Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Carácter: Obrigatorio
Código: G1041326
Convocatoria: 2do semestre
Créditos: 6 ECTS (4.5 teórico-prácticos + 1.5 prácticas con computador)
Modulo: Módulo 2: Química Analítica.
Respecto doutros módulos, relaciónase coa materia de Estatística Aplicada e Informática para Químicos, de módulo de Formación Básica Transversal.
Esta materia é clave no módulo de Química Analítica porque lle proporciona ao alumno os coñecementos básicos necesarios para abordar a extracción de información dos datos químicos e para abordar o seu traballo con criterios de calidade contrastables.
Por parte do alumno, esperase que:
1.-Coñeza a metroloxía dos procesos químicos incluída a xestión de calidade.
2.-Dispoña de coñecementos teóricos e prácticos necesarios para planificar, aplicar e xestionar a metodoloxía analítica máis adecuada para abordar problemas de índole medioambiental, sanitario, industrial, alimentario ou de calquera índole relacionada con sustancias químicas.
3.-Poida explicar de maneira comprensible fenómenos e procesos relacionados coa Química Analítica
4.-Comprenda e poida utilizar a información bibliográfica e técnica referida os procesos químicos analíticos.
Quimiometría e proceso analítico. (Bloque I .-Tema 1)Métodos de redución do espazo das variables. Métodos de recoñecemento de modelos, análise supervisada e análise non supervisada. (Bloque III. temas 6 y 7).Calibración Multivariada.(Bloque III. Tema 8). Deseño de experimentos e optimización de experimentos. (Bloque II.- Deseño experimental) Xestión e control de calidade. (Bloque IV. Tema 9). Sistemas de calidade. (Bloque IV. Tema 9) Certificación de sistemas de calidade e Acreditación de laboratorios. (Bloque IV. Tema 11). Control estatístico de procesos. (Bloque IV. Tema 10). Ferramentas. (Bloque IV. Tema 9) Sistemas Seis sigma.(Bloque IV. Tema 9)
A materia está dividida en catro bloques:
Bloque I.- Introdución.
Tema 1.- Quimiometría e Cualimetría: o papel das matemáticas e a estatística na química
Bloque II.- Deseño experimental
Tema 2. Introdución ao deseño experimental
Tema 3. Deseños factoriais a dous niveis
Tema 4. Deseños factoriais fraccionais a dous niveis
Tema 5. Deseños a máis de dous niveis
Bloque III.- Análise Multivariable
Tema 6. Redución do espazo das variables.
Tema 7. Técnicas de clasificación
Tema 8. Calibración multivariada
Bloque IV.- Control e Xestión de calidade
Tema 9. Xestión da calidade total. Conceptos e ferramentas.
Tema 10. Control estatístico de procesos
Tema 11.-Certificación e acreditación da calidade
Contido Prácticas:
Práctica 1.- Deseño de experimentos
Práctica 2.- Análise Multivariable
Practica 3.- Control de calidade
Bibliografía Básica (manual de referencia).
D.L. Massart, B.G.M. Vandeginste, L.M.C. Buydens, S.De Jong, P.J. Lewi, J-Smeyers-Verbeke. “Handbook of Chemometrics and Qualimetrics, Parts A and B”. Elsevier, Amsterdam 1997-1998. ISBN: 9780080551906 y 9780080887036. Tamén dispoñible en formato electrónico
Bibliografía Complementaria.
Texto para os temas dedicados a control de calidade
D.H. Besterfield. “Control de calidade (8ª ed)”. Pearson-Prentice Hall, Mejico, 2009
Texto para os temas relacionados coa xestión da calidade.
J.R. Evans, W. M. Lindsay. “Administración e control da calidade”. Thomson, Méjico, 2005
Competencias Xerais:
•CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química Analítica.
•CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
•CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química Analítica tanto a un público especializado como non especializado.
•CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
Competencias transversais:
•CT1.-Adquirir capacidade de análise e síntese.
• CT2.-Desenrolar capacidade de organización e planificación.
• CT3.-Adquirir coñecemento dunha lingua estranxeira
• T4.-Ser capaz de resolver problemas
• CT5.- Ser capaz de tomar decisións.
Competencias especificas:
• CE25 - Ser capaz de relacionar a química con outras disciplinas.
• CE10 - Coñecer a metroloxía dos procesos químicos incluíndo a xestión de calidade.
• CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
• CE16 - Ser capaz de avaliar e interpretar datos.
• CE20 - Ser capaz de interpretar datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en términos da súa significación e das teorías que a sustentan.
• CE24 - Ser capaz de comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
As plataformas utilizadas serán as dispoñibles na USC, o Moodle mediante a aula virtual da USC e a plataforma “Microsoft Teams”.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto na Guía Docente da materia.
Todos os esquemas e presentacións a utilizar nas clases expositivas serán postos a disposición dos estudantes desde o inicio do curso a través da aula virtual da USC. De modo análogo, utilizarase este medio para fornecer aos estudantes calquera outro tipo de material que o profesor considere convinte para o desenvolvemento do curso.
