A transparencia constitúe un dos piares fundamentais do goberno e a xestión da USC e un dos principios esenciais da súa relación cos seus principais grupos de interese (PDI, PAS, estudantado, alumnado graduado, provedores, empresas, administracións públicas e organizacións da sociedade civil).
A transparencia reflíctese nunha política de dación de contas sobre todos os ámbitos de actividade da USC, achegando así informes públicos sobre a produción científica, a xestión económica, a avaliación da calidade da súa docencia e o desempeño e o rendemento dos seus servizos e centros.