Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudante, ao finalizar esta materia, deberá:
• Coñecer as bases neuroquímicas das accións dos fármacos sobre a conduta adictiva
• Ser capaz de identificar os principais grupos de psicofármacos indicados no tratamento das adiccións, coñecer os seus mecanismos de acción, as súas accións farmacolóxicas principais e os seus usos terapéuticos
• Coñecer as principais estratexias terapéuticas empregadas nos problemas derivados do consumo de sustancias, os seus obxectivos, a súa posta en práctica, o seguimento terapéutico e a avaliación dos seus resultados
• Coñecer os mecanismos farmacolóxicos aplicables á terapéutica dos diferentes tipos de dor, os principios activos empregados, os obxectivos do tratamento, a súa posta en práctica, o seguimento terapéutico requirido e a avaliación dos seus resultados
• Saber identificar os problemas de saude xerais que poidan requirir intervención psicofarmacolóxica tanto no medio hospitalario como na atención ambulatoria. Coñecer as familias farmacolóxicas empregadas, os obxectivos da intervención, a súa posta en práctica, o seguimento terapéutico requirido e a avaliación dos resultados
• Ser capaz de manexar as fontes de información e documentación sobre psicofármacos para facer posible a actualización dos coñecementos adquiridos.
Mecanismos de acción das sustancias adictivas e mecanismos farmacolóxicos aplicables. Tipos de farmacos na terapéutica da dependencia. Estratexias terapéuticas.
Fisiopatoloxía dos procesos dolorosos e mecanismos farmacolóxicos aplicables. Tipos de farmacos na terapéutica da dor. Estratexias terapéuticas.
Psicofarmacoloxía na atención hospitalaria xeral. Psicofarmacoloxía na atención ambulatoria xeral. Psicofármacos na atención a urxencias e emerxencias
Bibliografía básica:
• RANG Y DALE: FARMACOLOGÍA (2020) ELSEVIER
• STAHL, S.M. (2014): PSICOFARMACOLOGÍA ESENCIAL DE STAHL. BASES NEUROCIENTÍFICAS Y APLICACIONES PRÁCTICAS. 4ª ED. MADRID. UNED. UNIVERSIDAD NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA
Bibliografía complementaria:
• STAHL, S.M. (2009): PSICOFARMACOLOGÍA ESENCIAL. BARCELONA, ARIEL
• SILBERSTEIN, S.D.; MARMURA, M.J.; STAHL, S.M. (AS.ED.) (2010): NEUROFARMACOLOGÍA ESENCIAL. GUIA DE PRESCRIPCIÓN. MADRID. AULA MEDICA
Facilitarase a bibliografía temática específica ao longo do curso
BÁSICAS
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. X
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. X
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo. X
XENERAIS
CG1: Adquirir, desenvolver e pór en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociales da mesma, de acordo coas directrices establecidas pola OMS. X
CG2. Coñecer en profundidade a natureza psicolóxica do comportamento humano, así como os factores sociais e biolóxicos que poden afectalo. X
CG5. Coñecer en profundidade os factores biolóxicos e psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade, especialmente os relacionados coa saúde mental. X
CG6: Coñecer en profundidade os distintos modelos de avaliación e intervención no campo da Psicoloxía Xeral Sanitaria , así como as técnicas e procedementos que deles se derivan para a abordaxe dos trastornos do comportamento e os factores psicolóxicos asociados cos problemas de saúde. X
3.2. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Saber outilizar as tecnoloxías da información e a comunicación no desempeño profesional. X
CT2 - Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional. X
CT3 - Saber analizar críticamente e utilizar as fontes de información clínica. X
CT4: Saber formular hipótese de traballo en investigación e recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, aplicando o método científico. X
ESPECÍFICAS
CE5 - Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis adecuadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramento… etc.). X
CE7 - Saber realizar o seguimento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fins fixados, para introducir, se fose o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento. X
CE8 - Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma adecuada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas. X
CE11 - Coñecer o marco de actuación propio do psicólogo xeral sanitario e saber derivar ao profesional especialista correspondente. X
CE12. Coñecer as obrigacións e responsabilidades do persoal sanitario relativas á confidencialidade da información e da protección de datos persoais dos pacientes. X
CE15. Realizar actividades de promoción e de educación para a saúde psicolóxica individual e comunitaria. X
Método Expositivo / Clase Maxistral
Resolución de Exercicios e Problemas
Estudo de Casos
Actividades formativas:
Clases Expositivas/Maxistrais
Clases interactivas de prácticas de laboratorio
Actividades de Estudo
Exame Escrito (proba obxectiva, proba de resposta curta e/ou proba de desenvolvemento) con valor do 70% da cualificación final
Avaliación continua da actividade presencial e das prácticas. Completar o programa de prácticas (de asistencia obrigatoria) é requisito indispensable para poder realizar o exame teórico. Unha vez cumprido o requisito de asistencia obrigatoria, a puntuación obtida supoñerá 30% da nota final.
Clases Expositivas/Maxistrais 15 horas
Clases interactivas de prácticas de laboratorio 9 horas
Actividades de Estudo 51 horas
Os alumnos deberían de ter cursada algunha materia relacionada coa Introdución a Psicofarmacoloxía no Grao.
A materia impartirase en lingua galega.
Maria Concepcion Losada Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813768
- Correo electrónico
- mconcepcion.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario da Área de Psicobioloxía |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Seminario da Área de Psicobioloxía |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
09.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |