Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Espérase que o alumnado:
- coñeza as propiedades dos compostos organometálicos, relacionándoas coas características dos seus compoñentes.
- poida realizar procedementos de síntese e purificación dos correspondentes compostos.
- coñeza as características máis importantes dos organometálicos de transición incluídas as necesarias precaucións de seguridade no seu manexo.
- saiba resolver problemas numéricos e gráficos.
Tema 1. Introdución.
Definición de composto organometálico. Nomenclatura. Clasificación. Tipos de Ligandos.
Tema 2. Regra dos 18 electróns
Definición da regra dos 18e. Reconto de electróns segundo o criterio homolítico. Limitacións da regra.
Tema 3. Carbonilos metálicos
Síntese. Estruturas. Modos de enlace do ligando carbonilo. Enlace. Caracterización de Carbonilos metálicos mediante espectroscopia IR. Reactividade de carbonilos metálicos.
Tema 4. Ligandos de 1e e 2e
Síntese. Enlace: TOM. Estabilidade. Efecto orto. Eliminación Beta. Reactividade.
Carbenos e carbinos.
Tema 5. Ligandos de 3e.
Síntese. Enlace: sigma-alilos pi-alilos. Caracterización mediante espectroscopia de RMN de 1 H. Reactividade.
Tema 6. Ligandos de 4e
Preparación. Enlace: TOM. Reactividade. Substitución electrofílica.
Tema 7. Ligandos de 5e
Compostos con ligandos hapto5-ciclopentadienilo. Estruturas. Síntese. Enlace. Caracterización espectroscópica: IR, RMN de protón. Reactividade.
Tema 8. Ligandos de 6e e 7e
Estruturas. Síntese. Enlace. Reactividade.
Programa de clases prácticas
Práctica 1.- SÍNTESE DE ACETILFERROCENO
Práctica 2.- PURIFICACIÓN DE ACETILFERROCENO (CROMATOGRAFÍA)
Práctica 3.- CARACTERIZACIÓN DE ACETILFERROCENO
Básica (manual de referencia):
-C.E. Housecroft, A.G. Sharpe, "Química Inorgánica" 2º Ed.; Prentice Hall, 2006. Capítulo 23. Compostos Organometálicos dos elementos do bloque d. Pag. 700-740.
Complementaria:
-M. Bochmann, "Organometallics 1. Complexes with Transition Metal-Carbon (s-Bonds)", Oxford University Press, 1994, OCP nº 12.
-M. Bochmann, "Organometallics 2. Complexes with Transition Metal-Carbon (p-Bonds)", Oxford University Press, 1994. OCP nº 13.
-I. S. Butler, J. F. Harrod, “Química Inorgánica. Principios e Aplicacións”. Addison-Wesley, 1992. Capítulo 6.1 Teoría das Espectroscopias Infravermello e Raman. Pág. 161-177. Capítulo 7.1 Espectroscopia de Resonancia Magnética Nuclear. Pág. 196-211.
No caso de que non sexa posible acceder á biblioteca, noenlace https://infolibros.org/libros-de-quimica-inorganica-gratis-pdf/ pódese descargar o libro Housecroft, C.E. y Sharpe, A.G.; en inglés de forma gratuita.
COMPETENCIAS
1. COMPETENCIAS BÁSICAS Y GENERALES
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que podan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na búsqueda das súas solucións, tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedimientos, resultados e ideas en Química, tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudiar e aprender de forma autónoma, con organización de teempo e recursos novos coñecementos e técnicas en cualquera disciplina científica ou tecnolóxica.
2. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Desenvolver capacidade de organización e planificación.
CT3 - Adquirir coñecemento dunha lingua extranxeira.
CT4 - Ser capaces de resolver problemas.
CT5 - Ser capaz de tomar decisións.
3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE7 - Coñecer propiedades dos compostos orgánicos, inorgánicos e organometálicos.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feichos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos según modelos previamente desenvolvidos.
CE18 - Ser capaz de levar a cabo procedimientos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE20 - Ser capaz de interpretar datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en termos da súa significación e das teorías que a sustentan.
CE24 - Ser capaz de comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A) Clases expositivas en grupo grande (“E” nas táboas horarias): Lección impartida polo profesorado que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia,...). O profesorado pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun Manual de referencia proposto no programa da materia.
B) Clases interactivas en grupo reducido (“S” nas táboas horarias): Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios,... O alumnado participa activamente nestas clases de distintas formas: resolución de exercicios propostos en boletíns de problemas que o profesorado entrega ao alumnado coa suficiente antelación; resolución de exercicios propostos na aula, etc.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumnado adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumnado nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumnado disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumnado deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesorado, o alumnado realizará as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados, que serán avaliados.
