Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grao en Biotecnoloxía (2ª edición)

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Bioquímica y biotecnología.
Centro(s)
Facultade de Bioloxía
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881813245 (Conserxaría)
881813308 (Decanato)
facultade.bioloxia.decanato@usc.gal
Campus
Santiago de Compostela

A Biotecnoloxía pódese definir como a aplicación da ciencia e a tecnoloxía ao estudo dos organismos vivos, así como a partes, produtos e modelos derivados para manipular materiais vivos ou inertes co fin de xerar coñecemento, bens e servizos.
A ensinanza de Biotecnoloxía está orientada á formación de profesionais capaces de responderen ás necesidades da sociedade e do mercado laboral nos ámbitos académico, científico e industrial. Os estudos de Biotecnoloxía están implantados en todos os países da Unión Europea, e forman parte así mesmo da oferta formativa de universidades de máximo prestixio.

  • Duración: 4 anos académicos
    Código RUCT: 1500207
    Número de ECTS: 240
    Número prazas: 50

    Decano/a ou director/a do centro:
    Jesús Ángel López Romalde
    jesus.romalde@usc.es

    Coordinador-a do título:
    Javier Sampedro Jiménez
    javier.sampedro@usc.es

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Nivel MECES: 2

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    Orde do 15/07/2024 (DOG do 24/07/2024)

    Data de publicación no BOE:
    17/12/2024

    Data da última acreditación:
    09/07/2024

  • O plan de estudos do Grao en Bioquímica ten un total de 240 créditos ECTS (1 crédito ECTS = 25 horas), divididos en 4 cursos (8 semestres) de 60 créditos cada un.
    • Formación básica: 60
    • Obrigatorias: 129
    • Optativas: 31,5
    • Prácticas Externas OB : 4,5
    • Traballo fin de Grao: 15
    o Total: 240

    - Módulo de Formación Básica: 1º e 2º curso.
    - Módulo de Formación Obrigatoria: maioritariamente en 2º e 3º curso do grao.
    - Módulo de Prácticas Externas Obrigatorias: 4º curso.
    - Módulo de Traballo fin de Grao (TFG): 4º curso.
    - Módulo de Formación Optativa: 4º curso.

  • Ofértanse un total de 280.5 créditos que se organizaron en cinco módulos:
    • Módulo de Formación Básica: Este módulo concrétase en 10 materias de 6 ECTS cada unha (60 créditos totais).
    • Módulo de Formación Obrigatoria: 129 créditos correspondentes a materias obrigatorias, que se distribúen maioritariamente en segundo e terceiro curso do grao.
    • Módulo de Prácticas Externas Obrigatorias: 4,5 créditos.
    • Módulo de Traballo fin de Grao (TFG): O TFG presenta 15 créditos.
    • Módulo de Formación Optativa: O alumno cursará 31,5 ECTS optativos.

  • O obxectivo formativo deste título é que o Graduado ou Graduada en Biotecnoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa carreira nesta disciplina nun ámbito académico, científico ou empresarial.
    Na área da sanidade humana e animal darase prioridade aos estudos encamiñados a resolver os problemas relacionados con aquelas enfermidades humanas ou animais que teñan unha maior relevancia socioeconómica na nosa contorna. Entre as prioridades formativas están que os/as estudantes aprendan o desenvolvemento de metodoloxías para o diagnóstico de enfermidades, as bases da medicina rexenerativa, o desenvolvemento de vacinas e novos tratamentos, así como conceptos de nanobiotecnología.
    Na área de enxeñaría de procesos biotecnolóxicos darase importancia a aqueles procesos para os que existan oportunidades empresariais en España, particularmente nos sectores farmacéutico, químico e agroalimentario. Os/as estudantes formaranse na utilización de biorreactores, a purificación de produtos de orixe biolóxica, a inmobilización de células ou proteínas, a bioinformática, a enxeñería de proteínas, así como o desenvolvemento de novos sistemas de produción e novos produtos biotecnolóxicos.
    Respecto ao sector agroalimentario os contidos do grao abordarán o estudo e potenciación de especies agronómicas e forestais de interese para Galicia e o resto de España, así como de produtos agroalimentarios de relevancia para as empresas do sector. Entre outros aspectos o alumnado formarase no estudo de xenes de interese agrícola, modificación xenética de plantas, enxeñaría xenética de microorganismos de interese en procesos de transformación agroalimentaria ou desenvolvemento de microorganismos de interese na produción de alimentos.
    No sector da acuicultura preténdese formar aos/as estudantes na aplicación da biotecnoloxía nos diversos aspectos desta industria como un medio para mellorar a produtividade e rendibilidade do sector. A biotecnoloxía xoga un papel relevante na reprodución das especies, o diagnóstico e control de enfermidades, ou o incremento da calidade. A formación abordará áreas de investigación en desenvolvemento como a indución da maduración de reprodutores, o control do sexo ou a modificación xenética de especies acuáticas.
    Respecto á área de medio natural preténdese afondar nos problemas ambientais específicos de Galicia, facendo especial énfase no aproveitamento de residuos de orixe química e de orixe biolóxica. Neste sentido os/as estudantes formaranse no desenvolvemento de metodoloxías para a detección de contaminantes, a análise de comunidades microbianas implicadas na eliminación de substancias tóxicas, a realización de estudos para mellorar a bioseguridade ou o deseño procesos para o aproveitamento de residuos.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
    https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional
    A mobilidade dos/as estudantes realízase a partir do segundo ano de estudos na titulación, en períodos cuadrimestrais ou anuais. A selección de candidatos/as, nas convocatorias de intercambio académico en que a asignación de destinos sexa realizada polo Centro, realizarase de acordo coa normativa.
    A Facultade de Bioloxía convoca reunións informativas para o alumnado de segundo e terceiro curso, sobre os distintos programas de mobilidade, nas que participan o/a RAM, o/a xestor/a do centro e o/a coordinador/a de mobilidade do programa SICUE. Ademais, os/as coordinadores/as académicos/as dos programas e o/a xestor/a do centro axudan ao alumnado na xestión da documentación para o establecemento dos convenios.

    Prácticas

    O plan de estudos para o Grao en Biotecnoloxía contempla a realización de prácticas externas por un total de 4,5 ECTS. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva as competencias adquiridas en materias do Grao a través da súa inmersión nunha contorna laboral representativa do seu contexto profesional futuro.
    Aínda que as prácticas externas están programadas para o 2º semestre do cuarto curso do Grao o alumnado poderá realizalas ao longo do curso académico. Organizaranse e administrarán co fin de garantir a calidade, o recoñecemento académico e o aproveitamento máis axeitado das mesmas por parte do alumnado. Para iso o alumnado terá un/a titor/a externo/a, pertencente á institución na que levan a cabo as prácticas que se coordinará cun titor/a académico/a que realizará a avaliación en función da memoria que o alumnado debe realizar e do informe emitido polo/a titor/a externo/a.
    Poderán realizarse en organismos ou entidades colaboradoras, tales como empresas, entidades públicas e privadas, relacionadas co ámbito da biotecnoloxía nun sentido amplo (investigación e desenvolvemento, farmacéutica, sanidade, industria, xestión ambiental, agroalimentaria, agropecuaria, etc). Tamén poderán realizarse en instalacións da USC. Na actualidade, a Facultade de Bioloxía ten acordos activos con numerosas entidades que traballan no ámbito da biotecnoloxía.

  • Para a obtención do título de Graduado/a en Biotecnoloxía é obrigatorio a realización de un Traballo Fin de Grado (TFG) de 15 créditos ECTS, consistente en un Proxecto ou traballo orixinal do estudante no ámbito da Biotecnoloxía, a presentar individualmente ante un tribunal, no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas previas do Grao.
    O/a alumno/a poderá realizar o TFG ao longo do cuarto curso académico do Grao, sempre que non teña pendentes máis de 75 créditos para completar os estudos, excluídos os correspondentes ao Traballo Fin de Grao.
    Os TFG poderán ser bibliográficos, industriais ou de investigación básica ou aplicada. Incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación.

  • Profesorado
    Daniel Abella López
    Maria Fatima Adrio Fondevila
    Jesús Antonio Álvarez López
    Leyre Aramburu Gonzalez
    Ma Del Pilar Arias Crespo
    Andrea Arribas Jimeno
    Sabela Balboa Mendez
    Primitivo Barja Francisco
    Anton Barreiro Iglesias
    Jorge Barros Velázquez
    Maria Blanquer Garate
    Maria Del Pilar Calo Mata
    Alba Camino Mera
    Eva Maria Candal Suarez
    Marta Carballa Arcos
    Paola Carou Senra
    Aly Jesús Castillo Zamora
    Jose Manuel Castro Tubio
    Maria Magdalena Cid Fernandez
    Angel Cidre Diaz
    Mercedes Conde Amboage
    Oscar Javier Cordero Santamaria
    Jose Antonio Costoya Puente
    Ana Couso Viana
    Guillermo Covelo Artos
    María Crugeiras Ríos
    Noemi Stefania Csaba
    Pablo Alfonso Del Pino Gonzalez De La Higuera
    Sergio Díaz Alonso
    Mª Belén Díaz Hernández
    Cristina Diaz Jullien
    Patricia Diaz Rodriguez
    Maria Del Carmen Diaz Ruiz
    Maria Lourdes Dominguez Gerpe
    Gemma Maria Eibes Gonzalez
    Juan Luis Fernández Lorenzo
    Paola Fernandez Sanmartin
    Maria Angeles Fernandez Sotelo
    Yolanda Ferradas Rial
    Aroa Ferrer Pinos
    Adolfo Figueiras Guzman
    Soraya Fraga Pampín
    Daniel Jose Franco Ruiz
    Maria Amaya Franco Uria
    Samuel Funes Hernando
    Angel Garcia Alonso
    Rebeca Garcia Fandiño
    Marcos Garcia Fuentes
    Maria Jesus Garcia Guimarey
    Carmen Maria Garcia Jares
    Carlos Garcia Suarez
    Angel Garcia Vidal
    Alvaro Gil Gonzalez
    Antonio M. Gómez Tato
    Miguel González Blanco
    Laura Gonzalez Llera
    Emma Gonzalez Rosales
    Almudena Hospido Quintana
    Ana Jeremías López
    Jose Manuel Leiro Vidal
    José Manuel Liñeira Del Río
    Adolfo López Fabal
    Andrea Lopez Lopez
    Juan Jose Lopez Mayan
    Jesús Ángel López Romalde
    Adrián López Teijeiro
    Jose Manuel Martinez Costas
    Yolanda Martinez Suarez
    Oscar Martinez Troncoso
    Miguel Mauricio Iglesias
    Rosa Maria Montes Goyanes
    Maria Teresa Moreira Vilar
    Maria Concepcion Nistal Fernandez
    Manuel Noia Guldrís
    Ana Maria Otero Casal
    Iago Otero Coto
    Juan Andres Parga Martin
    Raquel Peña Romero
    Santiago Pereira Lorenzo
    Marina Leonor Perez Sanz
    Pablo Manuel Piñeiro Insua
    Celia Maria Pombo Ramos
    Iago Pozo Míguez
    Alberte Regueira Lopez
    Cristina Riobello Suarez
    Ana Maria Rios Rodriguez
    Óscar Rodríguez Figueiras
    Carlos Rodriguez Osorio
    Jannette Rodriguez Pallares
    Jesus Rodriguez Requena
    Maria Isabel Rodriguez-Moldes Rey
    Manuel Romero Bernardez
    Francisco Javier Salgado Castro
    Javier Sampedro Jiménez
    Alejandro Seco Gonzalez
    Iria Seoane Viaño
    Sergio Silva Bea
    Jorge Sineiro Torres
    Sandra Souto Pereira
    Araceli Tobio Ageitos
    Lara Touza Otero
    Sulay Amparo Tovar Carro
    José Francisco Vaamonde Longueira
    Mario Valladares Lopez
    Marco Eugenio Vazquez Sentis
    Anxo Vidal Figueroa
    Maria Vidal Garcia
    Maria Isabel Vidal Tato
    Nicolas Vidal Vazquez
    Marcos Viejo Somoano
    Pablo Vila Fajardo
    Jose Andres Villamarin Taboada
    Maria Villanueva Lopez
    Ana Maria Viñas Diaz
    Ashwin Woodhoo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2024.