A facultade de Física conta con 11 aulas de docencia de distinta capacidade. Para a formación práctica, conta con varios laboratorios: Física Xeral, Física Cuántica, Mecánica e Ondas, Termoloxía, Electrónica, Estado Sólido, e Electromagnetismo. Así mesmo, dispón dunha aula de informática para a docencia, dotada con ordenadores.
Existen tamén espazos habilitados para o alumnado, como unha aula de informática de acceso libre equipada con ordenadores.
O centro dispón dunha Biblioteca Intercentros, compartida coa facultade de Óptica e Optometría, que concentra os fondos específicos desta titulación e que conta con máis de 140 postos de lectura.
A facultade de Química conta con 12 aulas de docencia de distinta capacidade, 2 aulas de seminario e 2 aulas de informática con equipamento docente. Para a formación práctica, conta con varios laboratorios.
Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:
- 2 aulas de informática de acceso libre equipadas con ordenadores.
- 2 salas de estudo.
O centro dispón dunha biblioteca, que contén os fondos específicos desta titulación e que conta con máis de 200 postos de lectura. Atópase nos andares segundo e terceiro da Facultade.
Tamén hai que destacar que desde calquera punto das dúas Facultades é posible a conexión sen fíos a Internet.