Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Se espera que os estudantes aprendan as propiedades e reactividade dos compostos orgánicos polifuncionais, adquirindo unha formación equilibrada entre a teoría e a experimentación.
Contidos teóricos.
Tema 1.- Enoles e enolatos. Condensación aldólica.
Acidez dos aldehídos e cetonas: iones enolato. Tautomería ceto-enólica. Halogenación de aldehídos e cetonas. Alquilación de aldehídos e cetonas. Enaminas. Condensación aldólica. Condensación aldólica cruzada. Condensación aldólica intramolecular.
Tema 2.- Aldehídos e cetonas alfa,beta-insaturados.
Propiedades de aldehídos e cetonas alfa,beta-insaturados. Adicións conxugadas a aldehídos e cetonas alfa,beta-insaturados. Adicións 1,2 e 1,4 de compostos organometálicos. Dialquilación alfa,beta. Adicións conxugadas de iones enolato: Adición de Michael e anelación de Robinson.
Tema 3.- Ácidos carboxílicos e derivados.
Nomenclatura dos ácidos carboxílicos. Propiedades estruturais e físicas dos ácidos carboxílicos. Carácter ácido e básico dos ácidos carboxílicos. Síntese de ácidos carboxílicos. Reducción de ácidos carboxílicos. Halogenación en alfa ao grupo carboxilo.
Tema 4.- Derivados de ácidos carboxílicos.
Substitución no carbono carboxílico: mecanismo de adición-eliminación. Preparación de halogenuros e anhídridos de ácido. Ésteres: Esterificación e hidrólisis. Lactonas. Preparación de amidas, imidas e lactamas. Reactividades relativas dos derivados carboxílicos. Reaccións dos halogenuros de ácido. Reaccións dos anhídridos de ácido. Reaccións do ésteres. Reaccións das amidas. Nitrilos.
Tema 5.- Aminas e derivados.
Nomenclatura das aminas. Propiedades estruturais e físicas. Acidez e basicidad das aminas. Métodos de síntese de aminas. Sales de amonio cuaternario: Eliminación de Hofmann. Reacción de Mannich: Alquilación de enoles con sales de iminio. Nitrosación de aminas: N-Nitrosoaminas e sales de diazonio. Nitrosación de amidas: N-Nitrosoamidas. Compostos diazo: Métodos de síntesis e reaccións.
Tema 6.- Enolatos de ésteres. Enolatos de compostos b-dicarbonílicos.
Compostos beta-dicarbonílicos: Condensacións de Claisen. Compostos beta-dicarbonílicos como intermedios sintéticos: Síntese acetilacética e síntese malónica. Química dos aniones beta-dicarbonílicos: Adicións de Michael. Equivalentes sintéticos dos anións acilo: Tioacetales cíclicos e aductos sal de tiazolio/aldehído na preparación de alfa-hidroxicetonas.
Tema7.- Compostos heterocíclicos.
Nomenclatura dos heterociclos. Heterociclos non aromáticos. Heterociclopentadienos aromáticos: Estrutura e propiedades. Reaccións dos heterociclopentadienos aromáticos. Estrutura e síntese da piridina: Un azabenceno. Reaccións da piridina. Quinolina e isoquinolina: As benzopiridinas.
Contidos prácticos
Práctica 1.- Transposición de Beckman: Síntese da acetanilida.
Práctica 2.- Condensación aldólica: Síntese da dibenzalacetona.
Práctica 3.- Síntese acetilacética: preparación da 3-metil-2-ciclohexen-1-ona.
Bibliografía básica (manual de referencia).
K. P. C. Vollhartd, N. E. Schore; "Química Orgánica: Estructura y función", 5ª ed.; Omega, 2008.
Bibliografía complementaria (libro de prácticas).
M. A. Martínez Grau, A. G. Csákÿ; "Técnicas experimentales en Síntesis Orgánica"
1ª ed.; Ed. Síntesis, 2001.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes haxan demostrado posuir e comprender coñocementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu eido de estudo.
CG1 - Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados mais importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenrolo.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razonados en problemas científicos, tecnológicos e outros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análisis e de abstracción na definición e planteamiento de problemas e na busca de solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de deito oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de xeito autónomo, con organización de tempo e recursos novas coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica e tecnológica.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
CE7 - Coñecer propiedades dos compostos orgánicos, inorgánicos e órgano metálicos.
