Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Bioloxía Mariña

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Ciencias medioambientales y ecología.
Centro(s)
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813245 (Conserxaría)
881813308 (Decanato)
facultade.bioloxia.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Jesus Dominguez Conde
Contacto
jesus.dominguez@usc.es

O máster, de carácter interuniversitario, ten un dobre obxectivo: proporcionar coñecementos de base e de perfeccionamento para profesionais en tarefas relacionadas coa Bioloxía Mariña, e formar persoal investigador para a súa incorporación a centros científicos ou equipos de investigación de organismos públicos, privados ou de empresas.

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4312997
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    Jesús Ángel López Romalde
    jesus.romalde@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Jesus Dominguez Conde
    jesus.dominguez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Vigo

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    245/2011 do 15 de decembro (DOG do 03/01/2012)

    Data de publicación no BOE:
    28/05/2012

    Data da última acreditación:
    11/09/2017

    Este é un máster interuniversitario coas universidades de A Coruña e Vigo cun dobre obxectivo: a formación de profesionais en tarefas relacionadas coa Bioloxía Mariña e a mellora na formación dos xa dedicados a estas actividades para a súa posterior incorporación a centros científicos de investigación en Bioloxía Mariña ou a equipos de investigación de organismos públicos, privados ou empresas do sector.

  • Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:
    Obrigatorios 42
    Optativos 18
    Prácticas Externas Obrigatorias 6
    Traballo Fin de Máster 24
    Total 90

    Non se contemplan

  • O máster, de carácter interuniversitario, ten un dobre obxectivo: proporcionar coñecementos de base e de perfeccionamento para profesionais en tarefas relacionadas coa Bioloxía Mariña, e formar persoal investigador para a súa incorporación a centros científicos ou equipos de investigación de organismos públicos, privados ou de empresas.

  • Obxectivos xerais do título:

    A especial vinculación da Comunidade Autónoma de Galicia co medio mariño demanda a formación de especialistas que poidan facerse cargo da avaliación, xestión e correcta valoración da diversidade e dos recursos mariños dun área xeográfica determinada, garantindo a súa conservación dentro do marco xurídico vixente. Así mesmo, é igualmente imprescindible a formación de persoal dedicado a desenvolver tarefas docentes e investigadoras no campo da bioloxía mariña.

    Obxectivos específicos do título:

    a) Proporcionar aos alumnos as técnicas e ferramentas máis recentes e novas para deseñar e executar traballos experimentais, así como para analizar, e avaliar problemas teóricos e prácticos relacionados co ámbito da bioloxía mariña.
    b) Formalos en capacidades e competencias que permitan a súa integración en departamentos de I+D+ i ou centros de investigación doutras institucións tanto públicas como privadas.
    c) Dotalos dos coñecementos fundamentais na xestión sostible dos recursos mariños.
    d) Dotalos de ferramentas complementarias xerais que lles serán de utilidade no futuro noutras áreas biolóxicas e biotecnolóxicas relacionadas coa conservación e xestión do medio mariño.

    Conseguir estes obxectivos leva parello obter unha serie de coñecementos e adquirir unha serie de habilidades e destrezas. Entre os coñecementos que os alumnos poden adquirir neste programa, destacan aqueles sobre:
    a) Organización, estrutura, funcionamento e métodos de estudo de organismos e ecosistemas mariños.
    b) Avaliación e métodos de estudo de procesos contaminantes e outras agresións ao medio mariño.
    c) Resposta dos ecosistemas mariños á actividade antropogénica.
    d) Técnicas de análise molecular e as súas aplicacións en acuicultura, pesqueiras, trazabilidade, conservación e evolución.
    As habilidades e destrezas que os estudantes poderán adquirir serán diversas. De forma xeral pódense destacar que recibirán instrucción sobre:
    a) Procura e utilización de bibliografía científico-técnica.
    b) Manexo de software básico para a análise de datos e a avaliación de procesos.
    c) Manexo de instrumental para a mostraxe de comunidades naturais e cuantificación de variables ambientais. Aplicación de técnicas de tratamento estatístico de datos.
    d) Redacción e elaboración de informes técnicos e artigos científicos.
    e) Emprendemento de iniciativas e toma de decisións relacionadas con impactos ambientais nos ecosistemas mariños.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    Debido ao duplo perfil do máster, a Comisión Académica proporá diferentes opcións para a realización de prácticas externas vinculadas pola temática coa orientación do máster cursada, que permitirán que o alumno desenvolva un itinerario profesionalizante ou académico/investigador. Mediante estas prácticas externas preténdese promover a análise crítica mediante a visualización desde o mundo "real" dos problemas prácticos e cotiáns que xorden dentro do campo das empresas e os laboratorios mariños.

    Os alumnos que opten polo perfil profesional poderán realizar as súas prácticas en empresas do sector mariño.

  • O alumno debe realizar un Proxecto Fin de Máster no que realice un traballo relacionado con algún dos aspectos tratados no Máster. Resulta un traballo de síntese dos coñecementos adquiridos e ademais favorece a planificación e estruturación dun proxecto, co cal o alumno debe organizar, baixo a supervisión do titor específico TFM, a estrutura e organización dos contidos e resultados obtidos. Se o perfil seleccionado é académico-investigador, o titor debe ser un Doutor designado pola Comisión Académica do Máster.

  • O máster conta cun amplo elenco de profesionais e profesores de recoñecido prestixio no ámbito de Bioloxía Mariña a nivel nacional e internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.