Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Localización

Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 816 242
  • Equipo operativo
Técnica para análise de moléculas de un amplo rango de masa (50-100.000 Da) e de polaridade alta cando están en moi baixa concentración. NanoElectrospray é unha técnica de ionización empregada fundamentalmente en aplicacións de proteómica.
  • A técnica de ionización NanoESI traballa baixo os principios fundamentais da ionización electrospray, onde se reduce significativamente o fluxo e os diámetros internos da agulla de nebulización empregados na ionización. Os fluxos empregados tipicamente na ionización nanoESI son de 100-500 nL/min.

    Ao reducir os diámetros internos dos condutos do sistema e os fluxos empregados conséguese un aumento da eficiencia da desorción, un aumento da sensibilidade e a posibilidade de poder usar menor cantidade de mostra.

    Aplicacións: moléculas de polaridade media alta, solubles, compostos termolábiles, ...

    Exemplos:proteínas, péptidos, ...

  • Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 242