Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Espérase que o alumnado:
• coñeza a variación das propiedades dos elementos segundo a súa posición no Sistema Periódico
• coñeza as propiedades dos compostos inorgánicos
• coñeza os principais tipos de reaccións químicas e as súas características
• poida realizar procedementos normais nun laboratorio inorgánico
Química descritiva dos elementos non metálicos e dos seus compostos máis importantes: Estudo da estrutura, enlace; aspectos termodinámicos, cinéticos e reactividade. Obtención de elementos e compostos. Reaccións características dalgúns elementos inorgánicos non metálicos e dos seus compostos.
Programa de teoría:
Tema 1. O hidróxeno.
Tema 2. Elementos do grupo 17: os halóxenos.
Tema 3. Elementos do grupo 16. O osíxeno.
Tema 4. O xofre.
Tema 5. Elementos do grupo 15. O nitróxeno.
Tema 6. O fósforo.
Tema 7. Elementos do grupo 14. O carbono e o silicio.
Tema 8. Elementos do grupo 13. Estudo do boro.
Tema 9. Elementos do grupo 18: os gases nobres.
Programa de prácticas:
Práctica 1. Preparación do Sal de Mohr. Propiedades ácido-base dos sales amónicos.
Práctica 2. Preparación e estudo das propiedades do peroxoborato sódico.
Práctica 3. Preparación de hidroxenocarbonato sódico e estudo das propiedades ácido-base de carbonatos e bicarbonatos.
Práctica 4. Obtención e reactividade dos halóxenos e dalgúns dos seus compostos.
Práctica 5. Chuvia ácida. Desulfuración de gases contaminantes.
Básica (manual de referencia)
• Rayner–Canham, Química Inorgánica Descriptiva, 2ª Ed., Pearson Educación, 2000.
Complementaria
• R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura, C. Bissonnette, Química General, 11ª Ed., Pearson Educación, 2017.
• E. Quiñoá, R. Riguera, J. M. Vila, Nomenclatura y formulación de los compuestos inorgánicos, 2ª Ed., McGraw-Hill, 2010.
• M. R. Bermejo Patiño, A. M. González Noya, M. Maneiro Maneiro, Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións, 1ª Ed., Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2018 (https://libraria.xunta.gal/es/guia-dos-elementos-quimicos-historia-prop…).
• G. Rayner–Canham, T. Overton, Descriptive Inorganic Chemistry, 6ª Ed., W.H. Freeman, 2013.
• J. D. Lee, Concise Inorganic Chemistry, 5º Ed., Wiley-Blackwell, Oxford, 1996.
• C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, Química Inorgánica, 2ª Ed., Pearson Educación, 2006.
• Shriver & Atkins, Química Inorgánica, 4ª Ed., McGraw-Hill, 2008.
Recursos na rede:
En caso de non acceso á biblioteca, no enlace https://infolibros.org/libros-de-quimica-inorganica-gratis-pdf/ pódese consultar o libro de C. E. Housecroft e A. G. Sharpe en inglés (Inorganic Chemistry) de xeito gratuito. Neste enlace tamén existen libros de química xeral para aquel alumnado con dificultades en conceptos básicos de enlace, cálculos estequiométricos, ácido-base e redox.
• Cursos virtuais: Chemguide: Helping you to understand Chemistry: http://www.chemguide.co.uk/
• Modelos moleculares virtuais:http://chemagic.org/molecules/mini.html
• Táboa Periódica Dinámica: http://www.ptable.com/
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1 - Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química , con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT2 - Desenvolver capacidade de organización e planificación.
CT4 - Ser capaz de resolver problemas.
ESPECÍFICAS
CE2 - Interpretar a variación das propiedades características dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica.
CE4 - Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
CE7 - Coñecer as propiedades dos compostos orgánicos, inorgánicos e órgano metálicos.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE18 - Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
A) Clases expositivas
Desenvolvemento dos contidos da materia a través de clases maxistrais impartidas polo profesorado. Nestas clases seguirase un esquema xeral para a presentación dos temas co obxectivo de que o alumnado adquira unha liña de razoamento na materia, que lle será útil para seguir aprendendo de forma autónoma e asimilar os coñecementos de modo duradeiro. Nestas sesións o profesorado prestará atención a aqueles aspectos máis relevantes e/ou de difícil comprensión.
B) Clases interactivas en grupo reducido (seminarios)
Clases teórico/prácticas nas que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumnado participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesorado; resolución de exercicios na aula, etc.
C) Clases prácticas de laboratorio
Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumnado adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumnado disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumnado deberá ler atentamente o contido deste manual antes de acudir ao laboratorio e facer unha preparación teórica básica antes de de cada práctica proposta. Esa preparación básica consistirá fundamentalmente en ler o guión para coñecer o obxectivo da práctica, saber o que se vai facer e por que, e realizar os cálculos necesarios para o seu desenvolvemento experimental. Xa no laboratorio, e tras unha explicación do profesorado, o alumnado realizará as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo cada un dos alumnos e das alumnas, de forma individual, no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan. Ao finalizar todas as quendas de prácticas, o alumnado será convocado a unha proba teórico-práctica relacionada co traballo realizado nas prácticas.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesor/a e dentro do horario previsto para a materia.
D) Titorías en grupo reducido
Titorías programadas polo profesorado e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno/a 2 horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesorado poderá esixir ao alumnado a entrega de exercicios previa á celebración da titoría.
E) Titorías personalizadas
Con elas preténdese levar a cabo un seguimento do traballo de cada estudante e resolver as súas dúbidas.
F) Plataforma Dixital (Moodle)
A través desta plataforma dixital manterase activa unha Aula Virtual na que o profesorado proporcionará a información necesaria para o alumnado (diapositivas utilizadas nas clases expositivas, boletíns de exercicios, manual para as prácticas de laboratorio, cuestionarios “on line”, noticias, anuncios, etc.).
Esta plataforma tamén contén foros de discusión e correo interno, o que proporciona unha excelente comunicación entre profesorado e alumnado.
a) A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
b) A avaliación continua representa o 30% da nota final e farase mediante a valoración de:
b.1) Controis escritos, ben realizados de forma presencial na aula ou a través do Campus Virtual da materia, entrega de exercicios ou traballos, exercicios realizados nas clases expositivas, nos seminarios e/ou nas titorías (15% da nota final);
b.2) As prácticas de laboratorio (15% da nota final). A nota das prácticas de laboratorio terá dous compoñentes coas porcentaxes seguintes: nota de laboratorio, 50%; exame final de prácticas, 50%.
Para a nota de laboratorio os ítems a avaliar serán os seguintes: organización e pulcritude do traballo no laboratorio; execución da práctica; resultados obtidos.
O alumno/a debe acadar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio para superar a materia. Na 2ª edición ordinaria do exame final (convocatoria de xullo) soamente poderá recuperarse a parte teórico-práctica das prácticas de laboratorio.
c) O exame final representa o 70% da nota. Poderá incluír unha pregunta eliminatoria, con contidos fundamentais da materia que se correspondan coas competencias desenvolvidas nesta programación docente, que deberá ser contestada correctamente para aprobar o exame. Tamén se poderá esixir unha puntuación mínima en bloques de coñecemento da materia.
d) Para aprobar a materia, será necesario acadar unha puntuación mínima dun 4 (catro puntos sobre dez) no exame final.
e) A nota final de cada estudante na materia obterase como resultado de aplicar a seguinte fórmula:
Nota final = Máximo (N2, N1 x 0,3 + N2 x 0,7)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10), coa salvidade indicada no apartado anterior.
f) O alumnado repetidor terá o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coa salvidade seguinte: ao alumando repetidor que aprobou as prácticas de laboratorio nunha edición previa, conservaráselle a cualificación obtida neste apartado durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio.
g) Avaliación de competencias:
Clases interactivas: CB1, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT2, CT4, CE2, CE4, CE7, CE13.
Prácticas de laboratorio: CG3, CG4, CT2, CT4, CE4, CE7, CE13, CE18.
Exame: CB1, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT2, CT4, CE2, CE4, CE7, CE13.
h) Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (HORAS)
Clases expositivas: 23
Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): 8
Titorías en grupo reducido: 2
Prácticas de laboratorio: 20
Exame: 3
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 56
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A (HORAS)
Estudo autónomo, individual ou en grupo (de Clases expositivas/ABP): 35
Resolución de exercicios e problemas propostos: 32
Repaso para as titorías: 6
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 8
Repaso de preparación para o exame: 13
Total horas traballo persoal do alumno: 94
• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudo da materia "ao día".
• Recoméndase a preparación de cada un dos temas utilizando o manual de referencia proposto para esta materia e, en caso necesario, algún manual complementario.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os aspectos básicos relativos a cada grupo de elementos químicos que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto as súas propiedades como as reaccións químicas nas que poden participar.
• A relación entre os contidos de cada un dos temas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda realizar esquemas para aspectos como enlace, obtención e reactividade.
• É altamente desexable a asistencia e participación activa nas clases de seminario, nas que se resolverán os exercicios formulados, comentando as dificultades ao resto de compañeiros/as de seminario.
• Recoméndase a utilización das horas de titoría para resolver as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesorado.
As clases impartiranse en galego e castelán.
Farase uso do Campus Virtual para subministrar ao alumnado todo o material necesario para o seguimento da materia.
Ana Maria Gonzalez Noya
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814258
- Correo electrónico
- ana.gonzalez.noya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Esther Garcia Fernandez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814241
- Correo electrónico
- mesther.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Sousa Pedrares
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814240
- Correo electrónico
- antonio.sousa.pedrares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel Martinez Calvo
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814238
- Correo electrónico
- miguel.martinez.calvo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Velo Heleno
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- mariaisabel.velo.heleno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Diego Sanchez-Brunete Gayoso
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- diego.sanchez-brunete [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Maria Del Carmen Gimenez Lopez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- maria.gimenez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Analítica (2º andar) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Analítica (2º andar) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
17.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
17.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
10.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |