Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 12 Total: 39
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal desta materia é que os alumnos teñan unha visión actual e global sobre o funcionamento do sistema inmunitario e que coñezan as nocións fundamentais da resposta inmunitaria, as células e moléculas que compoñen o sistema inmunitario e os mecanismos de comunicación e cooperación existentes entre os diferentes tipos celulares.
Obxectivos específicos:
- Coñecer a fisioloxía do sistema inmunitario así como os seus compoñentes moleculares e celulares.
- Coñecer os mecanismos básicos de recoñecemento e os mecanismos efectores da resposta inmunitaria innata e adaptativa.
- Coñecer e comprender o papel do sistema inmunitario na defensa do organismo fronte á infección con diferentes patóxenos. Comprender a participación do sistema inmunitario en procesos cancerosos, no rexeitamento de transplantes e durante os procesos alérxicos.
- Coñecer as aplicacións terapéuticas de actuación sobre o sistema inmunitario e a capacidade de manipular a resposta inmunitaria.
O programa de clases expositivas (26h) é:
1. Introdución á inmunología. Compoñentes do sistema inmune. O tráfico leucocitario.
2. Inmunidade Innata: Os fagocitos e os seus receptores. O complemento, os seus ligandos e os seus receptores.
3. Os anticorpos, os seus ligandos e os seus receptores.
4. Os linfocitos B e o seu receptor para antígeno.
5. A xeración da diversidade dos linfocitos B e T.
6. As moléculas de histocompatibilidad: ligandos e receptores.
7. A presentación de antígenos aos linfocitos T.
8. Os linfocitos T e o seu receptor para antígeno.
9. A xeración do repertorio restrinxido dos linfocitos T.
10. A xeración de linfocitos T e B efectores.
11. Mensaxería inmunológica: as citocinas e os seus receptores.
12. A inmunidade en acción fronte a virus, bacterias, fungos e parasitos.
O tema 11, 12 desenvolverase en 1 hora, os temas 1 e 2 en 4 horas e o resto dos temas desenvolveranse cunha duración de 2 horas.
Nas prácticas de laboratorio (8 h), os experimentos que se propoñen son conceptualmente correlativos aos temas teóricos da materia. O alumnado deberá realizar unha serie de ensaios experimentais, recoller os resultados obtidos e analizalos adecuadamente para dar resposta ás preguntas e exercicios expostos no guion de prácticas. No Programa de prácticas levará a cabo de forma presencial/virtual segundo os escenarios, é: Recoñecemento das células compoñentes do sistema inmune e determinación da viabilidade celular. Determinación e estudo de subpoblaciones linfocitarias por Citometría de Fluxo.
Nas clases interactivas de seminario realizarase un seminario de 4 h e realizaranse preguntas aplicadas e/ou casos clínicos os coñecementos desenvolvidos nas clases expositivas.
As titorías (1 h) orientaranse á resolución das dúbidas particulares xeradas nas clases expositivas e a súa aplicación en casos patolóxicos e/ou a súa terapia.
Bibliografía básica:
- Abul K. Abbas, Andrew H. Lichtman, Shiv Pillai, 2022, Inmunología celular y molecular, 10ª ed.,Barcelona:Elsevier, cop. 2022.
- Jenni Punt, Sharon A. Stranford ; Edición 2020, Kuby inmunología 8ª ed. McGraw Hill Interamericana.
- Abbas, A.K., Lichtman, A.H. y Pillai, S., 2012. Inmunología celular y Molecular. [Recurso electrónico]. ed. Barcelona: Elsevier. Acceso restrinxido a usuarios USC <https://www.dawsonera.com/terms/show?dest=https%3A%2F%2Fwww.dawsonera.c…>.
- Abbas, Abul K. Andrew H. Lichtman, Shiv Pillai, 2020, Inmunología básica : funciones y trastornos del sistema inmunitario, 6ª ed. Barcelona : Elsevier, cop.
- Regueiro González, J.R. et al., 2022. Inmunología: biología y patología del sistema inmunitario. 5ª Edición, Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Bibliografía complementaria:
- K. Murphy, C. Weaver Inmunobiology Janeway, 9ª edición 2017, Garlan science.
- Delves, P.J. et al., 2014, Inmunología: fundamentos., ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Leonardo Fainboim, Jorge Geffner 2011, Introducción a la inmunología humana, Edición 6ª ed., Buenos Aires : Panamericana, cop.
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con05
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D07, H/D09, H/D10, H/D11H/D12
Competencias: Com01, Com03, Com02, Com05, Com06
A materia está exposta para potenciar a aprendizaxe activa do alumnado. O estudo individual realizarase en base a unha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado. A base da devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará, nos casos en que sexa necesario, con información adicional.
En referencia ás clases expositivas concíbense como introducións xerais a cada tema mediante clases maxistrais, que serán complementadas co resto das actividades propostas. Estas actividades son: o estudo individual, a resolución de cuestións, a preparación das actividades propostas en seminarios. Desenvolveranse de forma presencial na aula atendendo a todas as dúbidas e aclaracións expostas polos alumnos. O material de axuda elaborado para facilitar o seguimento e comprensión dos temas (que comprende o resumo dos temas explicados e o material complementario necesario) fornéceselles no campus virtual da USC correspondente á materia.
As prácticas de laboratorio organízanse en varias sesións onde se aplican os contidos teóricos, mediante a observación e manexo de material biolóxico, instrumentos, etc., seguindo os protocolos elaborados para tal fin polo profesorado.
As titorías concíbense como medio de coordinación e orientación do traballo individual do alumnado.
Nas clases interactivas de seminario desenvolveranse na aula onde se propoñerán e resolverán aplicacións da teoría, faranse exercicios, problemas, simulacións de casos clínicos, etc ( ABP aprendizaxe baseada en problemas). Requírese unha participación activa do alumnado. Está programado fornecerlles información e material complementario (vídeos, direccións Web, etc.) que lles permita unha comprensión mellor da materia.
As actividades: clases expositivas, Seminarios e prácticas de Laboratorio son actividades non obrigatorias avaliables. E a Proba Final é unha actividade obrigatoria avaliable complementaria á avaliación continua.
1. "A avaliación da materia será igual para repetidores e non repetidores, non gardándose notas de anos anteriores. Ademais, a avaliación será sempre igual nas dúas oportunidades e consistirá nas seguintes cualificacións das partes en que se divide a materia:
1.1) Avaliación continua (20% da cualificación final), que á súa vez se compón de:
-Seminarios (10% da cualificación final). ACTIVIDADE NON OBRIGATORIA AVALIABLE.
-Prácticas de Laboratorio (10% da cualificación final). ACTIVIDADE NON OBRIGATORIA AVALIABLE. As ausencias non xustificadas supoñerán unha cualificación de NON APTO. O control de asistencia ás actividades presenciais realizarase mediante chamada por lista.
1.2) Proba Final (80% da cualificación final). ACTIVIDADE OBRIGATORIA AVALIABLE COMPLEMENTARIA Á AVALIACIÓN CONTINUA. levará a cabo de forma presencial e consistirá nun exame con preguntas tipo test, cuestións e exercicios, relacionados cos contidos teórico-prácticos da materia.
Avaliación dos resultados da aprendizaxe:
-Exame: Con01, Con02, Con05.
-Traballos/exercicios seminarios: H/D01, H/D02, H/D03, H/D07, H/D09, H/D10, H/D11.
-Prácticas: Con05, H/D12, Comp01, Comp03, Comp05, Com06
Considérase como media 112,5 horas de traballo das cales as horas presenciais son: 26 horas clases expositivas, 8 horas de clases interactivas de laboratorio, 2 horas de clases interactivas de seminarios e 2 horas de elaboración de exame.
e as horas non presenciais son:73,5 horas de dedicación en estudo individual.
O estudo da materia no tres escenarios recoméndase que se faga: Utilización da bibliografía recomendada, así como do material gráfico proporcionado polo profesor, imprescindible para a comprensión da materia.
Lectura e reflexión frecuente sobre a materia impartida, necesarias para a integración dos coñecementos neste campo da ciencia.
Interese e atención sobre os novos avances nesta disciplina difundidos a través dos medios de comunicación, para a súa incorporación e discusión nas clases e seminarios.
A materia dispoñerá dunha aula virtual na plataforma Moodle. A comunicación cos alumnos farase a través do correo electrónico, da plataforma Moodle e/ou a través da aplicación MS- teams.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". Esta sinala que a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plagiados (por exemplo, dos compañeiros de curso ou de curso previos) ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes. Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesor, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Ma Del Pilar Arias Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816933
- Correo electrónico
- pilar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
26.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |