- Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782Santiago de Compostela
- 881813245 (Conserxaría)
- 881813308 (Decanato)
- facultade.bioloxia.decanato@usc.gal
A bioloxía, como ciencia que estuda os seres vivos e os fenómenos vitais en todos os seus aspectos, constitúe unha das ramas principais e máis amplas do coñecemento científico. O coñecemento da vida que propicia o estudo da biología condicionou e condiciona o desenvolvemento da humanidade, tanto polo seu impacto sobre o pensamento (pensemos, por exemplo, nas teorías da evolución), como polas súas implicacións no benestar e a saúde da poboación, o medio ambiente, a economía e os recursos naturais; todos eles aspectos de grande importancia para o desenvolvemento da sociedade.
O ensino da bioloxía e a investigación nas súas múltiples facetas realízase desde hai varias décadas na universidade española e é a que ten máis éxito, dentro das titulacións de ciencias experimentais, tomando como criterio o número de alumnos que acceden a estes estudos.