CE13 - Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE18 - Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorio implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE22 - Comprender a relación entre teoría e experimentación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
*CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
*CT2 - Desenvolver capacidade de organización e planificación.
*CT3 - Adquirir coñecemento dunha lingua estranxeira.
*CT4 - Ser capaz de resolver problemas.
*CT5 - Ser capaz de tomar decisións.
a) Actividades docentes presencias:
Consistirán en clases expositivas, clases interactivas en grupo reducido (seminarios e clases de problemas), clases interactivas de prácticas no laboratorio e clases interactivas en grupo moi reducido (titorías).
b) Actividades docentes non presenciais:
Traballo persoal do alumno adicado á preparación da materia.
c) Aula virtual:
A través da cal se facilitará todo o material relativo á materia: Guía docente, resumos das leccións, boletíns de exercicios, avisos, etc.
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
As prácticas de laboratorio son obrigatorias e as ausencias deberán ser xustificadas documentalmente e recuperadas de acordo co profesor.
A avaliación continua (N1) terá un peso do 30% na cualificación da materia e constará de tres compoñentes: clases interactivas en grupo reducido (seminarios, 40%), clases interactivas en grupo moi reducido (titorías, 10%) e prácticas de laboratorio (50%). Os seminarios e as titorías incluirán exercicios e traballos realizados presencialmente e exercicios entregados ao profesor.
A avaliación dos seminarios e tutorías terá en conta a participación activa dos alumnos nas clases interactivas e o conxunto de exercicios realizados presencialmente y os entregados ao profesor. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes: test previo, organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica e os resultados obtidos.
O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia e incluirá cuestións relativas as prácticas de laboratorio, que contribuirán nun 15% á nota global do exame (N2).
A cualificación do alumno, que non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa nota da avaliación continua, obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:
Nota final= máximo (0.3 x N1 + 0.7 x N2, N2)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).
En todo caso, para aprobar a asignatura, será requisito imprescindible ter a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez, coa excepción seguinte:
- Aos estudantes repetidores desta asignatura teórico-práctica que teñan aprobadas as prácticas de laboratorio nunha edición anterior, conservaráselles a cualificación obtida nese apartado durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán que realizar novamente as prácticas de laboratorio, pero asistirán ás restantes clases expositivas e interactivas, en igualdade de condicións que os restantes alumnos. Tamén deberán responder á pregunta de prácticas do examen final.
Ao longo do curso serán avaliadas as seguintes habilidades:
Clases de Seminarios: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5; CE14; CT1, CT3 y CT4
Prácticas de Laboratorio: CG2, CG3; CE7, CE18, CE22; CT2, CT5
Clases de Tutorías: CG4; CE13, CE14; CT4
Exame Final: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5; CE7, CE13, CE14; CT1, CT2, CT4.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial na aula.
Clases expositivas en grupo grande: 23
Clases interactivas en grupo reducido (seminarios): 8
Prácticas de laboratorio: 20
Clases interactivas en grupo moi reducido (titorías): 2
Total de horas de traballo presencial na aula ou no laboratorio: 53 horas.
Traballo personal do alumno:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 46 horas.
Resolución de exercicios e outros traballos: 31 horas
Preparación de presentacións orais, escritas, eleboración de exercicios propostos, actividade en biblioteca ou similares: 10 horas
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas: 12 horas.
Total de traballo personal do alumno: 99 horas.
É moi recomendable a asistencia ás clases expositivas
É moi importante manter o estudo da materia “ao día” para reforzar o estudado en clase e realizar exercicios (modelo autoevaluación).
Aprender e entender conceptos e mecanismos.
Realizar exercicios para adquirir soltura e axilidade no manexo dos conceptos e recursos teóricos.
Concepcion Gonzalez Bello
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815726
- Correo electrónico
- concepcion.gonzalez.bello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Eugenio Saa Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814400
- Correo electrónico
- carlos.saa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Moises Gulias Costa
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815790
- Correo electrónico
- moises.gulias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesus Janeiro Rodriguez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- j.janeiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Alejandro Suarez Lustres
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- alejandrosuarez.lustres [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Laura Lago Lorenzo
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- lauralago.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Helena Landin Gonzalez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- helena.landin.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luis Manuel Mateo De Doni
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- luismanuel.mateo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
15.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
15.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
11.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
11.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |