Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras completar satisfactoriamente esta materia, o estudante debe ser capaz de:
· Ter unha comprensión básica dos principais conceptos e teorías que ligan a mecánica cuántica con outras ramas da química.
· Resolver problemas, non só cualitativamente, pero tamén cuantitativamente.
· Aplicar a metodoloxía aprendida a problemas mais xerais relacionados con materias ensinadas en cursos mais avanzados.
Aplicación da mecánica cuántica ao estudo de sistemas sinxelos: átomos e moléculas. Laboratorio de computación con especial énfase no uso de ordenadores para o estudo de sistemas cuánticos sinxelos e programación en python.
Temario:
Tema 1. Introducción
Tema 2. Principios da mecánica cuántica
Tema 3. A partícula nunha caixa
Tema 4. O oscilador armónico e o rotor ríxido
Tema 5. Átomo de hidróxeno
Tema 6. Métodos aproximados en mecánica cuántica
Tema 7. Átomos polielectrónicos
Tema 8. Moléculas
Prácticas de ordenador:
PRÁCTICA 1: Introdución á metodoloxía computacional. Optimización xeométrica.
PRÁCTICA 2: Estudo conformacional.
PRÁCTICA 3: Estudo da reactividade química.
"Fisicoquímica", I. N. Levine, 5ªed. McGraw-Hill, 2002.
"Physical Chemistry", I. N. Levine, 6th ed. McGraw-Hill, 2009.
"Atkins Quimica Física", Atkins e de Paula, 8ª ed. Ed. Panamericana, 2008.
"Atkins' Physical Chemistry", Atkins and de Paula, 11th Ed. Oxford University Press, 2018.
BÁSICAS E XENERAIS
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes
razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na
definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e
técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSALES
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT4 - Resolución de problemas.
ESPECÍFICAS
CE13 - Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías
relacionadas coas áreas da Química.
CE14 - Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE15 - Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
CE25 - Capacidade para relacionar a Química con outras disciplinas.
As actividades presenciais do alumno consistirán en:
1) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia. A asistencia a estas clases non é obrigatoria.
2) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): Clase teórico/práctica na que se propón e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios no aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
3) Clases interactivas con computador en grupo reducido: Inclúense aquí as clases nas que o alumno utiliza o computador en aula de informática (clases de informática, uso de paquetes para ilustración práctica da teoría, etc.). O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios no aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houber. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
4) Tutorías de encerado en grupo moi reducido: Tutorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da tutoría. Estas entregas virán recollidas no calendario de actividades que van realizar os alumnos ao longo do curso da Guía Docente da materia correspondente. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. As actividades presenciais obrigatorias non realizadas recuperaranse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
Toda a información desta materia relevante para o alumno está dispoñible a través da USC virtual.
En xeral. a asistencia ás clases interactivas será obrigatoria. As ausencias deben estar debidamente documentadas.
Para superar a materia é condición indispensable ter obtido a cualificación de "apto" nas prácticas de computación. O "apto" nestas prácticas conséguese: (1) asistindo a todas as prácticas (un total de 12 horas). e (2) realizando os exercicios correspondentes que se deben subir ao Campus Virtual dentro da data indicada polo profesor. Se un alumno non pode asistir a algunha práctica por un motivo xustificado, é esencial que presente o xustificante. As actividades presenciais non realizadas, pero xustificadas, intentarán recuperarse de acordo co profesor e dentro do horario programado para a materia. Os estudantes con "non apto" nas prácticas de computación suspenderán a materia automaticamente durante ese curso.
Todo o anterior tamén é aplicable aos estudantes que repiten, con excepción das prácticas de computación, que só terán que repetirse se están suspensas. Non obstante, o exame pode incluír preguntas das prácticas.
A avaliación consistirá en dúas partes:
1) Avaliación continua, que poderá constar á súa vez de:
i. Exercicios realizados nos seminarios (Ex_sem)
ii. Traballo nas tutorías (Tut)
iii. Clases interactivas con computador (Com)
2) Exame final (EF)
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
3) Cada apartado anterior contabilizará para a nota final do alumno do seguinte xeito:
Ex_sem + Tut 30%
Com 10%
EF 60%
Evaluación das competencias:
Clases de seminarios: CG3, CG5, CT1, CT4, CE14 e CE15
Clases interactivas con computador: CG2, , CE13 e CE25
Tutorías: CG2, CT1 e CE15
Exame Final: CG3, CG5, CT1, CT4, CE13, CE14 e CE15
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA-----HORAS------TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO---------HORAS
Clases expositivas en grupo grande-------28-------Estudo autónomo individual ou en grupo-------50
Clases interactivas en grupo reducido-----14-------Resolución de exercicios ou outros traballos----26
Tutorías en grupos moi reducidos---------2---------Elaboración de exercicios propostos-------------8
Clases interactivas con computador
en grupo reducido-------------------------12-------Resolución de exercicios------------------------10
Total traballo presencial no aula-----------56-------Total traballo persoal do alumno---------------94
Esta materia require coñecementos importantes de matemáticas e de física. Por iso, recoméndase que o alumno supere as materias de matemáticas e de física do primeiro curso do grao.
O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de tutoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver devanditas dificultades. É moi importante á hora de preparar o exame resolver algúns dos exercicios que figuran ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia.
Esta materia require coñecementos importantes de matemáticas e de física. Por iso, recoméndase que o alumno supere as materias de matemáticas e de física do primeiro curso do grao.
Berta Fernandez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814278
- Correo electrónico
- berta.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jesus Rodriguez Otero
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814436
- Correo electrónico
- r.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Saulo Angel Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814216
- Correo electrónico
- saulo.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anxo Lema Saavedra
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- anxo.lema.saavedra [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Omar Rodriguez Lopez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- omar.rodriguez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Marie Curie
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
07.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
07.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |