización de traballos e estudos de caso: 15% e participación activa en clase: 5%.
Ademais das horas presenciais correspondentes á parte teórica e práctica da materia (24h.), a estimación de horas de traballo persoal distribúese do modo seguinte: actividades de estudo 28h., elaboración de traballos (individuais e/ou en grupo)20h. e elaboración de informes (prácticas, etc.) 3h.
Utilizar bibliografía relevante ao campo de estudo da enfermidade física crónica
Coñecemento de técnicas de avaliación e tratamento psicolóxico
Maria Cristina Castro Bolaño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813888
- Correo electrónico
- mariacristina.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 9 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 9 |
21.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |
08.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |