O vindeiro 5 de novembro ás 17 h. no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía terá lugar a presentacion do libro “Quod vulgus vocat. Contribución á nomenclatura galega das aves” de Xosé Manuel Penas Patiño.
Xosé M. Penas Patiño foi fundador do Grupo Ornitolóxico Galego e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. Con Carlos Pedreira e Carlos Silvar publicou a Guía das Aves de Galicia e foi coordenador do Atlas de Vertebrados de Galiza (1995). En 2014 recibiu o Premio Osixeno de ADEGA “pola sua traxectoria de defensa, estudo e divulgación do noso patrimonio natural”. O seu interese pola nomenclatura de fauna vén de vello, tendo publicado con Pedreira varios traballos na revista Verba, así como a primeira lista padrón de aves de Galiza.