Ir o contido principal

Calidade

A Facultade de Bioloxía é sabedora da importancia que ten a calidade no ensino superior para garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia da súa contorna social, económica e cultural.

Tomando como referencia a política de calidade da USC, enmarcada dentro do despregamento do seu Plan Estratéxico e o Plan de Calidade, a Facultade elabora a súa política marcándose como principal obxectivo o desenvolvemento de programas formativos que estean avalados por unha xestión de calidade como elemento clave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos nosos grupos de interese.

O Sistema de Garantía Interno de Calidade da Facultade de Bioloxía foi aprobado pola Xunta de Facultade o 26/05/2010 e polo Consello de Goberno do 27/05/2010. Obtivo unha valoración global positiva pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia  (ACSUG)

A implantación do Sistema de Garantía de Calidade foi certificado pola ACSUG en 2018.

A Facultade de Bioloxía  conta coa Acreditación Institucional outorgada polo Consello de Universidades.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2024.