Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

TFG

As ensinanzas de Grao conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas á titulación.

O TFG consistirá na elaboración por parte do/da estudante, dun traballo persoal, no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados na titulación. Pode matricularse no TFG se lle resta por cursar un máximo de 75 créditos (excluidos os que corresponden ao TFG)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2025.