Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer as propiedades dos compostos de coordinación, relacionándoas coas características dos seus compoñentes.
• Poder realizar procedementos normais nun laboratorio inorgánico.
• Coñecer riscos e normas de seguridade no manexo de substancias químicas.
• Saber resolver problemas químicos
Programa de teoría
Tema 1. Aspectos termodinámicos dos compostos de coordinación
Tema 2. A ligazón nos compostos de coordinación
Tema 3. Propiedades espectroscópicas dos complexos dos metais de transición
Tema 4. Propiedades magnéticas dos complexos dos metais de transición
Programa de prácticas de laboratorio
- Preparación de cloruro de diclorurobis(etielendiamina) cobalto(III)
- Preparación de tris (8-hidroxiquinolato)aluminio
- Preparación de dioxalatocuprato(II) potásico
- Iones complejos y serie espectroquímica
Básica (manual de referencia)
- Housecroft C.E., Sharpe A. G., “Química Inorgánica” 2º Ed.; Prentice Hall, 2006: capítulos 6 e 20.
Complementaria
- Shriver D. F. & Atkins, P. “Química Inorgánica” 4ª ed.; McGraw-Hill, 2008: capítulo 19 e 20.
- Huheey J.E., Keiter E.A., Keiter R. L. “Química Inorgánica“. 4ª Ed. Harper Collins College Publishers. 1993
- Ribas Gispert, J., Química de Coordinación; Edicións Universitat de Barcelona, 2000. Ribas Gispert, J. Coordination Chemistry, Weinheim: Wiley-WCH, 2008.
1. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1.- Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2.- Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecemento da Química.
CG3.- Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura de solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4.- Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5.- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
2. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2. Desenvolver capacidade de organización e planificación.
CT3- Adquirir coñecementos dunha lingua estranxeira.
CT4- Ser capaz de resolver problemas.
CT5- Ser capaz de tomar decisións.
3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE7.- Coñecer as propiedades dos compostos orgánicos, inorgánicos e organometálicos.
CE13.- Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14.- Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE18.- Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorio implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE23.- Recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). O profesor pode contar co apoio dos medios audiovisuais e informáticos.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Inclúense as probas de avaliación, se as houbese.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así coma un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía para seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas co contido deste manual lido e preparado. O alumno realizará individualmente as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día, ou cando o profesor o indique, os resultados, que serán avaliados. Inclúense probas de avaliación, no caso de habelas.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. As prácticas non realizadas recuperaranse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
D) Titorías en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, supoñerán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.
E) O alumno poderá atopar material de apoio, novidades e anuncios relacionados coa materia na aula Virtual da materia.
Consideracións xerais sobre o sistema avaliación
1. A asistencia ao 100% das clases prácticas de laboratorio é obrigatoria. As prácticas non realizadas por causas xustificadas deberán ser recuperadas, de acordo co profesor. As ausencias deberán estar debidamente xustificadas e documentadas.
2. A avaliación consistirá en dous partes:
2.1. Avaliación continua (30%), que constará á súa vez de:
i. Exercicios e cuestións entregados ao profesor. Resolución de exercicios na aula por parte do alumnado.
ii. Prácticas laboratorio
2.2. Exame final (70%)
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final (primeira ou segunda oportunidade) nin á da media ponderada coa avaliación continua.
3. Cada subapartado do apartado 2.1 contabilizará para a nota final do alumno da seguinte maneira:
i: 20%
ii: 10%
4. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
• Organización e pulcritude no laboratorio
• Execución da práctica
• Cuestións das prácticas
Non será posible superar a materia sen superar as prácticas de laboratorio.
5. Aos alumnos repetidores que superasen a parte práctica da materia en anos anteriores conservaráselles a nota de prácticas por un máximo de 3 cursos académicos (incluído o curso no que se superaron as prácticas) e terán a opción de non repetir as prácticas de laboratorio nese período.
6. Avaliación de competencias
Clases de seminarios: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT3, CT4, CT5, CE7, CE13, CE14, CE23
Clases prácticas de laboratorio: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CE7, CE13, CE14, CE23
Exame final (primeira e segunda oportunidade): CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT5, CE7, CE13, CE14, CE18, CE23
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
a) Clases expositivas en grupo grande. HORAS: 23
b) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios). HORAS: 8
c) Titorías. HORAS: 2
d) Prácticas de laboratorio. HORAS: 20
TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL NA aula Ou LABORATORIO: 53 HORAS
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
a) Estudo autónomo individual ou en grupo. HORAS: 46
b) Resolución de exercicios, ou outros traballos. HORAS: 24
c) Preparación das presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou similar. HORAS: 12
d) Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas. HORAS: 15
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 97 HORAS
• É importante asistir ás clases expositivas.
• É importante manter “ao día” o estudo da materia.
• É importante a participación nas clases, especialmente as de seminario, nas que se resolverán os exercicios expostos, comentando as dificultades cos compañeiros de seminario.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos aspectos importantes, identificando os puntos fundamentais e as relacións básicas que se deben lembrar, e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é importante para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións para utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guion da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
Recomendacións de cara á avaliación:
O alumnado debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumnado para afrontar o exame final da materia. Aquel alumnado que encontre dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver as devanditas dificultades.
Recomendacións de cara á recuperación:
O profesor analizará con aquel alumnado que non supere con éxito o proceso de avaliación, e así o desexe, as dificultades encontradas na aprendizaxe dos contidos da materia.
Maria Matilde Fondo Busto
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814231
- Correo electrónico
- matilde.fondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Garcia Santos
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814956
- Correo electrónico
- isabel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Vazquez Lopez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815736
- Correo electrónico
- miguel.vazquez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julio Corredoira Vazquez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- julio.corredoira.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Maria Isabel Velo Heleno
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- mariaisabel.velo.heleno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Diego Sanchez-Brunete Gayoso
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- diego.sanchez-brunete [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Beatriz Pelaz Garcia
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- beatriz.pelaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Gimenez Lopez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- maria.gimenez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
18.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
18.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |