Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Desenvolvemento da capacidade de xerar hipóteses xenéticas sinxelas. Dedución dos distintos modos de herdanza dos xenes. Introdución ao coñecemento da dinámica dos xenes en poboacións naturais. Coñecementos básicos da función dos xenes. Resolución de casos prácticos. Adquisición de habilidades na procura e xestión de información científica
PROGRAMA DAS CLASES EXPOSITIVAS (36 H)
TEMA 1: IDENTIFICACIÓN DEL MATERIAL HEREDITARIO E PROPIEDADES DOS ÁCIDOS NUCLEICOS (4 H)
TEMA 2: ORGANIZACIÓN DO ADN NOS CROMOSOMAS (4 H)
TEMA 3: REPLICACIÓN DO ADN. I. PROCARIOTAS (3 H)
TEMA 4: REPLICACIÓN DO ADN. II. EUCARIOTAS (2,5 H)
TEMA 5: TRANSCRICIÓN DO ADN (5 H)
TEMA 6: O CÓDIGO XENÉTICO (2,5 H)
TEMA 7: LEIS DA HERDANZA: MENDELISMO (4 H)
TEMA 8: BASE CROMOSÓMICA DA HERDANZA E LIGAMIENTO AO SEXO (3 H)
TEMA 9: LIGAMIENTO E RECOMBINACIÓN (3 H)
TEMA 10: XENÉTICA CUANTITATIVA (4,0 H)
AULA INVERTIDA (1 H)
Tema 11: HERDANZA DO ADN MITOCONDRIAL
PROGRAMA DOS SEMINARIOS (12 H)
Resolución de preguntas e problemas relacionados cos contidos teóricos impartidos nas clases expositivas.
SEMINARIO 1: IDENTIFICACIÓN DEL MATERIAL HEREDITARIO E PROPIEDADES DOS ÁCIDOS NUCLEICOS (1 H)
SEMINARIO 2: PROPIEDADES DE LOS ÁCIDOS NUCLEICOS E ORGANIZACIÓN DO ADN NOS CROMOSOMAS (1 H)
SEMINARIO 3: REPLICACIÓN DO ADN EN PROCARIOTAS E EUCARIOTAS (1 H)
SEMINARIO 4: TRANSCRICIÓN DO ADN (1 H)
SEMINARIO 5: TRANSCRICIÓN DO ADN E CÓDIGO XENÉTICO (1 H)
SEMINARIO 6: LEIS DA HERDANZA: MENDELISMO (1 H)
SEMINARIO 7: LEIS DA HERDANZA: MENDELISMO (1 H)
SEMINARIO 8: BASE CROMOSÓMICA DA HERDANZA E LIGAMIENTO AO SEXO (1 H)
SEMINARIO 9: LIGAMIENTO E RECOMBINACIÓN (1 H)
SEMINARIO 10: LIGAMIENTO E RECOMBINACIÓN (1 H)
SEMINARIO 11: XENÉTICA CUANTITATIVA (1 H)
SEMINARIO 12: XENÉTICA CUANTITATIVA (1 H)
PROGRAMA DE PRÁCTICAS (5 H)
Análise da herdanza de caracteres morfolóxicos no millo e elaboración de cariotipos humanos. Estas dúas prácticas realizaranse en dúas sesións e terán unha duración de 2,5 horas cada unha.
PROGRAMA DE TITORÍAS (1 H)
Explicaranse os eixos fundamentais da programación da materia, achegaranse as recomendacións para organizar máis eficazmente o seu estudo e resolveranse as dúbidas que o alumno poida ter en relación con ela.
EXAME E CUESTIONARIO (3 H)
Exame final escrito sobre todos os contidos desenvolvidos nas clases expositivas, nos seminarios e na aula invertida. Un cuestionarios tipo test, ao longo do curso, sobre parte dos contidos desenvolvidos nas clases expositivas e seminarios correspondentes.
Todos os contidos desenvolveranse de forma presencial, agás os incluídos na aula invertida, que serán mesturados.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
• Benito, C. y Espino, F.J. eds., 2013. Genética: conceptos esenciales. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
• Griffiths, A.J.F., Wessler, S.R., Lewontin, R.C., y Carroll, S.B., 2008. Genética. 9ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
• Klug, W.S., Cummings, M.R., Spencer, C.A., y Palladino, M.A., 2013. Conceptos de genética. 10ª ed. Madrid: Pearson Educación.
• Krebs, J.E., Goldstein, E.S., y Kilpatrick, S.T., 2012. Lewin Genes: fundamentos. 2ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
• Pierce, B.A., 2015. Genética: un enfoque conceptual. 5ª ed. Madrid: Médica Panamericana.
