Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
O Laboratorio Láser de Aceleración e outras aplicacións (L2A2) está equipado cun láser STELA.

O láser STELA (Santiago TErawatt Laser) proporciona pulsos ultracurtos de femtosegundo (25 fs) cunha enerxía de 1,2 J e contraste 1010.

Esta saída ten unha taxa de repetición de 10 Hz. O equipo ten outra saída de menor enerxía (1 mJ) con pulsos cunha duración de tempo de 35 fs e unha taxa de repetición de 1 KHz.

A instalación tamén ten varias cámaras experimentais de baleiro, sistemas de detección de partículas, un sistema de microprocesamento de alta precisión e varios sistemas de diagnóstico de feixes.

Algunhas das aplicacións para as que está preparado o equipo son a aceleración de protóns, a produción de radioisótopos, a produción de harmónicos de alta orde, a produción de nanopartículas, o procesamento de materiais etc.

  • Dispon de dúas saídas diferentes que se poden empregar para a experimentación.

      Duración pulso Enerxía por pulso Taxa de repetición Lonxitude de onda central Contraste

    Alta Enerxía

    25 fs 1.2 J 10 Hz 800 nm 1010

    Baixa Enerxía

    35 fs 1 mJ 1 KHz 800 nm 106
  • Laboratorio Láser de Aceleración e Aplicacións (L2A2)

    Laboratorio L2A2. Facultade de Física
    • Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, 15782
      Santiago de Compostela
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.12.2022.