A facultade de Química conta con 12 aulas de docencia de distinta capacidade, 2 aulas de seminario e 2 aulas de informática con equipamento docente. Para a formación práctica, conta con varios laboratorios.
Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:
- 2 aulas de informática de acceso libre equipadas con ordenadores.
- 2 salas de estudo.
A facultade de Bioloxía conta con 10 aulas de propósito xeral de distinta capacidade. Para a formación práctica, conta con 4 laboratorios de prácticas dotados de infraestrutura con capacidade para 24 persoas, 8 laboratorios de prácticas con equipamento específico para realización de prácticas nas distintas materias, con capacidade para 20 alumnos cada un e un laboratorio con equipamento e infraestrutura para a docencia práctica, con capacidade para 24 alumnos. Así mesmo, dispón de tres aulas de informática para a docencia.
Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:
- Dúas aulas de informática de uso libre que están dotadas con ordenadores.
- Unha sala na biblioteca para a realización de traballos en equipo, con soporte informático e conexión a internet.
Ambos centros dispoñen de biblioteca con fondos específicos e postos de lectura.
Tamén hai que destacar que desde calquera punto das dúas Facultades é posible a conexión sen fíos a Internet.