Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Laboratorio de Raios X
Os servizos poden ser requiridos por calquera investigador interesado da USC, organismos públicos e empresas privadas.

Servizos de investigación en sistemas estruturados con periodicidades de curto ata longo alcance (0.5-1000 Angstroms). Disponse de capacidade experimental para realizar estudos de monocristal (determinación da estrutura cristalina e molecular), po cristalino (análises de fases, alta resolución, cristalinidade), dispersión e difracción a baixo e medio ángulo (SAXS e WAXS), reflectometría (XRR).

  • O acceso aos equipamentos está restrinxido ao persoal técnico da Unidade de Raios X, agás naqueles casos dos usuarios que acrediten unha axeitada experiencia no seu manexo e no do hardware e software necesario. Ofrécense cursos de capacitación de usuarios para as diferentes técnicas presentes.

  • As mostras deben facerse chegar á sede da Unidade de Raios X e deberán ir acompañadas dun impreso-formulario onde se reflectirán os datos mínimos necesarios para comezar a toma de datos.

    Antes de proceder á toma de datos, o persoal técnico da Unidade realizará unha inspección das mostras para determinar se son axeitadas.

  • Unidade de Raios X

    Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 223
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.04.2024.