Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Certificación da Norma ISO 9001
As Unidades da Área de Infraestruturas de Investigación desenvolven a súa actividade baixo o Sistema de Xestión de Calidade (SXC) certificado pola Norma UNE-EN ISO 9001:2015.

A Área de Infraestruturas de Investigación da USC é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común, cuxa principal misión consiste na prestación de servizos de apoio científico e tecnolóxico á investigación da USC, de organismos públicos de investigación e de entidades privadas.

O obxectivo da Área de Infraestruturas de Investigación é o de dar unha maior unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC, tanto materiais como humanos, coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento científico e tecnolóxico da sociedade no seu conxunto.

Dende a Dirección da Área de Infraestruturas de Investigación considérase a Calidade como un valor engadido e diferenciador para o labor de apoio científico-técnico e de transferencia de tecnoloxía e coñecemento, desenvolvida polo persoal da organización. Nese sentido, o mantemento e a mellora do Sistema de Xestión de Calidade (SXC) da Área, baseado na Norma ISO 9001, conta co firme apoio da Dirección e da Vicerreitoría de Política Científica da USC e co necesario compromiso do persoal das Unidades. 

Esta decisión estratéxica tradúcese no desenvolvemento de accións concretas encamiñadas á mellora continua dos procesos que conforman a actividade das Unidades, co fin de responder ás necesidades das súas usuarias e usuarios e demais grupos de interese, así como de xerar confianza nos resultados derivados do servizo prestado mediante unha ampla variedade de técnicas instrumentais de aplicación en áreas de coñecemento moi diversas. 

O esforzo para a mellora dos procesos e procedementos que conforman o SXC da Área é avaliado externamente nas auditorías anuais, co obxecto de certificar a súa idoneidade, e vese recompensado coa satisfacción que as usuarias e os usuarios amosan polo servizo recibido e cunha maior visibilidade dos recursos públicos a disposición do conxunto da sociedade.

  • Formulario de reclamacións, suxestións, consultas, Felicitacións:

    Información para provedores

    A actividade da Área de Infraestruturas de Investigación da USC está certificada baixo a Norma ISO 9001:2015, motivo polo cal realizamos unha avaliación anual dos nosos provedores co obxecto de comprobar que os produtos e servizos contratados cumpran os requisitos establecidos pola Área e polos órganos competentes da Universidade de Santiago de Compostela. Para calquera aclaración ao respecto non dubide en contactar con nós (formulario).
     

  • Área de Infraestruturas de Investigación

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2024.