Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Soprado de Vidro
Servizos de soporte a unha ampla gama de liñas de investigación e necesidades docentes.

Servizos de asesoramento, deseño, fabricación e reparación tanto pezas estándares como pezas de novo formato ata 11 cm de diámetro con fins docentes e investigadores, non estando contemplado a fabricación de vidro aforado nin a reparación de elementos aforados en partes calibradas.

Préstanse servizos de soporte a unha ampla gama de liñas de investigación das Facultades de Bioloxía, Farmacia, Física, Medicina, Químicas e Veterinaria, CSIC, FEDER, Instituto de Cerámica, así como a diversas necesidades docentes.

    • Dous sopretes de mesa, de revolver silencioso. Combustión de propano-osíxeno.
    • Un soporte de mesa, de revolver silencioso. Combustión de hidróxeno - osíxeno.
    • Catro sopretes de man. Combustión propano-osíxeno. Boca intercambiable.
    • Dous equipos portátiles. Combustión butano-osíxeno.
    • Un forno eléctrico Jencons de 25 Kw, con 1000 litros de capacidade, carga frontal, 1100 °C de temperatura máxima, indispensable para o temperado de vidro e cuarzo e vitrificado.
    • Un forno eléctrico Chesa de 12 Kw, de 130 litros de capacidade, carga frontal, 1100 °C de temperatura máxima.
    • Unha máquina cortadora Jencons con disco de 15 cm, regulable en altura de corte, escorrente e refrixerada por auga.
    • Unha máquina cortadora semiindustrial Barton con disco de 32 cm, regulable en altura de corte, escorrente e refrixerado por auga.
    • Unha máquina cortadora para cortes con tensión.
    • Un lapis eléctrico de gravado.
    • Un trade vertical GTG industrial, refrixerado por auga.
    • Unha arengadora Mod. DAM-1.
    • Unha lixadora de banda Mod. VP-100.
    • Un torno Jencons para efectuar traballos de precisión e fabricación de pezas ata 12 cm de diámetro.
    • Un torno B+C para efectuar traballos de precisión ata 9 cm de diámetro.
    • Unha máquina de fabricación de serpentíns de distintos diámetros.
    • Un detector de poros en baleiro e alto baleiro.
    • Unha pantalla de luz polarizada Jencons, para atopar tensións.
    • Unha estufa Selecta, de secado por ar forzado.
    • Utensilios para a fabricación de pezas en vidro e cuarzo: espátulas de latón e cerámicas, grafito, coitelas, pinzas para matrices, medidores de diámetros, calibres...
    • Unha bancada fixa para montaxes.
    • Unha montaxe con diversos moldes.
    • Instalación central de gases, propano-osíxeno, hidróxeno-osíxeno e aire.
    • Unha vitrina de extracción de gases Romero.
  • Unidade de Soprado de Vidro e Cuarzo

    Almacén de Mantemento
    • Estrada San Lourenzo-Vidán Campus Vida, s/n, 15782
      Santiago de Compostela
    • svidrio@usc.es
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.04.2024.