Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Biología y genética.
Centro(s)
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813245 (Conserxaría)
881813308 (Decanato)
facultade.bioloxia.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Jose Angel Fernandez Escribano
Contacto
jangel.fernandez@usc.es

Este é un Máster interuniversitario que se imparte en colaboración coas universidades da Coruña e Vigo. O seu obxectivo principal é a formación de profesionais especializados na caracterización, conservación e xestión da biodiversidade terrestre, que tras completar os seus estudos poderán incorporarse ao mercado laboral (tanto na administración pública con competencias na materia, como en consultorías ambientais ou a través do autoemprego).

  • Duración: 2 anos académicos
    Código RUCT: 4316672
    Número de ECTS: 90
    Número prazas: 10

    Decano/a ou director/a do centro:
    Jesús Ángel López Romalde
    jesus.romalde@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Jose Angel Fernandez Escribano
    jangel.fernandez@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 13/06/2018 (DOG do 29/06/2018)

    Data de publicación no BOE:
    4/01/2019

    Data da última acreditación:
    06/06/2018

    O Máster ten un carácter fundamentalmente práctico co que se pretende que o alumnado domine todas aquelas ferramentas que lles poden ser necesarias no futuro. Esta orientación é nova dentro do sistema universitario español pois, a día de hoxe, non existen outros títulos que a compartan. De forma paralela, a adquisición destes coñecementos pode ser tamén de máxima utilidade para todo o alumnado que teña interese en realizar posteriormente estudos de Doutoramento.

  • Condicións de terminación:

    Obrigatorias: 36
    Optativas: 33
    Prácticas externas 12
    Traballo fin de máster: 9
    Total: 90

    Non se contemplan

  • Este Master vai dirixido a Licenciados/graduados/enxeñeiros en Bioloxía, Ciencias Ambientais, Enxeñería Forestal e do Medio Natural, Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria, Farmacia, Química, Veterinaria e Ciencias do Mar.

    A Comisión Académica Interuniversitaria será a encargada de valorar a admisión de alumnado doutras titulacións de ciencias (no caso de existir prazas dispoñibles), indicando de ser necesario, a necesidade de cursar complementos formativos (que serían materias dos Graos en Bioloxía da UDC, USC ou UVigo).

  • Un obxectivo específico deste mestrado é a inserción laboral nas administraciós públicas ou nas empresas consultoras ambientais que traballan para elas. Ao mesmo tempo, contempla un itinerario para formar futuros investigadores.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):

    Portal Internacional

    A Facultade de Bioloxía da USC conta cun membro do equipo de dirección do centro para asumir as funcións de responsábel académico de mobilidade (RAM), que, de acordo coa normativa vixente, convocará e presidirá as comisións de selección de estudantes naqueles procesos que así se determinen. Ademais velará por que se cumpra a aplicación das normas e criterios establecidos nos distintos programas de mobiliade e recibirá os estudantes procedentes doutras universidades para dirixilos aos respectivos coordinadores, verificando que estes cumpren coa obriga de tutelar os estudantes universitarios.

    Prácticas

    As Prácticas en Empresa constan de 12 créditos de carácter obrigatorio e están orientadas a completar a formación do alumnado así como a facilitar o seu acceso ao mundo profesional.

    Estas prácticas xestiónanse de modo que se garante a calidade, o recoñecemento académico e o seu correcto aproveitamento. Así,cada alumna/o conta cun titor externo pertencente á entidade en que realizan as prácticas, e cun titor académico que se coordina co externo para planificaren as prácticas e que avalía o alumno en función da memoria que presente xunto co informe emitido polo titor externo. Na actualidade, as facultades implicadas, teñen xa convenios en activo con diversas entidades do sector.

  • O Traballo Fin de Máster (TFM), consta de 9 créditos obrigatorios e será regulado de acordo coa normativa vixente da USC.

    Xa que logo, realizarase baixo a tutela dun/ha profesor/a do mestrado. A Comisión Académica do máster poderá designar un co-titor, ou excepcionalmente dous co-titores se así o ve oportuno.

    O TFM só poderá ser defendido e avaliado unha vez que o estudante superou todos os créditos necesarios para obter o título de máster, agás os correspondentes ao propio traballo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2024.