• Pierce, B.A., 2020. Genetics: a conceptual approach. 7th ed. New York: Freeman and Company.
Os estudantes terán acceso á plataforma da Editorial Médica Panamericana onde poderán consultar abertamente os seguintes textos: Benito, C. e Espino, J. 2012. Genetics: essential concepts e Pierce, B.A., 2015, Genetics: a conceptual approach. Así mesmo, se pode acceder á versión electrónica do libro Klug, W.S. et al. 2013. Conceptos de Xenética.
O acceso aos manuais electrónicos realizarase a través dos recursos electrónicos reBUSCa da USC da Biblioteca Universitaria.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Os textos de Xenética recomendados na Bibliografía Básica inclúen preguntas e problemas en cada un dos seus capítulos. Abaixo amósase unha lista dalgúns libros específicos, con coleccións de exercicios e problemas de Xenética resoltos:
• Benito Jiménez, C., 2002. 360 problemas de genética: resueltos paso a paso. Madrid: Síntesis.
• Benito Jiménez, C., 2015, 141 problemas de genética: resueltos paso a paso. Madrid: Síntesis.
• Rubio, J. et al. eds., 1982. Problemas de genética. Madrid: Akal.
• Elrod, S., Stansfield, W., 2010. Schaum's Outline of Genetics, Fifth Edition. New York. McGraw-Hill.
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con03, Con05, Con06, Con07.
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D06, H/D09, H/D13.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05.
• Expositivas
Clases maxistrais presenciais, nas que o profesor explicará os conceptos da materia co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Os estudantes terán as presentacións en PowerPoint para cada un dos temas do programa teórico no Campus Virtual, antes da súa explicación na clase. Asistencia no obligatoria.
• Aula invertida
A docencia do tema 11 realizarase seguindo o modelo de aula invertida. O alumnado buscará, procesará e analizará información sobre as características e a herdanza do ADN mitocondrial de forma autónoma e non presencial. O alumnado poderá aclarar dúbidas durante o horario de titoría de despacho de forma presencial. De ser necesario, empregarase a ferramenta telemática (síncrono) de software corporativo da USC, Microsoft Teams.
• Seminarios
Presenciais e en pequenos grupos. O profesor proporcionará, a través do Campus virtual e con suficiente antelación, boletíns con preguntas e problemas non resoltos relacionados cos diferentes temas do programa. Os alumnos intentarán resolver os boletíns antes das sesións e calibrar de forma autónoma o seu progreso na materia. Nos seminarios, o profesor abordará as dúbidas formuladas polos alumnos. Asistencia non obligatoria
• Prácticas
Na sesión de prácticas realizaranse dúas actividades. A primeira consistirá na análise da herdanza de caracteres morfolóxicos no millo e a segunda na análise de cariotipos humanos con diferentes mutacións cromosómicas. En relación coa primeira actividade, o alumnado deberá recoller datos e analizalos para elaborar unha hipótese sobre o modo de herdanza do caráacter que se analiza. En canto á segunda actividade, o alumnado realizará polo menos un cariotipo.
O alumnado elaborará unha memoria de prácticas na que deberá recoller a actividade realizada, así como responder ás preguntas formuladas polo/a profesor/a. Asistencia non obrigatoria.
• Titoría
Proporcionarase información detallada sobre a programación da materia (obxectivos, programa de clases, seminarios, prácticas, sistema de avaliación, etc.) e publicarase a Guía Docente no Campus Virtual. Asistencia non obrigatoria.
• Exame e cuestionario
No exame final escrita avaliarase o nivel de coñecemento acadado polo alumno ao longo do curso sobre os contidos desenvolvidos nas clases expositivas, seminarios e aula invertida. Ao longo do curso realizarase un cuestionario tipo test sobre os contidos desenvolvidos nas clases expositivas e seminarios para avaliar a progresión do alumnado na materia. Exame final de asistencia obrigatoria. Cuestionario de asistencia non obrigatoria.
• Titorías de Despacho
O alumnado poderá solicitar, se é o caso, titorías individualizadas para resolver dúbidas sobre a impartición da materia en horario de titorías de despacho (6 horas semanais) de forma presencial que se anunciará ao comezo do curso, previa cita a través do correo electrónico. De ser necesario, empregarase a ferramenta telemática (síncrona) do software corporativo da USC Microsoft Teams. As dúbidas do alumnado non serán atendidas a través do correo electrónico, por tratarse dunha ferramenta inadecuada para tal fin. Asistencia non obrigatoria.