B) Clases interactivas – (Seminarios) O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor; resolución de exercicios na aula, etc. Inclúense as probas de avaliación se as houbera. A asistencia a estas clases considérase un elemento da avaliación continua da materia. As entregas faranse a través da aula virtual.
C) Clases prácticas con ordenador: Nesta materia, as clases prácticas desenvólvense utilizando medios informáticos. Nelas o alumno adquire as habilidades propias relacionadas coa materia que se está impartindo e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas preparando adecuadamente a sesión en función do calendario establecido. Tras a explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, o necesario para a consecución dos obxectivos da práctica, presentando no prazo que lle sexa indicado os resultados, que serán avaliados.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente. As entregas faranse a través da aula virtual.
Está previsto utilizar software para o que a USC dispón de licencias de campus, de modo que todos os alumnos poderán descargar e instalar o software necesario nos seus propios ordenadores. Dito software opera exclusivamente sobre sistemas operativos MS Windows, e polo tanto, é recomendable dispoñer dun ordenador operando baixo ese sistema
D) Titorías: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Proporanse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, clases ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. Nalgúns casos o profesor esixirá aos alumnos a entrega de exercicios previa á celebración da titoría.
No caso de entregas, serán a través da aula virtual da USC.
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua combinada cun exame final.
O exame final, terá carácter presencial. A data de realización do exame será a que determine o centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A non participación dos/as estudantes nas clases interactivas de seminarios e titorías repercutirá de forma negativa na avaliación continua, podendo chegar á situación de cualificar esta parte da avaliación da materia cun cero. En todo caso, o alumnado conserva o dereito a presentarse ao exame. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente.
1.1. Avaliación continua, terá un peso porcentual do 30 % e constará de:
* Exercicios entregados e probas de avaliación realizadas en seminarios e titorías 10%
* Prácticas interactivas con computador 20%. Para a avaliación os ítem a avaliar serán os seguintes:
- Participación e execución das prácticas
- Exercicios entregados
Nos traballos realizados o largo do curso avaliaranse as seguintes competencias:
Clases interactivas: CG2, CG3, CG4, CG5, CT3, CT4, CE10, CE14, CE16, CE20, CE24
Prácticas de ordenador: CG3, CT1, CT2, CT4, CT5, CE10, CE14, CE20, CE24
Titorías: CG2,CG4, CT1, CT2,CT3,CE25
1.2. Exame final (EF), versará sobre os contidos teóricos da materia e os contidos prácticos relativos ás prácticas de laboratorio, e terá un peso porcentual do 70 % , desagregado en:
Contidos teóricos 52,5%
Contidos prácticos 17,5%
No exame avaliaranse as seguintes competencias: CG3, CG4, CT4, CT5,CE10,CE14, CE16, CE20, CE24
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
Será obrigatoria a realización da totalidade das prácticas de laboratorio que se programen durante o curso 2024-25. Para superar a materia, será un requisito imprescindible ter a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Aos estudantes repetidores que aprobasen a parte correspondente á avaliación continua de prácticas nun máximo de dous cursos académicos anteriores, conservaráselles a cualificación obtida da avaliación continua, polo que serán eximidos (agás que o desexen, en cuxo caso, de repetir as prácticas non se lle conservará a avaliación antiga e prevalecerá a que obteñan no curso actual) de asistir ás sesións correspondentes de aula de informática, pero deberán realizar o exame dos contidos de prácticas.
TRABALLO PRESENCIAL NA aula............HORAS.....PRESENCIALIDADE
Clases expositivas en grupo grande........ 23.................100
Clases interactivas (Seminarios)................8.............100.
Titorías en grupo moi reducido.................2.................100.
Prácticas interactivas con ordenador........20..................100
Traballo autónomo do alumno .......96
Asúmese que o estudante que está cursando esta materia superou os cursos previos de matemáticas e estatística.
O material e presentacións utilizadas polo profesor nas clases expositivas teñen como obxectivo facilitar e guiar a aprendizaxe, pero non substitúen a consulta e estudo dos textos de referencia recomendados nin constitúen en si mesmos un manual de referencia ou un texto para a preparación do exame. O alumno deberá demostrar no mesmo que realizou un esforzo persoal de aprendizaxe máis aló dos esquemas ou guións proporcionados polo profesor nas clases expositivas.
Recoméndase asemade dispoñer dun ordenador con entorno MS Windows xa que outras plataformas non soportan o programa informático utilizado en ditas sesións.
Jose Benito Quintana Alvarez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814263
- Correo electrónico
- jb.quintana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Rosario Rodil Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814272
- Correo electrónico
- rosario.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gerardo Alvarez Rivera
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814271
- Correo electrónico
- gerardo.alvarez.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Rosa Maria Montes Goyanes
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- rosamaria.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.42 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
16.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
16.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
02.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
02.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |