Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Imaxe representativa
A USC ofrece no seu programa da Universidade de Verán diversos cursos con duracións que van de 2 a 6 días.

A Universidade de Verán da USC ofrece nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos con variados centros de interese que se desenvolven en Compostela, Lugo e diversas vilas galegas.

O prazo de matrícula nos cursos da Universidade de Verán ábrese a mediados do mes de maio e permanece aberto ata dez días antes do comezo de cada curso.

A información completa sobre cada curso non estará dispoñible ata despois de Semana Santa.

 

  • Toda persoa inscrita nun curso de verán que cumpra coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, recibirá un diploma acreditativo no que constará o seu nome completo, nº de identificación, título de curso, datas e nº de horas lectivas.

    Por outra parte, a USC recoñece os cursos da Universidade de Verán a efectos de créditos ECTS, en todas as titulacións de Grao, para o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de verán (Acordo do Consello de Goberno do 12/05/2017) e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso, coa seguinte equivalencia: 2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas e 1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 12 créditos en total, RR do 5/12/2025).

  • Taxa xeral:

    120 € para os cursos de 25 ou máis horas

    70 € para os cursos de menos de 25 horas

    Taxa reducida:

    70 € para os cursos de 25 ou máis horas

    40 € para os cursos de menos de 25 horas

    A taxa reducida aplícase a:

    1. estudantes de universidade, bacharelato e FP
    2. PDI e PAS da USC
    3. persoas pensionistas e desempregadas
    4. persoas asociadas á Asociación de Antigos alumnos da USC

    Seguro:

    Deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe as seguintes persoas:

    1. non matriculadas en estudos oficiais na USC no curso académico 2024-25
    2. matriculadas en estudos oficiais na USC no curso académico 2024-25 maiores de 28 anos ou de nacionalidade estranxeira que non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula.

    Este seguro subscríbese na propia plataforma de Xescampus no momento de formalizar a matrícula no curso de verán e ten un custe de 20,69 €. No caso de matricularse en máis dun curso, a mesma póliza é válida para todos os cursos.

    Quedan exentas de pagar o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe as persoas que estean matriculadas no programa de IV ciclo, por estar incluído o pagamento dese seguro na súa matrícula.

    UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.

  • Ábrese o prazo de matrícula o 15 de maio de 2025.

    Acaba o prazo, secuencialmente:

    •    30 de maio para os cursos que se celebran na semana do 9 de xuño
    •    6 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 16 de xuño
    •    13 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 23 de xuño
    •    20 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 30 de xuño
    •    27 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 7 de xullo
    •    4 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 14 de xullo
    •    11 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 21 de xullo
    •    18 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 28 de xullo
    •    26 de agosto para os cursos que se celebran na semana do 1 de setembro

    NON SERÁ POSIBLE REALIZAR A INSCRICIÓN FÓRA DESTES PRAZOS.
     

  • Correo electrónico

    cursosdeveran@usc.gal 

    Teléfonos e enderezos

    - Campus de Santiago de Compostela:

    Teléfonos 881811018 e 881811103

    Área de Cultura. Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n

    - Campus de Lugo:

    Teléfono 982821513

    Área de Cultura. Edificio Intercentros

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.04.2025.