Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Localización

Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
  • Equipo operativo
DART (“Direct Analysis in Real Time”) é un tipo de ionización a presión atmosférica mediante transferencia directa de enerxía.
  • DART basease na xeración de ións metaestables mediante a excitación dun gas inerte (helio ou nitróxeno) cun quentador cerámico e a unha temperatura desexada. Esta combinación forma unha especie de plasma quentado e cargado, que sae por unha reixa de saída que filtra os ións deixando os metaestables. O gas quentado reacciona co vapor de auga do ambiente e, a través dunha serie de reaccións secuenciais, protona a mostra.

    A ionización DART permite unha análise rápida e directa de mostras sólidas e líquidas no seu estado nativo, con pouca fragmentación, alta sensibilidade e resolución (ao estar acoplada no equipo Impact) . É útil en aplicacións coma a seguridade alimentaria, a industria farmacéutica e medicina forense. As mostras poden ser disoltas e aplicadas nunha tira con reixa metálica fina, ou trozos en bruto (por exemplo, tecidos).

    Para máis información, pódese consultar o vídeo desta ligazón:Pulsed Gas DART-MS for High Throughput Experimentation

    Instrumentación: IMPACT II (Bruker).

  • Área de Infraestruturas de Investigación

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela