Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Localización

Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 816 242
  • Equipo operativo
Análise directo con fonte ESI, APCI ou APPI, onde non se emprega ningún método de separación no sistema de introdución de mostra. Técnica empregada para a análise de mostras que son insolubles, puras ou cunha pureza relativamente alta, e onde se obtén o espectro xeral da mostra cun error de masa inferior a 5ppm.
  • Ao ser unha técnica de análise por inxección en fluxo (FIA) onde emprégase un HPLC ou UHPLC sen columna cromatográfica, as mostras deben ter alta pureza. A fase móbil empregada por defecto é unha mestura de H2O/MeOH 1:1 acidificada con fórmico ó 0.1%. Se as mostras son susceptibles ou lles afecta esas condicións de fase móbil, débese indicalo na parte de “Observacións” do Formulario de Solicitude de Servicio da Unidade.

    Hai que ter en conta a polaridade da mostra para escoller de maneira axeitada a técnica de análise. ESI é axeitada para analitos de polaridade media-alta que se disolven en solventes polares coma auga ou metanol. APCI é axeitada para analitos de polaridade baixa-media que se disolven en solventes apolares coma diclorometano ou cloroformo; e APPI para mostras que ten grupos cromóforos.

    As mostras deben vir en viais ou tubos identificados e etiquetados, tendo unha cantidade mínima subministrada polo usuario de 0.1 mg (ver táboa 1 de concentracións), indicando os disolventes axeitados (se é posible, convén non utilizar disolventes coma DMF ou DMSO). Se están en disolución, débese indicar o disolvente empregado. Ademais, a presenza de sales pode interferir na adquisición e resultado da mostra. Neste caso, pódese realizar un desalgado previo (servicio facturable) co “Desalgado Zip-Tip”.

    Táboa 1: guía de concentración das mostras para ESI/APCI/APPI

    CONCENTRACIÓN NECESARIA PARA ANÁLISES ESI/APCI/APPI

    MW (Da) 

    µg/ml 

    500  

    10-25  

    1.000  

    20-50  

    2.500  

    50-130  

    5.000  

    100-250  

    O analizador empregado é un tempo de voo (TOF), que nos vai permitir facer medidas en alta resolución. Desta forma, a medida obtida indica con gran precisión (erro de m/z inferior a 5  ppm con respecto ó valor teórico), a composición dos elementos químicos da molécula e o seu perfil isotópico.

    O servizo de Alta Resolución ESI/APCI/APPI-FIA ten o servicio adicional de Medida de Masa Exacta dunha molécula de interese, sen custo adicional. O informe que se manda dá a información do espectro do ión molecular solicitado, medido en alta resolución. Ademais ofrece a medida de masa exacta do valor experimental con respecto ó teórico dando o error de m/z expresado en ppm (sempre inferior a 5 ppm); un valor estatístico “mSigma” (valora a desviación estándar das masa e as intensidades de tódolos picos isotópicos), canto menor é este valor mSigma mellor se axusta o perfil isotópico ó teórico (valores óptimos estarían situados nun valor inferior a 50).

    Instrumentación: microTOF (Bruker), Impact II (Bruker), timsTOF (Bruker).

  • Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 242