Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Acuicultura

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Centro(s)
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813245 (Conserxaría)
881813308 (Decanato)
facultade.bioloxia.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Jesus Lamas Fernandez
Contacto
jesus.lamas@usc.es

O máster proporciona ao alumnado coñecementos e destrezas para deseñar e realizar investigación en acuicultura e dar respostas profesionais de deseño e xestión de instalacións continentais e mariñas, avaliación de impacto ambiental e necesidades I+D+i para o desenvolvemento da industria acuícola. É un máster interuniversitario coas universidades de A Coruña e Vigo.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4310351
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    Jesús Ángel López Romalde
    jesus.romalde@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Jesus Lamas Fernandez
    jesus.lamas@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 19/06/2020 (DOG do 01/07/2020)

    Data da última acreditación:
    11/03/2015

    Neste máster interuniversitario das tres universidades galegas, o estudante adquirirá os coñecementos, destrezas e aptitudes básicas que lle permitirán deseñar e desenvolver a investigación no eido da acuicultura, así como deseñar, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e respostar ás necesidades de I+D+i do sector, implementando estratexias que permitan o futuro desenvolvemento da industria acuícola.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 30
    Optativas: 54
    Traballo fin de Grao: 6
    Total: 90

    Para obter unha especialidade, ademais de cursar 30 créditos OB, o TFM de 6 créditos e 12 créditos OP elixidos libremente de entre a oferta de materias optativas, vinculadas o non, o alumnado debe cumprir os seguintes requisitos:

    Especialidade Produción Acuícola (itinerario profesional)

    -Cursar as seguintes materias OP vinculadas (15 créditos):
    P1073201 Diagnóstico de enfermidades
    P1073204 Calidade e xestión da agua
    P1073206 Xestión de empresas acuícolas
    P1073208 Cultivo de microalgas e zooplancto

    -Cursar 3 créditos OP de entre as seguintes materias do itinerario:
    P1073202 Desenvolvemento de ferramentas de prevención e control
    P1073203 Ferramentas para a análise epidemiolóxica
    P1073205 Toxicoloxía e mareas tóxicas
    P1073207 Calidade, procesado e trazabilidade
    P1073209 Cultivo de macroalgas
    P1073210 Cultivo de peixes
    P1073211 Cultivo de moluscos bivalvos
    P1073212 Cultivo doutros invertebrados

    -Cursar a seguinte materia de especialización (24 créditos):
    P1073219 Prácticas en empresa:24 ECTS

    Especialidade Biotecnoloxía en Acuicultura (itinerario investigador)

    -Cursar a seguinte materia OP vinculada (3 créditos):
    P1073217 Deseño experimental e análises de datos

    -Cursar 15 créditos OP de entre as seguintes materias do itinerario:
    P1073201 Diagnóstico de enfermidades
    P1073202 Desenvolvemento de ferramentas de prevención e control
    P1073203 Ferramentas para a análise epidemiolóxica
    P1073207 Calidade, procesado e trazabilidade
    P1073208 Cultivo de microalgas e zooplancto
    P1073213 Mellora xenética
    P1073214 Xestión de recursos xenéticos
    P1073215 Xenómica estrutural e funcional
    P1073216 Aplicacións biotecnolóxicas en acuicultura
    P1073217 Deseño experimental e análises de datos
    P1073218 Análise filoxenética

    -Cursar a seguinte materia de especialización (24 créditos):
    P1073220 Iniciación á investigación

    Sen Especialidade

    -Cursar 30 créditos OP de entre as materias OP ofertadas, sexan vinculadas ou non

    -Cursar unha das seguintes materias de especialización (24 créditos):
    P1073219 Prácticas en empresa:24 ECTS
    P1073221 Proxecto de desenvolvemento novidoso:
    P1073220 Iniciación á investigación

  • O máster proporciona ao alumnado coñecementos e destrezas para deseñar e realizar investigación en acuicultura e dar respostas profesionais de deseño e xestión de instalacións continentais e mariñas, avaliación de impacto ambiental e necesidades I+D+i para o desenvolvemento da industria acuícola. É un máster interuniversitario coas universidades de A Coruña e Vigo.

  • Este Máster foi deseñado para proporcionarlle ao estudante unha formación avanzada, específica e multidisciplinar orientada á formación académica, investigadora e profesionalizante en acuicultura. Proporcionaralle ao estudante os coñecementos, destrezas e aptitudes básicos que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigacións no campo da acuicultura, deseñar, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e responder ás necesidades de i+D+i do sector, implementando estratexias que permitan o futuro desenvolvemento da industria acuícola

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    Para aqueles alumnos do Máster que desexen realizar estudos doutros cursos ou másteres, a Comisión Académica do Máster, co visto bo do Titor do alumno, facilitará a mobilidade dos estudantes e encargarase de establecer os criterios de recoñecemento dos estudos cursados.
    A Facultade de Bioloxía da USC, a facultade de Bioloxía da UVIGO e a Facultade de Ciencias da UDC, participan activamente nos programas de mobilidade de estudantes, fundamentalmente no marco dos programas para o intercambio de estudantes: SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) con universidades españolas e Sócrates-Erasmus para as europeas. Doutra banda, mediante o programa ISEP (Internacional Student Exchange Programme), as becas MAE (do Ministerio de Asuntos Exteriores) e programas de cooperación propios das Universidades, as Facultades teñen convenios para o intercambio de alumnos con diversas universidades americanas.

    Prácticas

    A materia Prácticas en Empresa é optativa da titulación, pero optativa vinculada (obrigatoria) para a especialidade profesionalizante Produción Acuícola.

    O mestrado, na actualidade (a través de convenios específicos entre as tres universidads galegas e as institucións/empresas correspondentes) ten asinados convenios de colaboración con 5 centros (entidades oficiais) de investigación/formación en cultivo (todos os centros do IEO a nivel nacional e 3 da Xunta), o Clúster de Acuicultura de Galicia, o Clúster de Acuicultura de Andalucía (CTAQUA), dous centros tecnolóxicos nacionais e un en Chile, 4 Grandes empresas de piscicultura de Galicia, 1 española e 3 internacionais, varias pequenas/medianas empresas/confrarías de moluscos, e anualmente se formalizan novos convenios con outras empresas que, poucos a pouco, van sabendo da nosa oferta de alumnos en prácticas, o que resulta atractivo en sentido recíproco. Isto permítenos ofertar anualmente entre 1,5 e 2 veces máis postos de prácticas que alumnos candidatos para a materia de Prácticas en Empresa, e entre 1 e 1,5 para alumnos de Iniciación á Investigación.

  • O Traballo de Fin de Máster constará da exposición e defensa pública dun traballo, tutorizado por un profesor do máster que recolla as competencias que o alumno adquiriu cursando o máster. Para iso utilizará como base: 1) o traballo de investigación realizado nun centro de investigación dirixido por un profesor do máster, 2) as prácticas realizadas nunha empresa do Sector, ou 3) o proxecto de desenvolvemento novidoso, segundo a opción que elixise o alumno.

  • Profesorado experto en cada área, das tres Universidades Galegas participantes, así como dos centros de Investigación aplicada en Acuicultura, empresas do Sector (nacionais e estranxeiras), o Clúster de Acuicultura e do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGaFA), entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.