Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao final da materia Física I espérase que o alumnado sexa capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos, de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para desenvolvelos, e de relacionar a Física con outras disciplinas.
---TEMA 1. INTRODUCIÓN: SISTEMAS DE MEDIDA E OPERACIÓNS CON VECTORES
-1. Sentido do tema (Introdución)
Neste tema analízanse os aspectos básicos dos sistemas de unidades (SI), da análise dimensional para as magnitudes físicas, da expresión numérica das devanditas magnitudes e das cifras significativas. Finalmente, estúdanse as distintas operacións con vectores, tendo en conta o carácter vectorial de moitas magnitudes físicas.
-2. Epígrafes do tema.
Unidades. O sistema internacional de unidades. Conversión de unidades. Dimensións das magnitudes físicas. Notación científica. Cifras significativas e ordes de magnitude. Compoñentes cartesianas dun vector; suma e diferenza de vectores; produto escalar e vectorial.
---TEMA 2. MECÁNICA DUNHA PARTÍCULA.
-1. Sentido do tema (Introdución)
Explícanse os fundamentos da Física newtoniana, e aplícanse á cinemática e á dinámica dunha partícula. Introdúcese o teorema traballo-enerxía. Estúdase así mesmo o caso particular das forzas gravitatorias.
-2. Epígrafes do tema. (Capítulos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 do P. Tipler e G. Mosca)
O movemento nunha dimensión. Movemento en dúas e tres dimensións. Leis de Newton. Aplicacións das leis de Newton. Traballo e enerxía. Conservación da enerxía.
---TEMA 3. MECÁNICA DE VARIAS PARTÍCULAS.
-1. Sentido do tema (Introdución)
Estúdase a mecánica dos corpos formados por varias partículas, tanto en xeral como particularizando aos importantes casos dos sólidos ríxidos, das forzas gravitatorias e dos fluídos.
-2. Epígrafes do tema. (Capítulos: 8, 9, 10, 11, 12, 13 do P. Tipler e G. Mosca)
Sistemas de partículas e conservación do momento lineal. Rotación. Conservación do momento angular. Gravidade. Fluídos.
---TEMA 4. OSCILACIÓNS E ONDAS.
-1. Sentido do tema (Introdución)
Estúdanse as características principais dos movementos periódicos en xeral. Analizaranse especialmente o oscilador harmónico simple, o péndulo simple e as características xerais do movemento ondulatorio.
-2. Epígrafes do tema. (Capítulos: 14 e 15 do P. Tipler e G. Mosca)
Oscilacións. Movemento ondulatorio.
---PROGRAMA DE LABORATORIO.
Ao inicio das experiencias faranse breves introducións ás técnicas básicas de laboratorio e de tratamento de datos involucradas nelas. Os alumnos abordarán un subconxunto das seguintes prácticas en función dos postos dispoñibles
Práctica 1. Determinación da constante elástica dun resorte. Aplicación para a determinación da densidade de sólidos e líquidos
Práctica 2. Medida da aceleración da gravidade mediante o péndulo de Kater
Práctica 3. Leis de Newton
Práctica 4. Determinación de densidades de sólidos e líquidos por picnometría e viscosidades
Práctica 5. Conservación da enerxía mecánica
Práctica 6. Momento de inercia
--BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (manual de referencia).
- Tipler, Paul Allen; Mosca, Gene, "Física para a Ciencia e a Tecnoloxía", en dous volumes, 5ª ou 6ª edición, Editorial Reverté, 2006.
- Disponible online en prelo.usc.es: Calvo Iglesias, Encina."Introdución á física", Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2015
--O alumno poderá consultar se así o desexa a seguinte BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Un libro equivalente ao manual de referencia é:
- Young, Hugh D.; Freedman, Roger A., “Sears y Zemansky Física Universitaria con Física Moderna”, edición 13, Editorial Pearson - Addison-Wesley, 2013.
Pódese ver tamén:
Rex, Andrew; Wolfson, Richard, "Fundamentos de Física", Editorial Pearson Educación S.A., 2011.
- Disponible online en prelo.usc.es: Trenzado Diepa, José Luis. "Física" Las Palmas de Gran Canaria Servicio de Publicaciones y Difusión Científica de la ULPGC 2014
--A guía docente da materia e os guións e o resto de material para as actividades de laboratorio estarán dispoñibles no campus virtual da USC.
--1. COMPETENCIAS XERAIS.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción
na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos
coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
CB1 - Que os estudantes demostren ter e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación
secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns
aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
--2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
CE25 - Ser capaz de relacionar a química con outras disciplinas.
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE15 - Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e formular estratexias para solucionalos.
CE20 - Ser capaz de interpretar datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en términos do seu significado e
das teorías que os sustentan.
CE22 - Comprender a relación entre teoría e experimentación.
--3. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS.
CT10 - Adquirir razoamento crítico.
CT12 - Adquirir unha aprendizaxe autónoma
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT4 - Ser capaz de resolver problemas.
--CLASES EXPOSITIVAS EN GRUPO GRANDE. (28 horas)
Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia...). Habitualmente estas clases seguirán os contidos do Manual de referencia proposto.
--CLASES INTERACTIVAS EN GRUPO REDUCIDO (SEMINARIOS). (22 horas)
Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios...
Estas clases incluirán tamén actividades que impliquen a participación directa do estudante, como saídas ao encerado ou realización individual de exercicios, e entregas de traballos realizados tanto na propia clase como en horas non presenciales, que contribuirán á avaliación continua do estudante (ver detalles completos no apartado adicado ao sistema de avaliación).
--TITORÍAS DE ENCERADO EN GRUPO MOI REDUCIDO. (2 horas)
Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas. Estas clases poderán incluir tamén actividades que contribuirán á avaliación continua do estudante (ver detalles completos no apartado adicado ao sistema de avaliación).
--CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO. (8 horas)
Inclúense aquí clases que terán lugar nun laboratorio de prácticas, e nas que se adquiren as habilidades propias dun laboratorio de Física e consolida os coñecementos adquiridos no resto das clases. Consistirán en dúas sesións de prácticas, de 4 horas cada unha. Para estas actividades, o alumno disporá de guións e outros materiais complementarios (por exemplo programas informáticos de axuda). O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo consultado atentamente estes guións e materiais. Os alumnos empregarán os postos instrumentais de acordo coas dispoñibilidades de tempo e espazo. Cada alumno recollerá por escrito o desenvolvemento das actividades, cálculos e resultados que procedan, que presentará de xeito individual o mesmo día ou sesión seguinte, e serán avaliados contribuíndo á avaliación continua do estudante. De acordo coa normativa xeral establecida para todo o grado, a obtención dunha cualificación de non apto na devandita avaliación implica a imposibilidade de aprobar a materia na convocatoria corrente. As cualificacións de apto, ou superior, na devandita cualificación, serán conservadas para posibles convocatorias sucesivas por dous anos (ver apartado de avaliación).
A non asistencia ao laboratorio impedirá a cualificación de apto nas actividades correspondentes, o que á súa vez impedirá a cualificación de apto na materia (excepto para repetidores que xa obtivesen unha cualificación de apto nesas actividades en algún dos dous cursos anteriores, ver detalles no apartado de avaliación).
---1A. Para o non contemplado nos presentes criterios seguiranse as normativas de carácter xeral establecidas para o grao de Química da USC e as establecidas para a USC na "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" (dispoñible públicamente). Isto é de aplicabilidade tamén no tocante á posibilidade de obter unha cualificación de "non presentado".
---1B. “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
---2. PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
--2.1. No referente ás consecuencias das faltas de asistencia e de participación activa do alumnado sobre a súa avaliación, serán de aplicación os criterios xerais expresados na documentación mencionada no punto 1. Organizaranse as debidas recuperacións, de acordo cos profesores, sempre que as inasistencias sexan debidamente xustificadas.
-2.2. Asignarase unha cualificación, en escalas de 0 a 10, aos seguintes items, determinando as notas parciais que se indican:
nota a = Cuestionarios e traballo escrito e/ou oral correspondente ás clases de tutorías.
nota b = Problemas e traballo escrito e/ou oral correspondente ás clases de seminario.
nota c = Traballo correspondente ás clases de laboratorio.
nota d = Exame final. Consistirá nun conxunto de cuestións teórico-prácticas que verifiquen as competencias do alumno.
