Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 816 242
-
Técnica empregada para a determinación de masa molecular onde se obtén o espectro xeral da mostra no rango de masas analizado. Pódese realizar medidas en modo lineal (baixa resolución) ou modo reflector (alta resolución, rango de masas 50-4000 Da); con polaridade positiva ou negativa.
As mostras enviaranse sólidas ou en disolución nun vial etiquetado co seu código identificativo, e ter unha concentración axeitada segundo a seguinte táboa:
Táboa: guía de concentración das mostras para MALDI
CONCENTRACIÓN NECESARIA PARA ANÁLISIS MALDI
MW (Da)
µg/ml
500
10-25
1.000
20-50
2.500
50-130
5.000
100-250
10.000
200-500
20.000
400-1.000
>20.000
>1.000
Convén non empregar disolventes como DMSO ou DMF, e evitar a presenza de sales que poden interferir na mostra (NaCl, NaOAc...). No caso de que a mostra teña sales, pódese realizar un desalgado previo (servicio facturable) co “Desalgado Zip-Tip”.
As mostras a analizar serán mesturadas con unha matriz orgánica segundo o protocolo estándar da Unidade e depositada na superficie metálica da placa MALDI. No caso de que se necesite medir as mostras noutras matrices, distintas ás habituais das que dispón a Unidade, ou si se precisa dun protocolo específico de preparación, o usuario debe indicalo no apartado de “Observacións” do Formulario de Solicitude de Servicio ou poñerse en contacto coa Unidade.
Matrices:
As matrices empréganse dependendo do tipo de analito a medir, podendo ser necesario á adición de algún tipo de aditivo. As matrices e aditivos coas que conta a Unidade actualmente, e que son as máis habituais en MALDI, son as seguintes:
Matrices: Nome
Abreviatura
Aplicacións
Ácido α-ciano-4-hidroxicinámico
HCCA
Péptidos
Proteínas (< 5 KDa)
Ácido sinapínico
SA
Proteínas (10-150 KDa)
Péptidos (> 3 KDa)
Ácido 2,5-dihidroxibenzoico
DHB
Péptidos
Proteínas
Polímeros
Hidratos de carbono
Lípidos/Glicolípidos
1,8,9-trihidroxiantraceno (Dithranol)
DIT
Polímeros non polares
Trans-2-[3-(4-tert-Butilfenil)-2-metil-2-propenilideno]malonitrilo
DCTB
Analitos non polares
3-Hyproxy picolinic acid
HPA
Oligonucleótidos
2,6-Dihydroxyacetophenone
DHAP
Proteínas intactas
1,5-Diaminonaphthalene
DAN
Proteínas intactas
Aditivos: Nome
Abreviatura
Aplicacións
Silver Nitrate
AgNO3
Axente catiónico
Silver Trifluoroacetate
AgTFA
Axente catiónico
Sodium Trifluoroacetate
NaTFA
Axente catiónico
Sodium iodide
NaI
Axente aniónico
Sodium chloride
NaCl
Axente aniónico
Para outro tipo de matrices, por favor contactar coa Unidade.
Aínda que os equipos empregados en MALDI poden adquirir espectros en Alta Resolución (modo Reflector), non realizan a Medida de Masas Exactas, xa que non é unha técnica axeitada para ese servizo adicional. Polo contrario, pódese facilitar ó usuario unha comparativa visual do pico experimental co teórico da fórmula facilitada, pero sen os datos estatísticos da MME.
Instrumentación: Autoflex (Bruker), Ultraflex III (Bruker).
-
Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 242