Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Despois de ter completado satisfactoriamente a Bioquímica, o alumnado debe poder:
- Demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías principais da bioquímica.
- Coñecer a estrutura, organización, propiedades e actividades dos compoñentes moleculares da materia viva e as transformacións que sufren nos organismos.
- Entender os procesos vitais a nivel molecular.
Contidos
Estrutura e función de macromoléculas e membranas biolóxicas. Catálisis e control das reaccións bioquímicas. A función dos metais nos procesos biolóxicos. Bioenerxética. Metabolismo. Información xenética. Estrutura, propiedades e reactividad química de biomoléculas. Metodoloxía en Bioquímica e Química Biolóxica.
CONTIDOS TEÓRICOS (28 h expositivas)
Tema 1. Introdución á Bioquímica. (1 h)
Características que definen a materia viva. Organismos biolóxicos. Concepto, obxectivos e alcance da ciencia bioquímica. Fundamentos químicos e físicos.
APARTADO I (13 h): ESTRUTURA E CATÁLISIS. ROTEIROS DA INFORMACIÓN.
Tema 2. Estrutura e propiedades das proteínas. (2,5 h)
Introdución ás proteínas. Estrutura tridimensional das proteínas. Desnaturalización das proteínas. Traballar con proteínas.
Tema 3. Función das proteínas. (1,5 h)
Algúns exemplos de función de proteínas. Hemoproteínas: transporte e almacenamento de osíxeno. Introdución ao sistema inmune e as inmunoglobulinas. Técnicas inmunológicas.
Tema 4. Encimas e catálise. (2 h)
Introdución: características e propiedades dos encimas. Nomenclatura e clasificación. Lóxica química e reacciones bioquímicas comúns. Mecanismos de catálise. Coenzimas.
Tema 5. Cinética e regulación encimática. (2 h)
Encimas Michelis-Menten e encimas alostéricas. Variación e regulación da actividade encimática.
Tema 6. Ácidos nucleicos (2 h)
Estrutura do ADN e ARN. Química dos ácidos nucleicos. Introdución á tecnoloxía do ADN recombinante: amplificación do DNA.
Tema 7. Biosíntesis dos ácidos nucleicos. (1,5 h)
Almacenamento e transmisión da información xenética. Biosíntesis do ARN. Principios da regulación xénica.
Tema 8. Metabolismo das proteínas. (1,5 h)
Biosíntese de proteínas. Destino e degradación das proteínas. Introdución á enxeñería de proteínas.
APARTADO II. METABOLISMO (14 h)
Tema 9. Ciclo do ácido cítrico (2 h)
Introdución o metabolismo. Produción de acetil-CoA. Reaccións do ciclo do ácido cítrico. Regulación do ciclo do ácido cítrico. Ciclo do glioxilato.
Tema 10. Fosforilación oxidativa. (2 h)
Introdución. Reaccións de transferencia de electróns nas mitocondrias. Síntese de ATP. Regulación da fosforilación oxidativa.
Tema 11. Metabolismo de glúcidos. (4 h)
Introdución ao metabolismo dos hidratos de carbono. Glucólisis e roteiros alimentadores. Destinos do piruvato. Gluconeogénesis. Regulación coordinada de glucolisis e gluconeogénesis. Roteiro das pentosas fosfato. Metabolismo do glucógeno en animais e a súa regulación.
Tema 12. Metabolismo de lípidos. (4 h)
Introdución ao metabolismo de lípidos. Oxidación de ácidos graxos e corpos cetónicos. Biosíntesis de ácidos graxos e triacilgliceroles. Biosíntesis de lípidos de membrana.
Tema 13. Metabolismo de compostos nitrogenados. (2 h)
Introdución ao metabolismo de proteínas. Degradación e biosíntesis de aminoácidos e moléculas derivadas. Degradación do ADN e biosíntesis e degradación dos nucleótidos.