-2.3. A nota da avaliación continua resultará da ponderación seguinte:
25%(nota a) + 50%(nota b) + 25%(nota c)
Para obter esta nota é necesario realizar, polo menos, o 80% das actividades propostas nas clases expositivas e de seminario e o 100% das propostas nas clases de titorías.
-2.4. Se a nota correspondente ao laboratorio, nota c, é inferior a 5 o alumno figurará en acta como suspenso.
-2.5. Sen prexuízo do expresado no punto anterior, a cualificación definitiva do alumno será a maior entre a nota do exame final (nota d) e a que resulte de ponderar a nota do exame final cun peso do 60% coa nota da avaliación continua (items a, b, c, ponderados segundo o apartado 2.3) cun peso do 40%. Para aplicar esta ponderación requírese que a nota do exame final (nota d) sexa maior ou igual a 3,5/10.
---3. SEGUNDA OPORTUNIDADE:
-3.1. A avaliación dos alumnos na oportunidade extraordinaria de recuperación seguirá os mesmos criterios que na ordinaria agás en que se conservarán as notas a, b, c da oportunidade ordinaria inmediatamente anterior.
---4. ALUMNOS REPETIDORES DE CURSOS ANTERIORES:
-4.1. Aos alumnos repetidores que teñan obtido unha nota c superior ou igual a 5 nunha edición previa, conservaráselles esa cualificación durante un máximo de dous cursos académicos. Polo tanto, non terán que realizar novamente as actividades de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os restantes alumnos.
-4.2. Os restantes alumnos repetidores terán as mesmas normas de asistencia e o mesmo sistema de avaliación que os alumnos matriculados por primeira vez na materia.
---5. AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
- Clases interactivas: CG3, CG5, CE25, CE14, CE15, CT10, CT12, CT1, CT4
- Tarefas non presenciales: CG3, CG5, CE25, CE14, CE15, CT10, CT12, CT1, CT4
- Tutorías en grupo moi reducido: CE25, CE14, CE15, CT10, CT12, CT1, CT4
- Clases prácticas de laboratorio: CG3, CE20, CE22, CE15, CT10, CT1, CT4
- Exame final: CG3, CB1, CE25, CE14, CE15, CE20, CE22, CT10, CT12, CT1, CT4
--TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
-Clases expositivas en grupo grande: 28 horas
-Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 22 horas
-Titorías en grupo reducido: 2 horas
-Prácticas de laboratorio: 8 horas
-Total horas traballo presencial no aula ou no laboratorio: 60 horas
--TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
-Resolución de exercicios, ou outros traballos: 30 horas
-Preparación das actividades de laboratorio e traballos asociados: 10 horas
-Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas
(TOTAL HORAS TRABALLO: 150)
--RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA.
- É moi importante asistir ás clases expositivas.
- É importante manter o estudo da materia "ao día".
- Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista e un esquema gráfico con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
- É imprescindible a preparación das actividades antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada actividade e, a continuación, é necesario ler con atención os guións, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento da actividade. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
--RECOMENDACIÓNS DE CARA Á AVALIACIÓN.
O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas poden acudir nas horas de titoría do profesor, para analizar o problema e resolver esas dificultades. É moi importante á hora de preparar o exame resolver algúns dos exercicios que figuran ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia.
--RECOMENDACIÓNS DE CARA Á RECUPERACIÓN.
O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito e así o desexen o proceso de avaliación e as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia.
Profesor coordinador curso 2024-25: J. Antonio Veira Suárez
Carolina Torron Casal
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814023
- Correo electrónico
- carolina.torron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Antonio Veira Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814032
- Correo electrónico
- antonio.veira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Maria Gonzalez Alemany
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814058
- Correo electrónico
- manuel.alemany [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfredo Crespo Otero
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Correo electrónico
- alfredocrespo.otero [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Química Física (planta baixa) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Bioloxía (3º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Bioloxía (3º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
11.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
11.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |