Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Servizos para a realización de análises de espectrometría de masas e proteómica cos que obter información relativa á masa molecular ou información da estrutura dun composto orgánico, inorgánico ou biolóxico mediante un amplo abano de técnicas (Impacto electrónico, Ionización química, Maldi, Electrospray...).

A Espectrometría de Masas é unha técnica microanalítica que require soamente uns poucos nanomoles de mostra para obter información característica da estrutura e da masa molecular dun composto. É unha técnica destrutiva na que a mostra é consumida durante a análise. En todas as técnicas usadas en espectrometría de masas, algunha forma de enerxía é transferida á molécula dando lugar á ionización da mesma. Na maioría dos casos, o ión molecular (ión resultante da ionización da molécula que representa á mesma e que é a precursora de todos os fragmentos que compoñen o espectro de masas) da mostra “explota” nunha variedade de fragmentos (patrón de fragmentación). Os produtos que se forman son ións en fase gas nos que as súas masas e abundancias relativas constitúen o espectro de masas.

    • WSEARCH: Software freeware para entorno windows que visualiza espectros de GC/MS de varias casas comerciais.
    • M/Z: Programa gratuíto para visualización de espectros MALDI e ESI de varias casas comerciais.
  • Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 242
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2025.