Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Biotecnoloxía

  • En extinción
  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2503766
    Número prazas: 50

    Decano/a ou director/a do centro:
    Jesús Ángel López Romalde
    jesus.romalde@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Javier Sampedro Jiménez
    javier.sampedro@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

    Data de publicación no BOE:
    26/12/2018

    Data da última acreditación:
    18/04/2018

    O Grao en Biotecnoloxía permite ao alumnado adquirir as competencias necesarias para desenvolver a súa actividade profesional nun sector con forte crecemento e con excelentes perspectivas laborais.

    Os estudos de Biotecnoloxía engloban as diversas aplicacións tecnolóxicas dos seres vivos e os seus derivados. Algunhas das principais áreas de traballo son a sanidade humana e animal, a enxeñería de procesos biotecnolóxicos, o sector agro-alimentario, a acuicultura ou a xestión do medio natural.

  • O Grao en Biotecnoloxía oferece as seguintes mencións:

    -Mención en Biotecnoloxía Sanitaria
    -Mención en Biotecnoloxía Industrial
    -Mención en Biotecnoloxía Agroalimentaria

    Para obter unha mención o alumnado ten de cursar como mínimo 18 créditos vinculados a un itinerario, excluídos os que corresponden ao TFG e ás prácticas externas, que non se vinculan a ningún. No entanto, o alumnado poderá obter o título de Graduado en Biotecnoloxía sen mención.

  • A Facultade de Bioloxía conta con 9 aulas xerais, 5 aulas-seminario, 3 aulas de informática, 2 aulas de videoconferencia, Aula Magna, Salón de Graos e Sala de Xuntas, todas equipadas con sistema de vídeo proxección; así como 9 laboratorios de prácticas equipados. Tamén se dispón de espazos na Escola Técnica Superior de Enxeñería para a impartición de prácticas.

    O alumnado dispón de espazos adicionais, tales como áreas de traballo en grupo e local de alumnos.

    Dende calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

    A Biblioteca de Bioloxía “ Victor López Seoane” forma parte da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela ( BUSC) e no seu conxunto reúnen os recursos bibliográficos indispensables para a titulación. Consta de dúas salas de lectura (269 postos), unha sala de traballo en grupo (20 postos).

  • O obxectivo deste Grao é que o alumnado poida desenvolver e elaborar produtos e servizos de base biolóxica, adquirindo os coñecementos e as habilidades prácticas necesarias para traballar no eido da biotecnoloxía, no sector académico, científico ou industrial.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Prácticas

    O plan de estudos para o Grao en Biotecnoloxía contempla a realización de prácticas externas por un total de 4,5 ECTS. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva as competencias adquiridas en materias do grao a través da súa inmersión nun contorno laboral representativo do seu contexto profesional futuro.

    As prácticas serán organizadas e administradas co fin de garantir a calidade, o recoñecemento académico e o aproveitamento máis adecuado por parte do alumnado. Para iso designarase un/a titor/a externo/a, pertencente á institución en que se levan a cabo as prácticas que se coordinará cun titor/a académico/a que realizará a avaliación en función da memoria que o alumnado debe realizar e do informe emitido polo/a titor/a externo/a.

    Poderán realizarse en organismos ou entidades colaboradoras, tales como empresas, entidades públicas e privadas, relacionadas co ámbito da biotecnoloxía nun sentido amplo (investigación e desenvolvemento, farmacéutica, sanidade, industria, xestión ambiental, agroalimentaria, agropecuaria, etc). Tamén poderán realizarse en instalacións da USC. Na actualidade, a Facultade de Bioloxía e a ETSE teñen acordos activos con numerosas entidades que traballan no ámbito da biotecnoloxía.

  • Para a obtención do título de Graduado en Biotecnoloxía é obligatorio a realización dun Traballo Fin de Grado (TFG) de 15 créditos ECTS, consistente nun proxecto ou traballo orixinal (individual ou colectivo) do estudante no ámbito da biotecnoloxía, a presentar individualmente perante un tribunal, en que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas previas do grao.

    O alumno poderá realizar o TFG ao longo do cuarto curso académico do grao, sempre que non teña pendentes máis de 75 créditos para completar os estudos, excluídos os correspondentes ao Traballo Fin de Grado.

    Os TFG poderán ser bibliográficos, industriais ou de investigación básica ou aplicada. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación.

  • Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2024.