Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras completar de maneira satisfactoria Química Bioinorgánica, o alumnado debe ser capaz de:
Coñecer os elementos inorgánicos esenciais, tóxicos e de importancia farmacéutica.
Coñecer as funcións fundamentais dos metais con maior relevancia biolóxica.
Comprender os mecanismos de toxicidade dos metais pesados, e coñecer algunhas técnicas terapéuticas correctoras da toxicidade, así como os usos dos metais en terapia e diagnose clínica.
Introducción á química bioinorgánica: Os elementos químicos e os sistemas vivos.
Bioinorgánica do ferro. I. Transporte e almacenaxe do ferro, e do diosíxeno.
Bioinorgánica do ferro. II. O ferro na transferencia electrónica e procesos enzimáticos redox.
Bioinorgánica do cobre.
Bioinorgánica do cinc.
Bioinorgánica doutros metáis: Mn, Mo, Co,...
Introdución aos compostos metálicos en terapia e diagnose.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
J.S. Casas, V. Moreno, A. Sánchez, J.L. Sánchez e J. Sordo, "Química Bioinorgánica", Madrid, E. Síntesis, 2002.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-M. Vallet, J. Faus, E. García-España e J. Moratal, "Introducción a la Química Bioinorgánica", Madrid, E. Síntesis, 2003.
-I. Bertini, H.B. Gray, E.I. Stiefel e J.S. Valentine "Biological Inorganic Chemistry", USA: University Science Books, 2007.
-W. Kaim , B. Schwederski e A. Klein, "Bioinorganic Chemistry: inorganic elements in the chemistry of life", 2ª Ed , Wiley & Sons, Chichester (UK), 2013.
-D. Rehder, “Bioinorganic Chemistry”, Oxford University Press, Oxford, 2014
-Gutiérrez Valero, María Dolores; Arranz Mascarós, Paloma; Berrezueta Cumbre, Wilson Iván, "Acción terapeútica y toxicidad de compuestos inorgánicos" [84-16819-16-5] Texto completo dispoñible vía PreLo
1.COMPETENCIAS BÁSICAS E XERÁIS
CG2- Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3- Que podan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na búsqueda das súas solucións, tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4- Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedimientos, resultados e ideas en Química, tanto a un público especializado como non especializado.
CG5- Que sexan capaces de estudiar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en cualquera disciplina científica ou tecnolóxica.
2.- COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT6- Traballo en equipo.
CT7- Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
CT8- Traballo en contexto internacional.
CT9- Habilidades nas relacións interpersoais.
CT10- Razoamento crítico.
CT11- Lograr compromiso ético.
3.- COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE12- Coñecer a estrutura e reactividade das principais clases de metalo-biomoléculas e a química dos principais procesos biolóxicos nos que éstas participan.
CE13- Capacidade para demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, ...). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos.
B) Clases interactivas en grupo reducido.: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios, supervisión de traballos dirixidos, etc... O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, resolución de cuestións na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Inclúense probas de cara á avaliación, polo que a non asistencia repercutirá na mesma.
D) Titorías en grupos moi reducidos.
Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría ou problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas....
E) O alumno poderá atopar material de apoio na Aula Virtual.
Sistema de avaliación:
1. A asistencia ás clases é obrigatoria.
2. A avaliación consistirá en dúas partes:
2.1. Avaliación continua (35%), que se basará nas probas e/ou entregas ao profesor
feitas
2.2. Exame final (65%)
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa evaluación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ao longo do curso avalíanse as seguintes competencias:
Seminarios: CG2, CG3, CG4, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE12, CE13
Titorías: CG2, CG3, CG4, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE12, CE13
Exame: CG2, CG3, CG4, CG5, CE12, CE13
a) Clases expositivas en grupo grande. HORAS: 28
b) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios). HORAS: 6
c) Tutorías. HORAS:2
TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL NA AULA 36 HORAS
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
a) Estudio autónomo individual ou en grupo. HORAS: 54
b) Resolución de exercicios, ou outros traballos. HORAS 11
c) Preparación das presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou similar. HORAS 11,5
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 76,5 HORAS
É importante asistir ás clases expositivas. É importante manter "ao día" o estudio da materia.
É importante a participación activa nas clases, especialmente nas interactivas.
Recoméndase, empregar a bibliografía recomendada para contrastar as notas do alumno na docencia presencial.
Igualmente é moi desexable a participación individual o nos equipos que podan desenvolver temas específicos.
Beatriz Pelaz Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- beatriz.pelaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
21.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
30.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |