Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Grao en Bioloxía

  • En extinción
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813245 (Conserxaría)
881813308 (Decanato)
facultade.bioloxia.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
estudantes de bioloxia

A Bioloxía estuda a vida desde o nivel molecular ata o ecosistema, incluíndo a especie humana, a biotecnoloxía e a conservación e xestión do medio, polo que constitúe un dos eixes fundamentais da investigación a nivel mundial. O grao en Bioloxía forma profesionais que entenden e coñecen a complexidade e diversidade dos seres vivos e a súa relación co medio.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 2501101
    Número prazas: 100

    Decano/a ou director/a do centro:
    Jesús Ángel López Romalde
    jesus.romalde@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Francisco Javier Salgado Castro
    franciscojavier.salgado@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)

    Data de publicación no BOE:
    5 de marzo de 2010

    Data da última acreditación:
    11/07/2017

    A ciencia da Bioloxía constitúe un dos piares fundamentais do coñecemento. O estudo da vida desde o nivel molecular ata o ecosistema, incluído todo o relacionado coa especie humana, a biotecnoloxía e a conservación e xestión do medio ambiente constitúe un dos eixes fundamentais da investigación básica e aplicada a nivel mundial.

    Os graduados en Bioloxía son profesionais que entenden e coñecen a complexidade e diversidade dos seres vivos e a súa relación co medio no que viven, e que os estudan a todos os seus niveis de organización baixo unha perspectiva integradora.

  • Non se contemplan

  • Non se contemplan

  • A facultade de Bioloxía conta con 10 aulas de propósito xeral de distinta capacidade. Para a formación práctica, conta con 4 laboratorios de prácticas dotados de infraestrutura con capacidade para 24 persoas, 8 laboratorios de prácticas con equipamento específico para realización de prácticas nas distintas materias, con capacidade para 20 alumnos cada un e un laboratorio con equipamento e infraestrutura para a docencia práctica, con capacidade para 24 alumnos. Así mesmo, dispón de tres aulas de informática para a docencia.

    Existen tamén espazos habilitados para o alumnado:

    • Dúas aulas de informática de uso libre que están dotadas con ordenadores.
    • Unha sala na biblioteca para a realización de traballos en equipo, con soporte informático e conexión a internet.

    O centro dispón dunha biblioteca que concentra os fondos específicos desta titulación e que conta con cerca de 300 postos de lectura.

    Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.

  • 1. Proporcionar adecuados coñecementos sobre a vida en todos os seus niveis de organización, así como das relacións que se establecen entre os distintos niveis e entre estes e o ambiente.
    2. Proporcionar os coñecementos teóricos e prácticos fundamentais para poder exercer profesionalmente en ámbitos tan diversos como a docencia, a investigación, empresas de base biotecnolóxica, sanidade, xestión ambiental, entre outros.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrales ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional
    Regulación mobilidade Facultade de Bioloxía

    Prácticas

    Prográmanse prácticas externas de carácter obrigatorio de 4,5 créditos. As Prácticas Externas poderán realizarse en forma de estancias en empresas, rotatorios pola Estacións de Bioloxía da USC, en Centros de Investigación da USC ou do CSIC, en Museos, Acuarios, Hospitais, etc.

    Regulación Prácticas en empresas Facultade de Bioloxía

  • O alumnado poderá inscribirse para a realización do Traballo de Fin de Grao unha vez superados na súa totalidade os tres primeiros cursos (180 ECTS). No momento da presentación do traballo o alumnado deberá superar todos os demais créditos necesarios para a obtención do Grao, polo menos 234 ECTS. A Facultade ofertará traballos fin de grao nos dous cuadrimestres.
    Regulación TFM Facultade de Bioloxía

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2021.