Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Admisión en programas de doutoramento

Os requisitos de acceso para realizar estudos de doutoramento recóllense no Real decreto 99/2011, modificado polo Real decreto 576/2023.

 

Admisión e matrícula anticipada para titulados de sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior

Convocatoria dirixida a alumnado procedente de sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que posúa un título homologado a un título universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución  de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES ou un título declarado equivalente polo Ministerio de Educación, e que faculte en ambos casos para o acceso a estudos de doutoramento.

Tamén poderá acceder o alumnado de sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologar o seu título, previa comprobación pola universidade de que o título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que faculta no país expedidor para acceder ás ensinanzas de doutoramento.

Quedan excluídos desta convocatoria os estudantes que teñan residencia en España e os que estean ou tiveran estado matriculados en calquera titulación das tres universidades galegas. Tamén quedan excluídos os estudantes procedentes de sistemas educativos do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Estes estudantes poder solicitar a súa admisión pola cota xeral.

Debes facer a túa solicitude atendendo aos prazos fixados a través da Secretaría Virtual declarando os datos dos expedientes académicos das titulacións universitarias que che dan acceso

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2025.