A nota final será unha media ponderada das notas obtidas polos alumnos nas diferentes actividades docentes avaliables segundo o seguinte baremo:
-Exame final da teoría (escrito e presencial), complementario á avaliación continua. Tipo test e/ou preguntas que requirirán respostas de extensión variable, sobre os contidos desenvolvidos nas clases expositivas, seminarios e aula invertida. Valoración máxima de 10 puntos.
70% nota final. Actividade avaliable obrigatoria.
-Cuestionario: ao longo do curso realizarase 1 cuestionario tipo test. O cuestionario incluirá os temas teóricos e seminarios correspondentes que serán indicados puntualmente polo/a profesor/a.
20% nota final. Actividade avaliable non obrigatoria
-Prácticas: A avaliación desta actividade estará baseada na asistencia e participación e na entrega dunha memoria de prácticas.
10% nota final. Actividade avaliable non obrigatoria.
Competencias: Avaliaranse segundo o seguinte esquema:
- Examen e Cuestionario: Con01, Con02, Con03, Con04, Con05, Con06, Con07, H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D06, H/D09, H/D13, Comp01, Comp02, Comp03.
- Prácticas: Con01, Con03, H/D01, H/D02, H/D09, H/D13, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05.
NOTAS EXPLICATIVAS
BAREMO: Para aprobar a materia, deberá obterse unha nota mínima de 5,0 puntos (escala de 0 a 10) no exame final de teoría. A cualificación obtida no cuestionario e nas prácticas computarase sempre que o exame final estea aprobado.
CLASES EXPOSITIVAS: Asistencia non obrigatoria.
SEMINARIOS: Asistencia non obrigatoria.
PRÁCTICAS: Asistencia non obrigatoria.
Recoméndase a realización do cuestionario e as prácticas para superar a materia, aínda que son actividades avaliables non obrigatorias.
CONVOCATORIA SEGUNDA OPORTUNIDADE
Manterase as cualificacións do cuestionario e das prácticas obtidas na primeira oportunidade. Deberase realizar o exame final de teoría e manterase o mesmo baremo que na primeira oportunidade.
DATAS DE EXAMES E CUESTIONARIO
Os exames finais non se celebrarán en datas alternativas ás oficiais. Así mesmo, non se realizarán o cuestionario en data alternativas á programada.
CAMBIOS DE GRUPO
Nos seminarios e prácticas poderán realizarse cambios de grupo sempre que exista outro alumno doutro grupo co que cambiar. Estes cambios deberán solicitarse previamente por correo electrónico ao profesorado responsable da actividade que deberá autorizarlos.
ALUMNOS REPETIDORES:
Non hai necesidade de repetir as prácticas e se conservará esta parte da nota sempre que sexan iguais. En caso de modificación do contido das prácticas, ao comezo de curso, o alumnado será informado a través do Campus Virtual para que aqueles repetidores que queiran posuír estas cualificacións saiban que deben realizalas.
Non serán válidas as cualificacións do cuestionario e exames obtidos en cursos anteriores.
HORAS PRESENCIAIS (57 H):
36 horas de clases maxistrais
5 horas de prácticas de laboratorio
12 horas de seminarios
1 hora de titoría en grupo
3 horas de realización do exame
HORAS NON PRESENCIAIS (93 H):
60 horas de estudo individual
28 horas de resolución de problemas e outros traballos
5 horas de revisión bibliográfica
VOLUME TOTAL DE TRABALLO:
57 h presenciais e 93 h non presenciais= 150 h totais.
• Asistir a todas as actividades e preguntar as dúbidas que poidan xurdir.
• Resolver os boletíns de problemas e cuestions unha vez terminada a teoría de cada tema.
• Utilizar as titorías de despacho e/ou titorías telemáticas (MS-teams) para resolver calquera dúbida sobre a materia.
• Consultar fontes de información científica (bases de datos, libros, revistas, páxinas web) que enriquecerán a perspectiva e casuística tratada durante o desenvolvemento das clases.
• Estudo continuo baseado na comprensión de conceptos.
• Unha aula virtual estará operativa na plataforma Moodle a disposición do alumnado e canles de comunicación directa a través da aplicación MS-teams.
• En casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
• Prohíbese a gravación das clases e a distribución do material proporcionado no ensino da materia (presentacións en PowerPoint, boletíns de preguntas e problemas, etc.) a terceiros, por calquera medio.
Ana Maria Viñas Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816918
- Correo electrónico
- anamaria.vinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Carlos Zapata Babio
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816922
- Correo electrónico
- c.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alba Camino Mera
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- alba.camino [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral_Outros Programas
Leyre Aramburu Gonzalez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- leyre.aramburu.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
12:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
24.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |