- Facultade de Química
-
-
Avda. das Ciencias, s/n, 15782Santiago de Compostela
-
facultade.quimica.decanato [at] usc.gal
-
Os estudos de Química na USC ofértanse ininterrompidamente dende 1922, se ben a oferta inicial remóntase ao periodo 1857-1867. Actualmente, na Facultade de Química a oferta académica inclúe cinco titulacións:
• Grao en Química
• Máster en Investigación Química e Química Industrial
• Máster en Química Orgánica
• Máster en Química na fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais
• Máster en Química Teórica e Modelización Computacional.
O Grao en Química conta co selo internacional de calidade EUROLABEL®, que avala que o seu programa formativo cumpre cos estándares internacionais establecidos por académicos e profesionais do sector. Ademais, o Grao en Química incorpora un itinerario docente en inglés, que amplía a capacitación lingüística do alumnado egresado, e por tanto, as súas posibilidades de acceder ao mercado laboral, tanto nacional como internacional. A opción de cursar simultaneamente o Grao en Química co Grao en Bioloxía, ou co Grao en Física, permite ao alumnado a obtención de dúas titulacións en seis e cinco cursos, respectivamente.