CONTIDOS CLASES INTERACTIVAS/SEMINARIOS (10 horas presenciais)
Resolución, en pequenos grupos de traballo ou individualmente, a realizar na aula, de cuestións prácticas (problemas, preguntas de razoamento, etc.) relacionadas cos temas da materia expositiva, que sirvan para afondar no seu coñecemento.
CONTIDOS CLASES INTERACTIVAS/LABORATORIO (8 horas)
Experiencia 1 (Día 1)- Observación de células eucariotas en cultivo e obtención de extractos celulares. Análise mediante electroforese en xeles de poliacrilamida.
Experiencia 2 (Día 1)- Transformación de bacterias competentes cun plásmido con resistencia a Ampicilina.
Experiencia 3 (Día 2)- Dixestión dun plásmido con encimas de restrición. Análise mediante electroforese.
Experiencia 4 (Día 2)- Reacción en cadea da polimerasa (PCR) (Demostración)
Bibliografía básica:
-McKee, T. and McKee, J. R. 2020. Bioquímica. Las bases moleculares de la vida. 7ª ed. McGRAW-HILL Interamericana Editores. [en liña] https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/book.aspx?bookid=29…
-Nelson, David L. and Cox, Michael M. 2018. Lehninger Principios de Bioquímica. 7ª ed. Barcelona: Editorial Omega. 2021. Lehninger Principles of Biochemistry. 8ª ed. New York: Macmillan International.
Bibliografía complementaria:
- Berg, Tymoczko & Stryer. 2015. Bioquímica. 7ª ed. Barcelona: Editorial Reverté.
- Feduchi, Blasco, Romero & Yañez. 2015. Bioquímica. Conceptos esenciales. 2ª ed. México: Editorial Médica Panamericana.
- Mathews, C.K., Van Holde, K.E. & Ahern, K.G. 2013. Bioquímica. 4ª ed. Addison Wesley.
- Rodwell, V.W., Bender, D.A., Botham, K.M., Kennelly, P.J. y Weil, P.A. 2018. Harper Bioquímica ilustrada. 31ª ed. México: McGraw-Hill/Interamericana. [en liña]:
https://accessmedicina-mhmedical-com.ezbusc.usc.gal/Book.aspx?bookid=27….
- Voet, D., Voet, J.G. y Pratt, C.W. 2016. Fundamentos de Bioquímica. 4ª ed. Ed. Médica Panamericana.
XERAIS
CG2- Que os estudantes sexan capaces de xuntar e interpretar datos, información e resultados sobresaíntes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que precisen do uso de coñecementos da Química.
CG3- Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos obtidos como a capacidade de análisis e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na búsqueda das suas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4- Que teñan capacidade para comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tiempo e recursos novos coñecimentos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
ESPECÍFICAS
CE13- Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas con as áreas da Química.
CE15- Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
CE20- Ser capaz de interpretar datos procedentes de observacióes e medidas no laboratorio en términos da sua significación e das teorías que a sustentan.
CE22- Comprender a relación entre teoría e experimentación.
CE25- Ser capaz de relacionar a química con outras disciplinas.
TRANSVERSAIS
CT10- Obter razonamiento crítico.
CT11- Conseguir compromiso ético.
CT12- Obterr un aprendizaxe autónomo
CT13- Capacidade de adaptación a novas situacións.
CT14- Desenrolar creatividade.
- CLASES EXPOSITIVAS presenciais con proxeccións de ordenador e curso no Campus Virtual (incluíndo material relacionado coas clases e cuestionarios).
- SEMINARIOS presenciais en grupos reducidos onde se resolverán problemas ou cuestións. Os/as alumnos/as tamén poderán preparar e discutir temas relacionados coa materia.
- TUTORIAS en grupos reducidos onde se resolveran dúbidas expostas polos alumnos.
- CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO: clases presenciais obligatorias en grupos reducidos que se realizan nun laboratorio de prácticas, onde o/a estudante, baixo a vixilancia e orientación do profesor, realizará ensaios experimentais e cálculos para consolidar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e para familiarizarse co manexo de técnicas e metodoloxías bioquímicas.
ESTÁ EXPRESAMENTE PROHIBIDO QUE O ALUMNADO DISTRIBUA O MATERIAL DOCENTE (TANTO ESCRITO COMO AUDIOVISUAL) A PERSOAS ALLEAS O CURSO.
1. Avaliación continua (AC; 35%), que vai consistir en:
i. Resolución de exercicios, problemas e/ou cuestionarios nos seminarios (poderanse realizar orais, escritas ou con ferramentas interactivas en liña) (Ej_entr = 10%).
ii. Cuestionarios campus virtual (Cuest=15%). Haberá probas correspondentes aos bloques I e II e da materia.
iii. Prácticas de Laboratorio (Pract = 10%): puntuaranse unhas cuestions ao finalizar as prácticas. Os alumnos deberán obter una calificación de APTO (superior a 4) nas prácticas para superar a materia. As ausencias non xustificadas suporán una calificación de NON APTO.
2. Proba Final (EF = 65%). Consistirá en exercicios e cuestions relacionadas cos contidos teórico-prácticos da materia. A proba final será presencial.
Nota Final= Nota EF x 0,65 + Nota AC x 0,35. A calificación do/a estudante non será inferior a do examen final nin a obtida ponderándoa coa evaluación continua. Será necesario alcanzar un mínimo de 4 sobre 10 no exame final (aplicable nas dúas convocatorias) para que a nota da avaliación continua sexa sumada. En caso contrario, a nota final será exclusivamente a do exame. Será necesaria unha nota final mínima de 5 sobre 10 para superar a materia.
Os/as alumnos/as que non superen a materia na oportunidade ordinaria deberán presentarse á proba final na oportunidade de recuperación. A nota da evaluación continua manterase coa excepción daqueles/as alumnos/as que suspendan as prácticas: estos deberán realizar un examen de prácticas para poder recuperalas.
Aos/as estudantes que suspendan solo a parte da teoría manteráselles a nota das prácticas (sempre que sexan as mesmas) durante os 2 cursos seguintes. Os/as repetidores/as terán o mesmo réxime de asistencia as clases interactivas e o mesmo sistema de evaluación que os/as matriculados/as por primeira vez.
Ao longo do curso se evalúan as seguintes competencias:
Clases interactivas: CG2, CG3, CG4, CT10, CT12, CT14, CE13, CE15 E CE25.
Prácticas laboratorio: CG3, CT11, CT12, CT13, CE15, CE20, CE22 E CE25.
Proba final: CG4, CG5, CT12, CT14, CE13, CE22 E CE25.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais:
- 28 horas teóricas.
- 10 horas de seminarios en grupos reducidos.
- 2 horas de tutorías en grupos moi reducidos.
- 8 horas de prácticas de laboratorio.
Horas non presenciais:
- 102
Horas Totais: 150
Asistencia e participación nas actividades propostas, levar a materia ao día e consultar as dúbidas ao profesor durante as horas de tutoría.
Haberá unha aula virtual operativa na plataforma Moodle con material relativo ás clases, seminarios e prácticas. Os anuncios faranse tamén a través desta plataforma, polo que o alumnado debe revisar a miúdo o seu correo electrónico institucional.
A canle de comunicación preferente será o correo electrónico. En caso de ser necesario, poderase establecer comunicación mediante MS- Teams.
Jose Manuel Martinez Costas
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815734
- Correo electrónico
- jose.martinez.costas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Cristina Diaz Jullien
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816932
- Correo electrónico
- cristina.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Guillermo Covelo Artos
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816930
- Correo electrónico
- guillermo.covelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Daniel Abella López
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- daniel.abella [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Adrián López Teijeiro
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- adrianlopez.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Laura Rivadulla Costa
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- laura.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Paula Sanchez Gascon
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- paulasanchez.gascon [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 2.14 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Analítica (2º andar) |
13.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |