Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Localización

Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 816 242
  • Equipo operativo
A ionización APPI prodúcese mediante fotóns de alta enerxía xerados por unha lámpada UV. Os fotóns son absorbidos polas moléculas da mostra, dando como resultado unha ionización en fase gasosa. É unha técnica orientada para moléculas con grupos que absorben os fotóns UV (cromóforos ou compostos aromáticos).
  • A Fotoionización a Presión Atmosférica (APPI) é unha técnica de ionización en fase gasosa, no que o solvente que contén o analito en forma de pequenas gotas precisa ser evaporado (entre 300 e 470ºC) antes do proceso de ionización. Despois do vaporizador temos unha lámpada UV de kriptón, que actúa como fonte de luz emitindo fotóns; cunhas liñas de excitación de 10.0 e 10.6 eV.

    Estes fotóns non teñen a enerxía suficiente para ionizar moléculas de fondo como osíxeno, nitróxeno ou solventes habituais empregados en HPLC/UHPLC. O proceso de ionización é controlado pola enerxía dos fotóns incidentes (hν) e a Enerxía de Ionización do analito, de aí o nome da técnica.

    O mecanismo de APPI, en modo positivo, pode ser de dúas formas:

    • APPI Directo: ten lugar cando a enerxía dos fotóns incidentes é maior que a enerxía de ionización do analito (A), facendo posible a fotoexcitación directa.

    A + hv → A*

    A* → A+ + e-

    A mesma ionización tamén é posible coa presenza de moléculas de solvente (M) mediante unha extracción de protón.

    A* + M+ → [M – H]* + [A + H]+

    A técnica APPI non está restrinxida ó modo de ionización positivo; xa que os ións negativos poden ser producidos a través da transferencia de carga en reaccións de ións secundarios.

    • APPI con dopante: Pódese empregar un dopante (tolueno, benceno, acetona...) cuxa enerxía de ionización é menor que a enerxía dos fotóns incidentes, xerando D+. Desta maneira, os analitos son ionizados por transferencia de protón ou electrón.

    D + hv → D+ + e-

    D+ + A → D + A+

    En presenza de disolventes próticos, o dopante frecuentemente produce ións [A+H]+, sendo estes principalmente predominantes.

    A + D + → [D – H] + [A + H]+

    Como ESI e APCI, é compatible con técnicas de separación LC; tamén de producir pouca fragmentación.  Ademais ten a vantaxe de ter unha susceptibilidade relativamente baixa á supresión de ións e ó efecto matriz.

    Aplicacións: moléculas non polares, estables térmicamente, con grupos que absorben os fotóns UV (cromóforos ou compostos aromáticos), moléculas que contén aneis bencénicos ou dobres enlaces conxugados.

    Exemplos: hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAH´s).

  • Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 242