Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Localización

Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 816 242
  • Equipo operativo
Técnica axeitada para compostos de polaridade media-baixa, peso molecular baixo (20-800 Da) e alta estabilidade térmica. A Ionización Química lévase a cabo mediante a reacción das moléculas neutras do analito, con ións procedentes da ionización previa dun gas reactivo por Ionización Electrónica. Así evítase a alta fragmentación molecular da Ionización Electrónica ao ser unha técnica máis “branda”.
  • A Ionización Química realízase mediante a reacción das moléculas neutras do analito con ións procedentes da ionización previa dun gas reactivo (habitualmente, metano) por Impacto Electrónico, nunha fonte en condicións de alto baleiro. As reaccións que teñen lugar entre os ións reactivos cargados positivamente e as moléculas da mostra poden ser agrupadas principalmente en catro categorías: transferencia protónica, intercambio de carga, adición electrolífica e abstracción aniónica. O proceso de Ionización é o seguinte:

    • Etapa 1: Ionización gas reactivo:

    CH4 + e- → CH4+. + 2e-                             Formación de ións reactivos primarios

    • Etapa 2 : Formación de ións reactivos estables:

    CH4 + CH4+. → CH5+ + CH3.                   Formación de ións reactivos secundarios

    CH4 + CH3+ → C2H5+ + H2.

    • Etapa 3: Ionización das moléculas da mostra:

    M + CH5+ → CH4 + [M + H]+                  Transferencia protónica

    A + CH4+ → CH4 + A+                               Intercambio de carga

    M + C2H5+ →  [M + C2H5]+                      Adición electrolífica

    AH + CH3+ → CH4 + A+                             Abstracción aniónica

    De maneira frecuente,  obsérvase que o espectro de masas de Ionización Química con metano combina un sinal do ión MH+ de intensidade axeitada xunto cunha fragmentación apropiada para a súa elucidación estrutural.

    Aplicacións:  é unha técnica para análise de compostos orgánicos relativamente lábiles, compostos de polaridade baixa-media, de volatilidade alta, con peso molecular baixo e que teñan unha alta estabilidade térmica.

    Exemplos: aldehidos, esteroides, hidratos de carbono, lípidos, aminas ...

  • Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 242