Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Espérase que o alumnado:
coñeza e saiba manexar información química
coñeza riscos e normas de seguridade no manexo de sustancias químicas
saiba resolver problemas químicos
PPrograma de clases teóricas:
Tema 1. Ácidos e Bases
Tema 2. Procesos Redox
Tema 3. Simetría Molecular
Tema 4. Sólidos Inorgánicos
Tema 5. Compostos de Coordinación
Tema 6. Determinación Estrutural
Programa de clases prácticas:
Práctica 1.- Síntese de pentaamminclorurocobalto(III)
Práctica 2.- Síntese de de tris(2,4-pentanodionato)manganeso(III)
Práctica 3.-Corrosión
Básica (manual de referencia).
Housecroft, C.E. y Sharpe, A.G.; Química Inorgánica, 2ª ed.; Pearson/Prentice Hall, 2006
Complementaria.
Shriver&Atkins; Química Inorgánica, 4ª ed.; McGraw-Hill, 2006
Rodgers, G.E.; Química Inorgánica. Introducción a la química de coordinación, del estado sólido y descriptiva; McGraw-Hill, 1995
Petrucci, R.H., Harwood, W.S y Herring, F.G.; Química General, 8ª ed.; Pearson/Prentice Hall, 2010
No caso de non acceso á biblioteca, no link https://infolibros.org/libros-de-quimica-inorganica-gratis-pdf/ podese descargar o libro de C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, en inglés (Inorganic Chemistry) gratuitamente.
https://chem.libretexts.org/Bookshelves.
https://chem.libretexts.org/Bookshelves/Inorganic_Chemistry
1. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERÁIS
CG5 - Que os estudantes sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado, como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.- COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT12 - Adquirir unha aprendizaxe autónoma.
CT13 - Capacidade de adaptación a novas situación.
CT14- Desenvolver creatividade.
CT3 - Adquirir coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT4 - Ser capaz de resolver problemas.
3.- COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE5 - Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións na Química.
CE6 - Adquirir coñecementos dos elementos químicos e os seus compuestos. Obtención, estructura e reactividade.
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE16- Ser capaz de avaliar e interpretar datos
CE18 - Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE21- Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio.
Actividades formativas na aula coa presencia do profesor
A) Clases expositivas en grupo grande (“E” nas táboas horarias): Actividade formativa na aula coa presencia do profesor. Lección impartida polo profesor con posibles formatos diferentes (de teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia, …). O profesor pode apoiarse en medios audiovisuais e informáticos.
B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios, “S” nas táboas horarias): Actividade formativa na aula coa presencia do profesor. Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven cuestións propostas relacionadas coa teoría, aplicacións, exercicios, problemas, etc. Pódense incluír probas de avaliación. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos.
C) Clases prácticas de laboratorio (“P” nas táboas horarias): Actividade formativa no laboratorio de prácticas coa presencia do profesor. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando estes cando finalicen as prácticas, que serán avaliados.
A realización e superación das prácticas de laboratorio farase, obrigatoriamente, dentro do calendario establecido para a realización das mesmas. A asistencia a estas clases prácticas é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, naqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada se recuperará de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
D) Titorías de encerado en grupo moi reducido (“T” nas táboas horarias): Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas. Inclúense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas.
E) O alumno poderá encontrar material de apoio na aula virtual.
1. A asistencia ao 100% das clases prácticas de laboratorio é obrigatoria. As prácticas non realizadas por causas xustificadas, deberán recuperarse, de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia. As ausencias deberán estar debidamente documentadas, segundo as pautas adoptadas pola Universidade de Santiago de Compostela.
2. A avaliación consistirá en dúas partes:
2.1. Avaliación continua, que consta a súa vez de:
i. Exercicios entregados ao profesor (Ex.Entr) e/ou Exercicios feitos nos Seminarios (Ex. Sem)
iii. Prácticas de laboratorio (Pract)
2.2. Exame final (EF)
3. Cada subapartado do apartado 2 contabilizara para a nota final da seguinte maneira: Ex.Entr e Ex. Sem 20%. Pract 15%. EF 65%.
A cualificación final será a maior entre a resultante deste cálculo e a obtida no exame final. Para superar a materia, o alumno debe obter un mínimo de 5 puntos, coa cualificación correspondente ao exame final igual ou superior a 4 puntos (escala de 0 a 10).
4. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
• Organización e pulcritude no laboratorio
• Execución da práctica
• Cuestionario final de laboratorio
• Posibilidade de proba escrita sobre os contidos prácticos
Para superar a materia, o alumno debe acadar a cualificación de apto, 5 (escala 0-10), na avaliación das prácticas.
5. O exame final versará sobre todos os aspectos da materia. “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ao longo do curso evalúanse as seguintes competencias:
Evaluación de Competencias Clases de Seminarios Prácticas de laboratorio Clases de Tutorías Examen Final
CG5------------------------------------------------------------x---------------------------------------- x
CB2------------------------------------x---------------------------------------------------------------- x
CB3------------------------------------x----------------------------------------------x
CB4------------------------------------x-----------------------------------------------------------------x
CB5------------------------------------x-----------------------------------------------------------------x
CT12-----------------------------------x-----------------------x
CT13-----------------------------------x-----------------------x
CT14-----------------------------------x---------------------------------------------x
CT3------------------------------------x-----------------------x
CT4------------------------------------x-----------------------x-----------------------------------------x
CE5------------------------------------x-----------------------x-----------------------------------------x
CE6------------------------------------x-----------------------x-----------------------------------------x
CE14-----------------------------------x-----------------------x-----------------------------------------x
CE16-----------------------------------------------------------x---------------------x-------------------x
CE18----------------------------------x------------------------x-----------------------------------------x
CE21-----------------------------------------------------------x
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO HORAS
Clases expositivas en grupo grande 28
Clases interactivas en grupo reducido (seminarios) 12
Clases interactivas en grupo moi reducido (titorías) 2
Prácticas de laboratorio 12
Exame 3
Total de horas de traballo presencial na aula 57
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudio autónomo individual ou en grupo 44
Resolución de exercicios, ou outros traballos 25
Preparación de presentacións orais,
escritas, elaboración de exercicios propostos;
actividades en biblioteca ou similar 12
Preparación do traballo de laboratorio e
elaboración do caderno de prácticas 12
Total horas traballo persoal do alumno 93
• É moi importante asistir ás clases e manter “ó día” o estudio da materia.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos aspectos importantes, identificando os puntos fundamentais e as relacións básicas que se deben recordar, e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é importante para o aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identifica-las ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasa-los conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entende-los obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que poidera xurdir deberá ser consultada co profesor.
Aos estudantes repetidores que aprobasen as prácticas de laboratorio conservaráselles a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os demais alumnos.
Maria Esther Garcia Fernandez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814241
- Correo electrónico
- mesther.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Martinez Calvo
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814238
- Correo electrónico
- miguel.martinez.calvo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Velo Heleno
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- mariaisabel.velo.heleno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Diego Sanchez-Brunete Gayoso
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- diego.sanchez-brunete [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |