Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao final da materia espérase que o alumnado sexa capaz de coñecer os mecanismos das reaccións inorgánicas máis importantes: de substitución, de transferencia electrónica e de ligandos. Ademais debe saber aplicar os conceptos da química organometálica, a química de coordinación e a química de materiais a algunhas reaccións catalíticas importantes.
Tema 1. Reaccións de sustitución de ligandos.
Tema 2. Reaccións de adición oxidante.
Tema 3. Reaccións de eliminación reductora.
Tema 4. Reaccións de acoplamiento oxidante.
Tema 5. Reaccións de inserción.
Tema 6. Ataque nucleófilo ós ligandos.
Tema 7. Ataque electrófilo ós ligandos.
Tema 8. Catálise.
Básica (manual de referencia):
- R. H. CABTREE, E. PERIS FAJARNÉS, “Química Organometálica de los metales de transición”, Publicacions de la Universitat Jaume I, 1997.
Complementaria:
- G. O. Spessard, Gary L. Miessler, "Organometallic chemistry" New Jersey : Prentice-Hall, cop. 1997
Xerais:
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Específicas:
CE4 – Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
CE11 – Comprender a relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais: incluíndo macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides e outros materiais.
CE13 – Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE15 – Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
CE16 – Ser capaz de avaliar e interpretar datos.
Transversais.
CT6 – Realizar traballo en equipo.
CT7 – Realizar traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
CT8 – Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
CT9 – Desenrolar habilidades nas relacións interpersoais.
CT10 – Adquirir razoamento crítico.
CT11 – Lograr compromiso ético.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía.
B) Seminarios: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non os manexarán en clase. Durante estas clases resolveranse os exercicios propostos no boletín de problemas que acompaña a cada un dos temas. Os alumnos participan activamente nestas clases, discutindo as solucións dos exercicios co profesor. Estas clases incluirán a realización dun pequeno control para avaliar o progreso do alumno.
Os seminarios teñen un carácter teórico/práctico, aínda que as cuestións teóricas desenvolvidas nestas clases asócianse a exercicios dos boletíns e introdúcense de forma interactiva cos alumnos. Debido a este carácter, asignáronse 13 horas ás clases de seminario e non 6 como aparece na atribución de créditos ECTS. En calquera caso, estas clases están máis centradas na interacción co alumno.
C) Titorías en grupo reducido: Supoñerán 2 horas para cada alumno. Nestas clases resolveranse exercicios propostos nos boletíns de problemas que acompañan a cada tema, e discutiranse todas as dúbidas e preguntas expostas polos alumnos. As titorías incluirán a realización dun pequeno control para avaliar o progreso do alumno.
A cualificación de cada alumno realizarase mediante avaliación continua e realización dunha proba final. A avaliación continua farase por medio de controis escritos realizados durante as clases de seminario e titorías. A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dunha proba final escrita e común para todos os alumnos.
Distribución da cualificación
(a) Exame: 70%
(b) Traballos e actividades (seminarios e titorías): 30% (25% controis, 5% asistencia)
A cualificación final do alumno distribúese en dúas seccións:
a) Realizarase un exame ao final do cuadrimestre no que se avaliará a aprendizaxe dos contidos e a capacidade para a resolución de problemas de forma individual.
b) Nos seminarios e titorías avaliarase a capacidade de resolución de problemas individualmente ou en grupo, a través da realización dun control ao final destas clases. A discusión das distintas cuestións expostas cos alumnos permitirá o seguimento da evolución do alumno, incluíndo a capacidade de análise e síntese, e a capacidade para aprender de maneira autónoma algunha cuestión puntual exposta polo profesor.
A cualificación da avaliación continua comunicaráselle ao alumno antes do exame.
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación da materia e terá en conta o resultado dos controis realizados durante as clases interactivas (25%) e a asistencia ás mesmas (5%). Non se prevé a entrega de ningún traballo non realizado durante os seminarios ou titorías.
Para superar a materia haberá que obter, como mínimo, un 50% da cualificación global. Para obter unha nota final como media ponderada dos distintos apartados, esixirase alcanzar unha puntuación mínima dun 40% no exame final.
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa de avaliación continua.
Aqueles alumnos que non se presenten ao exame final constarán como “non presentados”.
O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, todos os pormenores atopados na aprendizaxe dos contidos da materia.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
-Exame final: Coñecemento adquirido do programa (competencias xerais CG2, CG3, CG4, CG5 e competencias específicas CE4, CE11, CE13, CE15, CE16).
-Asistencia e traballo realizado nas clases interactivas (competencias xerais CG2, CG3, CG4, CG5, competencias específicas CE4, CE11, CE13, CE15, CE16 e competencias transversais CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Distribución da actividade formativa en créditos ECTS:
Traballo presencial en aula:
-Clases expositivas en grupo grande: 28 horas.
-Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 6 horas.
-Titorías: 2 horas.
Total horas traballo presencial na aula: 36 horas.
Traballo persoal:
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 46.5 horas.
-Preparación de probas e traballos: 12 horas.
Total horas traballo persoal do alumno: 76.5 horas.
Total: 112.5 horas.
Para seguir con proveito este curso, os alumnos Terán seguido un curso xeral de Química Inorgánica e outro de Química Orgánica. Ademáis deben estar familiarizados coa obtención, estructura e enlace nos compostos organometálicos dos metais de transición. É tamén importante que estén familiarizados coas técnicas instrumentais, principalmente IR e RMN, de determinación estructural dos compostos químicos.
Igualmente:
a) É aconsellable asistir ás clases expositiva.
b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas recoméndase ler os libros de texto propostos.
c) Unha vez finalizada a lectura dun tema nos libros de texto de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
d) É importante realizar as actividades propostas polo profesor nas clases interactivas e nas titorías de grupo.
As clases impartiranse en castelán.
Antonio Sousa Pedrares
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814240
- Correo electrónico
- antonio.sousa.pedrares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Analítica (2º andar) |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Técnica (planta baixa) |