A entrega destes resultados é un requisito adicional para a avaliación.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente naqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase de acordo co profesorado e dentro do horario previsto para a materia.
E) Titorías de pizarra en grupo moi reducido (“T” nas táboas horarias): Titorías programadas polo profesorado e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno/a 2 horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.
F) O alumnado poderá atopar material de apoio na Aula Virtual.
A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria. As ausencias deberán estar debidamente documentadas seguindo as pautas adoptadas por a Universidade de Santiago de Compostela. As prácticas non realizadas por causas xustificadas, deberán recuperarse logo de consultar ao profesor.
1. A avaliación consistirá en dúas partes:
1.1. Avaliación continua, que constará á súa vez de:
i. Exercicios entregados e/ou realizados en seminarios e titorías.
ii. Prácticas de laboratorio
1.2. Exame final (EF)
2. Cada subapartado do apartado 1 contabilizará para a nota final do alumnado do seguinte xeito:
i: 20%
ii: 10%
Exame final (EF) 70%
A cualificación final será a maior entre a resultante deste cálculo e a obtida no exame final.
3. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
- Organización e pulcritude no laboratorio
- Execución da práctica
- Cuestionario final
4. O exame final incluirá cuestións relacionadas cos aspectos teóricos da materia e nos casos en que se considere necesario cuestións relativas ás prácticas de laboratorio
Para optar á evaluación continua é necesario obter polo menos un 4 sobre 10 no exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Ao longo do curso evalúanse as seguintes competencias:
Evaluación de Competencias Clases de Seminarios Prácticas de laboratorio Clases de Tutorías Examen Final
CG2------------------------------------x------------------------ x
CG3------------------------------------x------------------------ x
CG4-----------------------------------------------------------------------------------x-------------------x
CG5--------------------------------------------------------------------------------------------------------x
CT1--------------------------------------------------------------x-------------------x
CT2--------------------------------------------------------------x
CT3------------------------------------x-------------------------x
CT4------------------------------------x-------------------------x-------------------x--------------------x
CT5--------------------------------------------------------------x-------------------x
CE7------------------------------------x-------------------------x----------------------------------------x
CE13------------------------------------------------------------------------------------------------------x
CE14----------------------------------x-------------------------------------------------------------------x
CE18-------------------------------------------------------------x
CE20-------------------------------------------------------------x----------------------------------------x
CE24----------------------------------x-----------------------------------------------x-------------------x
TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO PERSOAL
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO HORAS
Clases expositivas en grupo grande 18
Clases interactivas en grupo reducido (seminarios) 8
Clases interactivas en grupo muy reducido (titorías) 2
Prácticas de laboratorio 12
Total, de horas de traballo presencial na aula 40
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 35
Resolución de exercicios, ou outros traballos 14,5
Preparación de presentacións orais, escritas,
elaboración de exercicios propostos;
actividades en biblioteca ou similar 11
Preparación do traballo de laboratorio e
elaboración do caderno de prácticas 12
Total, horas traballo persoal do alumno 72.5
• É aconsellable asistir ás clases expositivas.
• É importante manter o estudo da materia "ao día".
• Recoméndase a preparación de cada un dos temas utilizando o manual de referencia proposto para esta materia e, en caso necesario, algún manual complementario.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os aspectos básicos relativos a cada grupo de elementos químicos que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto as súas propiedades como as reaccións químicas nas que poden participar.
• A relación entre os contidos de cada un dos temas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda realizar esquemas para aspectos como enlace, obtención e reactividade.
• É altamente desexable a asistencia e participación activa nas clases de seminario, nas que se resolverán os exercicios formulados, comentando as dificultades ao resto de compañeiros/as de seminario.
• Recoméndase a utilización das horas de titoría para resolver as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesorado.
Ao alumnado repetidor que aprobe as prácticas de laboratorio conservaráselle a cualificación obtida durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases interactivas (seminarios e titorías) en igualdade de condicións que os demais alumnos/as.
Ana Maria Gonzalez Noya
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814258
- Correo electrónico
- ana.gonzalez.noya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Sousa Pedrares
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814240
- Correo electrónico
- antonio.sousa.pedrares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Miguel Martinez Calvo
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814238
- Correo electrónico
- miguel.martinez.calvo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Garoé Medina Aguilar
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- garoe.medina.aguilar [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
26.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
26.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |