Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Localización

Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 816 242
  • Equipo operativo
Análise directo con fonte ESI, APCI ou APPI, onde non se emprega ningún método de separación cromatográfico, no sistema de introdución de mostra. Técnica para análise de mostras puras ou cunha pureza relativamente alta onde se obtén o espectro xeral da mostra analizada cun erro de masa 0.1-0.2 Da.
  • Ao ser unha técnica de análise por inxección en fluxo (FIA) onde se emprega un HPLC sen columna cromatográfica, as mostras deben ter alta pureza. A fase móbil empregada por defecto é unha mestura de H2O/MeOH 1:1 acidificada con ácido fórmico ao 0.1%. Se as mostras son susceptibles ou lles afecta esas condicións de fase móbil, débese indicar na parte de “Observacións” do Formulario de Solicitude de Servizo da Unidade.

    Hai que ter en conta a polaridade da mostra para escoller de maneira axeitada a técnica de análise. ESI é axeitada para analitos de polaridade media-alta que se disolven en solventes polares coma auga ou metanol. APCI é axeitada para analitos de polaridade baixa-media que se disolven en solventes apolares coma diclorometano ou cloroformo; e APPI para mostras que teñen grupos cromóforos.

    As mostras deben vir en viais ou tubos identificados e etiquetados, tendo unha cantidade mínima subministrada polo usuario de 0.1 mg (ver táboa 1 de concentracións), indicando os disolventes axeitados (se é posible, convén non utilizar disolventes coma DMF ou DMSO). Se están en disolución, débese indicar o disolvente empregado. Ademais, a presenza de sales pode interferir na adquisición e resultado da mostra. Neste caso, pódese realizar un desalgado previo (servicio facturable) co “Desalgado Zip-Tip”.

    Táboa 1: guía de concentración das mostras para ESI/APCI/APPI

    CONCENTRACIÓN NECESARIA PARA ANÁLISES ESI/APCI/APPI

    MW (Da) 

    µg/ml 

    500  

    10-25  

    1.000  

    20-50  

    2.500  

    50-130  

    5.000  

    100-250  

    O instrumento empregado dispón de fontes de ionización ESI, APCI e APPI intercambiables e, ademais, ó ser unha trampa iónica, permite obter o espectro en modo positivo e negativo nunha mesma medición, nun rango de 50 a 3000 m/z.

    Instrumentación: Amazon ETD (Bruker)

  • Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 242